Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais da central de xeneración de enerxía eléctrica de Allarluz, S.A., no concello de Allariz (Ourense), promovido por Allarluz, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais mencionado.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

-Concello de Allariz.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contandos a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2003.

José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental