Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 15.997

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 445/2003, do 18 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado Plan Galicia: acondicionamento da estrada AC-414 Carballo-Malpica de Bergantiños, treito: Buño-Malpica de Bergantiños. (Clave AC/03/010.01.2).

Con data do 15 de decembro do 2003 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto de trazado Plan Galicia: acondicionamento da estrada AC-414 Carballo-Malpica de Bergantiños, treito: Buño-Malpica de Bergantiños (clave AC/03/010.01.2).

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada na referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial, toda vez que os usuarios poderán utilizar para os seus desprazamentos unha vía con parámetros e características que melloran substancialmente as súas condicións de circulación e, ó mesmo tempo, con tal actuación conséguese avanzar no cumprimento dos obxectivos do Plan de dinamización económica, Plan Galicia aprobado polo Consello da Xunta o 23 de xaneiro de 2003.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia, e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día dezaoito de decembro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto de trazado Plan Galicia: acondicionamento da estrada AC-414 Carballo-Malpica de Bergantiños, treito: Buño-Malpica de Bergantiños (clave AC/03/010.01.2)

Santiago de Compostela, dezaoito de decembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda