Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 29 de decembro de 2003 Páx. 16.188

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se actualizan os anexos VI e VII da Orde do 30 de xuño de 1992, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación, así como os anexos I e II da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A aprobación da nova Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, introduce importantes modificacións na normativa en materia de taxas e prezos da nosa Comunidade. Entre elas establécense novos criterios definitorios de taxas e prezos, e a súa consecuencia é que certos ingresos que ata entón constituían prezos públicos adquiren o carácter de taxa. Este é o caso dos ingresos devengados polas seguintes prestacións de servicios e entregas de bens: realización de copias de planos de demarcación de dereitos mineiros, contrastación de metais preciosos, tarifas portuarias, anuncios do Diario Oficial de Galicia, venda ou subscrición do Diario Oficial de Galicia e venda de papel numerado da Comunidade Autónoma de Galicia para uso das corporacións locais.

Por outra banda, a nova lei establece unha serie de tarifas novas, modifica a redacción dalgunha das existentes e suprime outras.

Consecuentemente, e para a eficacia da xestión das taxas e prezos, resulta necesario actualiza-la relación de tarifas contidas no anexo VI da Orde do 30 de xuño de 1992, adaptándoas á nova lexislación e, en concreto, dando de alta as tarifas de nova creación e suprimindo aquelas que desaparecen.

O parágrafo 2 da disposición adicional da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación, engadido pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 24 de marzo de 1998, pola que se modifican as ordes da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992 e do 29 de xuño de 1994, autoriza a Dirección Xeral de Tributos a actualiza-los anexos V, VI e VII da propia Orde do 30 de xuño de 1992.

Así mesmo, a disposición adicional terceira da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de

xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, engadida pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 24 de marzo de 1998 precitada autoriza a Dirección Xeral de Tributos a actualiza-los anexos I e II desta, mediante resolución.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo 2 da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992, e da disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994 referidas,

RESOLVO:

Pimeiro.-Substituí-lo anexo VI da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, polo que se relaciona a seguir:

Taxa por servicios administrativos.

30.01.00 Dilixenciado de libros.

30.02.00 Inscrición en rexistros oficiais.

30.03.00 Inscrición nas convocatorias para a selección de persoal da Comunidade Autónoma.

30.04.00 Expedición de certificados.

30.05.00 Compulsa de documentos.

30.06.00 Verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

30.07.00 Autorizacións máquinas recreativas e de azar.

30.07.01 Autorización de explotación ou primeiro boletín de instalación.

30.07.02 Baixas, definitivas ou temporais, altas por rehabilitación de baixa temporal, cambios ou recambios, cambios de titularidade e calquera outra circunstancia que altere o contido da autorización.

30.07.03 Cambios no boletín de instalación e baixa deste.

30.07.04 Petición de duplicado de documentos.

30.07.06 Habilitación ou cambio do titular do local de instalación.

30.07.07 Dilixenciado da comunicación de instalación da máquina.

30.07.08 Homologación ou modificación dos modelos de máquinas recreativas e de xogo.

30.07.09 Homologación ou modificación de dispositivos de interconexión de máquinas de xogo.

30.08.00 Empresas operadoras, fabricantes, importadoras, distribuidoras, de servicios técnicos e sociedades mercantís, explotadoras de salóns.

30.08.01 Autorizacións.

30.08.02 Modificacións.

30.09.00 Salóns recreativos ou de xogo.

30.09.01 Autorización de instalación.

30.09.02 Autorización de apertura.

30.09.03 Modificacións da autorización de apertura.

30.09.04 Outras autorizacións.

30.10.00 Bingos.

30.10.02 Autorización de instalación ou traslado.

30.10.03 Autorización de apertura, por nova instalación ou traslado, atendendo á súa categoría segundo a súa capacidade.

30.10.04 Modificación de autorizacións de instalación e apertura.

30.10.05 Outras autorizacións.

30.10.06 Empresas de servicios de explotación de bingos.

30.10.07 Acreditacións profesionais.

30.11.00 Casinos.

30.11.01 Autorización de instalación ou traslado.

30.11.02 Autorización de apertura por nova instalación ou traslado.

30.11.03 Renovación de autorizacións de instalación e apertura.

30.11.04 Modificacións substanciais de autorizacións de instalación e apertura ou que afecten ó proxecto técnico.

30.11.05 Outras autorizacións e modificacións non substanciais.

30.11.06 Acreditacións profesionais.

30.13.00 Rifas, tómbolas e combinacións aleatorias.

30.13.01 Autorización de explotación.

30.13.02 Modificación da autorización de explotación.

30.14.00 Expedición de licencias de pesca continental e matrículas de embarcacións.

30.14.01 Clase A: válida para españois, outros cidadáns da Unión Europea e estranxeiros residentes, maiores de 18 anos ou menores de 65.

30.14.02 Clase A-1: iguais características que a clase A, pero cun período de validez de 15 días.

30.14.03 Clase B: válida para estranxeiros non residentes e cidadáns de países non pertencentes á Unión Europea.

30.14.04 Clase B-1: iguais características que a clase B pero cun período de validez de 15 días.

30.14.05 Clase C: válida para españois, outros cidadáns da Unión Europea e estranxeiros residentes, menores de 18 anos ou maiores de 65.

30.14.06 Clase C-1: iguais características que a clase C, pero cun período de validez de 15 días.

30.14.07 Clase D: licencia profesional para a pesca de anguía, angula, lamprea e especies de esteiro.

30.14.08 Clase E: licencia especial para embarcacións e artefactos boiantes que se empreguen no exercicio da pesca.

30.14.09 Recarga para licencias que inclúan a pesca do reo e do salmón.

30.14.10 Recarga para a pesca desde embarcación.

30.15.00 Expedición de licencias de caza.

30.15.01 Clase A: con armas de fogo.

30.15.02 Clase B: con cans, cetrería e arco.

30.15.03 Clase C: para a posesión ou utilización de medios ou procedementos especiais.

30.16.00 Matrículas de terreos de carácter cinexético suxeitos a réxime especial.

30.16.03 Matrículas de terreos cinexeticamente ordenados (Tecor).

30.16.04 Matrículas de terreos de carácter cinexético dedicados a explotacións cinexéticas comerciais ou mixtas.

30.17.00 Actuación en materia de pesca, marisqueo e acuicultura.

30.17.01 Expedición ou duplicado de permisos de explotación.

30.17.02 Licencias de pesca marítima de recreo (concesión, renovación, duplicado).

30.17.03 Autorización de establecemento e cambio de base de buques pesqueiros.

30.18.00 Expedición da tarxeta de investigador nos arquivos xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia.

30.19.00 Inscrición para a realización de probas extraordinarias de aptitude para a obtención dos certificados profesionais de pesca e mergullo.

30.20.00 Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOXSE e dos seus duplicados.

30.21.00 Inscrición para a realización de probas de aptitude para a obtención dos seguintes títulos ou certificados.

30.21.01 Exame teórico para a obtención do título para o goberno de embarcacións de recreo.

30.21.03 Por expedición de tarxetas acreditativas das titulacións ou certificados anteriores.

30.21.04 Renovación de tarxetas acreditativas das titulacións de patrón de embarcación de recreo.

30.21.05 Validación de cada tarxeta de autorización federativa expedida pola federación correspondente.

30.21.06 Exame práctico para a obtención da titulación de embarcacións de recreo.

30.21.07 Autorización para a realización dunha convocatoria extraordinaria nunha escola recoñecida ou entidade autorizada.

30.22.00 Expedición de certificados sobre empresas ou establecementos de xogo.

30.23.00 Devolución ou substitución de avais por actividades de xogo.

30.24.00 Autorizacións de espectáculos taurinos.

30.25.00 Inscrición no Rexistro de Augas.

30.26.00 Emisión de tarxetas correspondentes ós certificados profesionais de pesca e mergullo.

30.26.01 Por expedición das tarxetas acreditativas das titulacións.

30.26.02 Por renovación e emisión de duplicado das tarxetas acreditativas das titulacións.

30.27.00 Fotocopias compulsadas de expedientes en poder da Administración.

30.28.00 Dilixenciado do libro rexistro de prácticas das escolas de navegación de recreo.

30.29.00 Actuacións en materia de rexistros ou libros xenealóxicos de animais.

30.29.01 Recoñecemento oficial de asociacións ou organizacións.

30.29.02 Control técnico dos libros xenealóxicos de razas de ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e supervisión do correcto funcionamento das asociacións ou organizacións que xestionen eses libros xenealóxicos, de se-lo caso.

30.29.03 Recoñecemento e autorización de persoal técnico para a valoración e cualificación de animais para a súa inscrición en rexistros xenealóxicos ou revisión dos xa inscritos.

30.30.00 Expedición de diploma de mediador de seguros titulado.

30.31.00 Habilitación para a inscrición no rexistro de mediadores familiares.

30.31.01 Habilitación para a inscrición no rexistro.

30.31.02 Modificación da inscrición.

30.33.00 Rexistro da propiedade intelectual.

30.34.00 Actuacións en materia de protección e defensa dos animais domésticos e salvaxes en catividade.

30.34.01 Declaración de entidade colaboradora para a protección e defensa dos animais domésticos e salvaxes en catividade.

30.34.02 Autorización de establecementos de animais domésticos e salvaxes en catividade.

30.34.03 Autorización para a realización de certames, concursos, exposicións ou concentracións de animais.

30.35.00 Certificado de capacitación para o adestramento para garda e defensa.

30.35.01 Expedición do certificado trala superación das probas correspondentes.

30.35.02 Expedición directa ou homologación.

30.36.00 Homologación oficial de centros adestradores.

30.37.00 Autorización para o establecemento, traslado ou modificación de explotacións cinexéticas comerciais.

30.38.00 Actuacións en materia de caza.

30.38.01 Expedición da guía de tenza de peza cinexética viva en catividade ou do seu duplicado.

30.38.02 Autorización para a tenza de furóns con fins cinexéticos.

30.38.03 Autorización para a tenza de aves de cetrería.

30.38.04 Autorización para a caza de perdiz con reclamo.

30.38.05 Autorización para a solta de especies cinexéticas no medio natural.

30.38.06 Recoñecemento e avaliación do trofeo de caza.

30.39.00 Actuacións en materia de asociacións.

30.39.01 Inscrición do acordo de constitución.

30.39.02 Inscrición de adaptación á Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, con modificación de estatutos.

30.39.03 Inscrición de acordo de disolución.

30.39.04 Inscrición de modificación de estatutos.

30.39.05 Inscrición de apertura, cambio e peche de delegacións ou establecementos.

30.39.06 Inscrición de federación, confederación e unión de asociacións.

30.39.07 Inscrición de incorporación e separación de asociacións a unha federación, confederación e unión de asociacións.

30.39.08 Obtención de informacións ou certificacións.

30.39.09 Listaxes.

30.39.10 Anotacións de calquera clase nos expedientes ou subministración de datos non incluídos nos epígrafes anteriores.

Taxa por servicios profesionais.

Modalidades administrativo-facultativas:

31.01.00 Outorgamentos, rehabilitación, prórroga, visado ou modificación de autorizacións en materia de transportes mecánicos, de viaxeiros e mercadorías por estrada.

31.01.01 Autorización ou rehabilitación.

31.01.02 Prórroga, visado ou modificación.

31.01.05 Autorización para servicios regulares de uso especial de transporte de escolares e traballadores (reiteración de itinerarios con vehículos discrecionais).

31.01.06 Capacitación profesional para o exercicio de actividades de transporte, auxiliares e complementarias deste, así como para o exercicio de conselleiros de seguridade en transporte de mercadorías perigosas.

31.01.07 Actuacións relativas ás concesións de servicios públicos regulares.

31.01.08 Outorgamento ou rehabilitación de autorización da Axencia Central de Transporte, transitario ou almacenista distribuidor.

31.01.09 Outorgamento ou rehabilitación de autorización de sucursal da anterior.

31.01.10 Prórroga, visado ou modificación das autorizacións dos dous subepígrafes anteriores.

31.01.11 Dilixenciado do caderno de contratos relativos á prestación de servicios en autotaxi iniciados en concello distinto daquel onde teña a súa residencia.

31.01.12 Aprobación de revisión de tarifas na explotación de estación de autobuses.

31.03.00 Actuacións en materia de ordenación en industrias agrarias.

31.03.01 Instalación de novas industrias ou ampliación das existentes.

31.03.02 Traslado de industrias.

31.03.03 Substitución de maquinaria.

31.03.04 Cambio de propietario da industria.

31.04.00 Actuacións en materia de fomento, defensa e mellora da producción agrícola.

31.04.03 Inscrición no Rexistro de maquinaria agrícola.

31.04.04 Recoñecementos.

31.04.05 Certificacións fitosanitarias.

31.04.06 Inscrición no rexistro oficial de establecementos e servicios de praguicidas.

31.04.07 Homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos praguicidas.

31.04.08 Explotación de datos estatísticos oficiais procedentes dos rexistros dos epígrafes anteriores.

31.05.00 Xestión técnico-facultativa de servicios forestais.

31.05.01 Levantamento de planos.

31.05.02 Particións.

31.05.03 Deslindes.

31.05.04 Marcaxe.

31.05.05 Cubicación e inventario de existencias.

31.05.06 Valoración.

31.05.07 Ocupacións e autorización de cultivos agrícolas en terreos forestais.

31.05.08 Catalogación de montes e formación do mapa forestal.

31.05.11 Recoñecementos.

31.05.12 Certificacións fitosanitarias.

31.05.13 Sinalamento e inspección de toda clase de aproveitamentos en montes catalogados e non catalogados.

31.07.00 Prestación de servicios facultativo-veterinarios.

31.07.01 Comprobación sanitaria, loita contra enfermidades das ganderías afectadas e nas campañas de saneamento cando a prestación deba realizarse por incumprimento da normativa que a regula ou para movemento pecuario fóra do período de revisión obrigatoria, ou por perda da identificación do gando.

31.07.02 Prestación de servicios facultativos relacionados coas análises, dictames, peritaxes, etc., cando así o esixa a normativa vixente.

31.07.03 Autorizacións e revisións relativas ás actividades recollidas nos artigos 4, 39, 56, 76, 87 e 92 do R.D. 109/1995, do 27 de xaneiro, sobre os medicamentos veterinarios.

31.07.04 Expedición de certificados zoosanitarios e zootécnicos, incluídos os relacionados con movementos de animais vivos e productos de orixe animal.

31.07.05 Autorización, vixilancia e revisión de operacións de desinfección.

31.07.06 Autorizacións de delegacións e depósitos de productos xenéticos, centros de recollida de esperma e inseminación artificial e autorizacións de paradas de sementais, e revisión anual das autorizacións e dos animais aloxados nos devanditos centros.

31.07.08 Revisión, toma de mostras e informes técnicos a petición de parte de industrias e explotacións gandeiras non previstos nos programas oficiais.

31.07.09 Autorización e rexistro de comerciantes de gando e centros de concentración.

31.07.11 Legalización de explotacións, delegacións, depósitos, paradas de sementais, núcleos zoolóxicos, centros con animais de experimentación e centros de equitación.

31.07.12 Por servicios facultativos veterinarios corresponde á apertura e o control de centros de depósito e aproveitamento de comisos e cadáveres de animais ou industrias de aproveitamento de materiais de alto ou baixo risco, destinados a alimentación animal.

31.07.13 Solicitude de autorización de traslado de animais a destino.

31.07.14 Solicitude de concesión de cualificación sanitaria de explotacións.

31.07.15 Supervisión e control de documentos de traslado de animais e autorizacións sanitarias oficiais para traslado de animais, realizadas por veterinarios autorizados.

31.07.16 Autorización de veterinario para a expedición de autorizacións de traslado de animais.

31.07.20 Subministración de marcas e documentos de identificación do gando.

31.07.21 Xestión e subministración de marcas para recrotalización, previas comprobacións oportunas, en caso de perda, identificación incompleta ou deterioro de marcas identificativas de bovino (as dúas no caso dos identificados polo Regulamento 820/1997 e dunha polo Real decreto 205/1996), incluída a identificación de animais procedentes de terceiros países ou a reidentificación para cumpri-la normativa comunitaria de movemento de gando.

31.07.22 Expedición de duplicados de documentos de identificación de gando bovino por perdas, procedencia doutros países comunitarios e outras causas.

31.07.23 Actuacións no marco do Plan Nacional de Investigación de Residuos nos animais vivos e nos seus productos (PNIR) efectuadas polos servicios veterinarios da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

31.07.24 Autorizacións e revisións de fábricas de penso para a elaboración e comercialización de pensos medicamentosos consonte ó R.D. 157/1995, do 3 de febreiro, e dos centros de dispensación destes.

31.07.25 Autorizacións e/ou rexistros de establecementos intermediarios do sector de alimentación animal na Comunidade Autónoma de Galicia consonte o Decreto 92/1999, do 25 de marzo, que desenvolve o R.D. 1191/1998, do 12 de xuño.

31.08.00 Inspeccións e controis sanitarios oficiais de carnes frescas e carnes de coello e caza.

31.08.01 Polas actuacións conxuntas de inspección e control sanitario ante mortem, post mortem, control documental das operacións realizadas e marcado sanitario de canais, vísceras e resto, aplicaranse os seguintes tipos de gravame por cada animal sacrificado nos establecementos ou instalacións debidamente autorizados correspondentes tanto ás actuacións sanitarias como ás administrativas que lles son inherentes.

31.08.02 A cota relativa ás inspeccións e controis sanitarios nas salas de despezamento, incluída a etiquetaxe e o marcado de pezas obtidas dos canais.

31.08.03 A cota correspondente ó control e inspección das operacións de almacenamento.

31.09.00 Certificado sanitario para a circulación de productos alimenticios destinados ó consumo humano.

31.09.01 Caza maior.

31.09.02 Caza menor.

31.09.03 Carne, peixe, leite ou outros, así como os seus derivados.

31.09.04 Ovos.

31.10.00 Expedición de autorizacións sanitarias para obras de nova construcción ou reforma, locais,

instalacións, industrias, actividades e espectáculos públicos.

31.10.01 Expedición de autorización sanitaria de funcionamento.

31.10.02 Validación sanitaria de funcionamento.

31.11.00 Servicios farmacéuticos e actividades realizadas en materia de medicamentos.

31.11.01 Por recoñecemento da adquisición da condición de.

31.11.02 Autorización, catalogación e rexistro de actividades de oficiais e servicios de farmacia que elaboren fórmulas maxistrais e preparados oficiais para oficinas e servicios de farmacia.

31.12.00 Outras actuacións sanitarias.

31.12.01 Recoñecemento ou exame de saúde e entrega de certificado, sen incluí-las taxas autorizadas por análises, exploracións especiais e impresos.

31.12.02 Emisión de informes que esixan estudios e exames de proxectos e/ou expedientes tramitados por instancia de parte.

31.12.03 Recoñecemento e entrega de certificado de ausencia de tuberculose.

31.12.06 Expedición do certificado de formación en hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos.

31.12.07 Autorización previa de publicidade sanitaria.

31.12.08 Autorización de entidades de formación para impartir programas de formación en hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos.

31.13.00 Cadáveres, criaturas abortivas, membros procedentes de amputacións e restos cadavéricos.

31.13.02 Exhumación dun cadáver, criatura abortiva ou membros procedentes de amputacións.

31.13.03 Exhumación de restos cadavéricos.

31.14.00 Autorización de centros, servicios e establecementos sanitarios.

31.14.01 Autorización previa de instalación ou modificación.

31.14.02 Autorización de funcionamento.

31.14.03 Solicitude para participar no concurso público de autorización de novas oficinas de farmacia.

31.14.04 Solicitudes polas que se inste resolución que autorice a apertura dunha nova oficina de farmacia nun municipio ou núcleo (art. 5 do Decreto 288/1996, do 12 de xullo).

31.14.05 Difusión das mensaxes publicitarias de especialidades farmacéuticas.

31.14.06 Autorización de centros de recoñecemento de aptitude para a obtención e renovación de permisos de armas e conducir.

31.14.07 Autorización de funcionamento segundo a normativa vixente en materia de autorización de centros, servicios e establecementos sanitarios.

31.14.08 Renovación, autorización de funcionamento.

31.16.00 Acreditación de centros para a práctica legal da interrupción voluntaria do embarazo.

31.17.00 Autorización e/ou acreditación de centros sanitarios extractores e trasplantadores de órganos, ou de obtención e implantación de tecidos.

31.17.01 Comprobación do cumprimento dos requisitos esixidos para a autorización e acreditación correspondente.

31.17.02 Renovación da autorización.

31.18.00 Actividades de control de centros e servicios e establecementos sanitarios.

31.18.01 Actuacións inspectoras individualizadas a petición de parte, nos servicios e actividades realizadas en materia de medicamentos, agás nos supostos de denuncia ou por petición dunha asociación de usuarios ou consumidores representativa.

31.18.02 Procedemento de expedición dunha certificación, en servicios e actividades realizadas en materia de medicamentos.

31.18.03 Outras actividades de control de centros e servicios e establecementos sanitarios.

31.19.00 Actuacións en materia de turismo.

31.19.01 Apertura e clasificación. Cambios de grupo, categoría, titularidade, especialidade, modalidade, ampliacións, modificacións, reformas e calquera outro suxeito a autorización turística de establecementos hoteleiros, extrahoteleiros e turismo rural.

31.19.03 Apertura e clasificación; cambios de categoría, titularidade, ampliacións, modificacións, reformas e calquera outro suxeito a autorización turística dos campamentos de turismo.

31.19.04 Autorización, concesión dos títulos-licencia, cambios de grupo, titularidade, domicilio e calquera outro suxeito a autorización turística das axencias de viaxes e das sucursais.

31.19.05 Apertura e clasificación, cambios de categoría, titularidade, ampliacións, modificacións, reformas e calquera outro suxeito a autorización turística de restaurantes, cafeterías, cafés, bares e discotecas, salas de festas e empresas de catering e de colectividades.

31.19.06 Expedición da habilitación de guía de turismo especializado de Galicia.

31.19.07 Inscrición para participar nos exames para a habilitación de guía de turismo especializado de Galicia.

31.19.08 Renovación das habilitacións de guía de turismo especializado de Galicia.

31.19.09 Autorización e cambios de titularidade, modificacións e calquera outro suxeito a autorización turística, das empresas relacionadas coa organización de actividades de turismo activo.

31.20.00 Por autorizacións en solo rústico e solo de núcleo rural establecidas, pola Lei 9/2002, do

30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

31.21.00 Por autorización en materia de costas.

31.22.00 Actuacións en materia de vivenda.

31.22.01 Informe de cumprimento de control.

31.22.02 Visado de programa de control.

31.22.03 Acreditación de laboratorios.

31.22.04 Visitas de inspección.

31.22.05 Control de calidade de vivendas de promoción pública.

31.22.06 Estudio xeotécnico. Visado.

31.23.00 Expedición de certificados.

31.23.01 Certificado de orixe do material forestal de reproducción.

31.23.02 Certificado por extracción de sementes, división ou unión de lotes.

31.24.00 Emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.

31.24.01 Concesión definitiva, prórrogas ou renovacións.

31.24.02 Transferencia da concesión.

31.24.03 Modificacións de accionariado e de capital.

31.25.00 Matanzas domiciliarias.

31.25.01 Análises parasitolóxicas por mostra tomada sen necesidade de presencia do veterinario no domicilio.

31.25.02 Por visita, incluíndo a análise parasitolóxica.

31.27.00 Autorización de apertura e posta en funcionamento de centros de servicios sociais. (Fase de visita de inspección unha vez terminadas as obras e emisión de informe previo ó permiso de inicio de actividade ).

31.28.00 Seguimento e control da realización de ensaios e experiencias da eficacia con productos fitosanitarios.

31.29.00 Concesión en materia de augas.

31.29.01 Concesión para abastecementos de poboacións ou urbanización.

31.29.02 Concesión para regadíos e usos agrarios.

31.29.03 Concesión para usos industriais para producción de enerxía eléctrica.

31.29.04 Concesión para uso das augas dedicadas a finalidades exclusivamente mineiras.

31.29.05 Concesión para usos industriais non incluídos nos puntos anteriores.

31.29.06 Concesión para usos recreativos.

31.29.07 Concesión para extracción de áridos.

31.29.08 Concesión para establecementos de acuicultura.

31.29.09 Concesións para navegación e transporte acuático.

31.29.10 Outras concesións.

31.29.11 Autorización previa para tramitar ou grava-la concesión de transmisión total ou parcial de concesión.

31.29.12 Autorización de transferencia de concesión, modificación das características de concesión, rehabilitación en revisión desta.

31.29.13 Concesión de modernización, rehabilitación ou adaptación de aproveitamento hidroeléctrico sen cambios nas características concesionais.

31.29.14 Concesión de modificación das características da concesión do aproveitamento hidroeléctrico (sen ampliacións das características técnicas).

31.29.15 Concesión para ampliación das características das concesións do aproveitamento hidroeléctrico.

31.29.16 Outras autorizacións relativas á concesión.

31.30.00 Autorizacións en materia de augas.

31.30.01 De obras de defensa, encauzamento e desvío de cauces, construcción de ramplas e embarcacións.

31.30.02 Obras de cubrición de cauces, construcción de pontes, pasarelas, cruces subterráneos de cauces.

31.30.03 Limpeza de cauces.

31.30.04 Construcción en zonas de policía.

31.30.05 Derivación de augas de carácter temporal.

31.30.06 De cruces de liñas eléctricas e diversos servicios.

31.30.07 De permiso de investigación de augas subterráneas.

31.30.08 De extracción de áridos.

31.30.09 De corta, sementeira e plantacións.

31.30.10 De navegación e flotación.

31.30.11 De vertido.

31.30.12 Ocupación temporal ou invasión do cauce do río.

31.30.13 Construcción dun pozo.

31.30.14 Establecemento de barcos de paso e embarcacións.

31.30.15 Flotación fluvial para transporte de madeira.

31.30.16 Para utilización de pastos en zona de D.P.H.

31.30.17 Para establecementos de baños ou zonas recreativas e deportivas.

31.30.18 Para acampada colectiva en zona de policía de cauces.

31.30.19 Autorización para limpezas de canais, azudes e zona de auga embalsada dos aproveitamentos hidroeléctricos.

31.30.20 Outras autorizacións.

31.31.00 Actuacións en materia de control e vixilancia do dominio público hidráulico.

31.32.00 Xestión técnico-facultativa do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

31.32.01 Deslindes e apeos.

31.32.02 Informes técnicos de planificación hidrolóxica.

31.32.03 Datos técnicos da rede foronómica das concas de Galicia -Costa por mes hidrolóxico e por estación de aforos.

31.34.00 Constitución e imposición de servidumes.

31.34.01 Acueducto.

31.34.02 Saca de auga e abrevadoiro.

31.34.03 Estribo de presa e de parada.

31.34.04 Paso.

31.34.05 Outras.

31.35.00 Informes técnicos e outras actuacións facultativas realizadas polo persoal técnico ó Servicio do Organismo Autónomo Augas de Galicia, cando deban facerse como consecuencia das disposicións en vigor ou dos termos propios das concesións e autorizacións outorgadas.

31.35.01 Fase de estudio e informe sen saída ó campo.

31.35.02 Fase de informe con saída ó campo.

31.36.00 Controis sanitarios respecto de determinadas substancias e os seus residuos en animais vivos e os seus productos.

31.36.01 Polos controis sanitarios de determinadas substancias e a investigación de residuos nos animais vivos destinados ó sacrificio, relacionados na tarifa 08, e nas súas carnes, practicadas segundo os métodos de análises previstos nas regulamentacións técnico-sanitarias sobre a materia, dictadas polo propio Estado, ou catalogadas de obrigado cumprimento en virtude de normas emanadas da Unión Europea.

31.36.02 Polo control de determinadas substancias e residuos en productos da acuicultura.

31.36.03 Pola investigación de substancias e residuos no leite e productos lácteos.

31.36.04 Polo control de determinadas substancias e residuos en ovoproductos.

31.36.05 Polo control de determinadas substancias e residuos no mel.

31.37.00 Autorización de servicios de prevención externos.

31.38.00 Autorización a persoas e entidades para realizar auditorías de prevención.

31.39.00 Autorización a entidades formativas para impartir cursos de prevención de riscos laborais a nivel intermedio e superior.

31.41.00 Centros colaboradores homologados para impartir cursos de formación ocupacional.

31.41.01 Recoñecemento de centro colaborador.

31.41.02 Homologación de novas especialidades formativas.

31.42.00 Outorgamento de licencia de homologación ás entidades para a realización de medidas e ensaios acústicos.

31.42.01 Licencia.

31.42.02 Modificación.

31.42.03 Renovación.

31.44.00 Prestación de servicios nos laboratorios do Centro de Control do Medio Mariño dependente da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

31.44.01 Análises de biotoxinas en moluscos e outros organismos procedentes da pesca, ou marisqueo e acuicultura.

31.44.02 Análises de mostras en auga de mar.

31.44.03 Análises microbiolóxicas en moluscos e outros organismos procedentes da pesca, marisqueo e acuicultura.

31.44.04 Análises de contaminantes de orixe química en moluscos e outros organismos procedentes da pesca, marisqueo e acuicultura.

31.44.05 Análises histopatolóxicas de moluscos e outros organismos procedentes da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

31.45.00 Homologación de Organismos de Control da Administración (OCAs).

31.45.01 Licencia.

31.45.02 Modificación.

31.45.03 Renovación.

Modalidades actuacións profesionais.

32.01.00 Informes técnicos e outras actuacións facultativas realizadas por persoal técnico ó servicio da Xunta de Galicia e os seus organismos autónomos cando deban facerse como consecuencia de disposicións en vigor ou dos termos propios das concesións e autorizacións outorgadas.

32.03.00 Dirección e inspección de obras realizadas mediante contrato, incluídas as adquisicións ou subministracións especificadas nos proxectos e as correspondentes revisións de prezos a cargo da Administración para a xestión e execución de devanditas actividades, xa sexa mediante poxa, concurso, contratación directa ou calquera outra forma de adxudicación.

32.04.00 Taxa por redacción de proxectos, confrontación e taxación de obras e proxectos.

32.05.00 Exame de proxectos, comprobación de certificacións e a inspección de obras, tanto de nova planta como de rehabilitación de toda clase de vivendas.

32.06.00 Visado de contrato de adquisición e arrendamento de vivendas.

32.07.00 Xestión técnico-facultativa de industrias e minas.

32.07.01 Capacitación profesional para o exercicio de actividades en materias de industria: realización de probas para a obtención do certificado e expedición de certificados de capacitación profesional ou empresarial.

32.07.02 Renovación dos anteriores certificados.

32.07.03 Actuacións en materia de expropiación forzosa cando o beneficiario non coincida co expropiante.

32.07.06 Autorización de organismos notificados, laboratorios de ensaio, entidades auditoras e de inspección e laboratorios de calibración industrial.

32.07.07 Autorización a entidades habilitadas para impartir cursos sobre regulamentos de seguridade industrial.

32.07.09 Autorización de utilización de productos (tuberías, depósitos, contadores e outros).

32.07.10 Autorización e rexistro de empresas de venda e asistencia técnica de equipos e instalacións de raios X con fins de diagnóstico médico.

32.07.11 Autorización e inscrición ou modificación da inscrición no rexistro de instalacións de raios X con fins de diagnóstico médico.

32.07.12 Autorización e inscrición ou renovación da autorización no Rexistro de instaladores, mantedores, reparadores de instalacións de protección contra incendios.

32.07.13 Autorización e inscrición ou autorizacións de modificacións nas instalacións radioactivas de segunda e terceira categoría.

32.07.14 Renovación de autorizacións de entidades habilitadas para impartir cursos sobre regulamentos de seguridade industrial.

32.07.15 Autorización ou notificación de organismos de control e verificadores ambientais.

32.07.16 Renovación da autorización de utilización de productos.

32.07.17 Autorización a empresas (reparación de tanques, probas de estanquidade, tensión de paso e outras).

32.07.18 Renovación da autorización a empresas do número 17.

32.07.19 Ampliación de autorización en novos campos de acreditación.

32.07.20 Asignación de contrasinal de homologación para vehículos destinados ó transporte de mercadorías perecedoiras (ATP).

32.07.21 Expedición de certificado de ATP para vehículos importados destinados ó transporte de mercadorías perecedoiras.

32.08.00 Conformado de certificacións de organismos de control autorizados (OCAs) ou de entidades recoñecidas.

32.09.00 Inscrición no Rexistro industrial e/ou autorización de funcionamento así como as preceptivas actualizacións.

32.10.00 Cambio de titular en Rexistro industrial e mineiro.

32.11.00 Recoñecementos periódicos de maquinaria e instalación.

32.12.00 Modificación e/ou ampliación de maquinaria e equipos.

32.13.00 Traslado de instalacións.

32.15.00 Autorización aparatos elevadores e guindastres.

32.17.00 Instalacións de recipientes á presión de climatización, frigoríficos, de gas, e de protección contra incendios.

32.18.00 Autorización de instalacións de distribución eléctrica.

32.19.00 Autorización de instalacións eléctricas receptoras e de instalacións interiores de auga.

32.20.00 Autorización instalacións eléctricas en locais de pública concorrencia.

32.22.00 Inscrición, autorización e posta en marcha de instalacións mineiras e de instalacións elevadoras de auga.

32.23.00 Comprobación do plan anual de labores mineiros.

32.24.00 Comprobación de aparatos de medidas eléctricas.

32.25.00 Comprobación de aparatos de medida de auga.

32.26.00 Comprobación de aparatos de gas.

32.27.00 Actuacións en materia de vehículos.

32.29.00 Tramitación de expedientes en materia de dereitos mineiros, con exclusión dos gastos relativos á información pública.

Rectificacións, marcaxe, divisións e agrupacións de demarcacións existentes.

32.31.00 Deslindes de dereitos mineiros.

32.33.00 Control de ambiente atmosférico e residuos.

32.33.01 Actividades de control de ambiente atmosférico.

32.34.00 Pesas e medidas.

32.34.01 Medidas lineais.

32.34.02 Medidas de capacidade.

32.34.03 Medidas ponderables.

32.34.04 Instrumentos de pesar ata 1.000 Kg.

32.34.06 Formación lastre preciso para comprobación.

32.34.07 Medidores automáticos.

32.35.00 Inspección anual das empresas afectadas polo regulamento de accidentes graves.

32.36.00 Actuacións en materia de acuicultura.

32.36.01 Outorgamento, prórroga ou cambio de dominio inter vivos ou mortis causa.

32.36.02 Ampliación, modificación ou cambio de sistema das instalacións de acuicultura e auxiliares.

32.36.03 Modificacións que afecten a cultivo (cambio de especies ou das técnicas de cultivo).

32.36.04 Inspección, informes e outras actuacións por petición do interesado realizadas por persoal ó servicio da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

32.36.05 Traslado de establecementos de cultivos mariños e auxiliares.

32.36.06 Autorización de extracción de semente de mexillón.

32.37.00 Actuacións en materia de réxime especial de producción eléctrica.

32.37.01 Aprobación de plans eólicos estratéxicos.

32.37.02 Cambio de titularidade de plans eólicos estratéxicos.

32.37.03 Recoñecemento de réxime especial de producción eléctrica.

32.37.04 Cambios de titularidade. Recoñecemento do réxime especial de producción eléctrica.

32.37.05 Comprobación do cumprimento das condicións de acceso ó réxime especial.

32.38.00 Actuacións con respecto ó Rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de gasolinas ou gasóleos de automoción.

32.38.01 Inscrición.

32.38.02 Cambio de titularidade.

32.39.00 Talleres, tacógrafos e limitadores de velocidade.

32.39.01 Autorización e inscrición.

32.39.02 Cambio de titularidade, renovación da autorización e inscrición.

32.40.00 Precinto de surtidores ou outros instrumentos sometidos á normativa en materia de metroloxía.

32.40.01 Autorización e inscrición.

32.40.02 Renovación da autorización e inscrición.

32.41.00 Informes de supervisión de proxectos en materia de aproveitamentos de augas.

32.41.01 Fase de estudio e informe do proxecto antes do outorgamento da concesión.

32.41.02 Fases posteriores ó outorgamento da concesión (fases de construcción ou explotación das infraestructuras) con saída ó campo.

32.42.00 Tramitación de expedientes de concesión de augas.

32.42.01 Visita de recoñecemento e control do aproveitamento in situ como consecuencia das disposicións en vigor ou dos termos propios da concesión ou autorización.

32.42.02 Visita de recoñecemento para confronta-lo proxecto in situ.

32.42.03 Visita de recoñecemento para confronta-lo proxecto, no caso de modificación deste in situ.

32.42.04 Visita de recoñecemento final do aproveitamento.

32.42.05 Acta de adecuación do aproveitamento de augas ós condicionantes ambientais e/ou hidrolóxicos da concesión in situ.

32.42.06 Emisión da acta previa á posta en funcionamento.

32.43.00 Legalización de aproveitamento de augas.

32.43.01 Concesión para abastecemento de poboacións ou urbanización.

32.43.02 Concesión para regadíos e usos agrarios.

32.43.03 Concesión para uso das augas dedicadas a finalidades exclusivamente mineiras.

32.43.04 Concesións para usos recreativos.

32.43.05 Concesións para extracción de áridos.

32.43.06 Concesións para establecementos de acuicultura.

32.43.07 Concesións para navegación e transporte acuático.

32.43.08 Outras concesións.

32.44.00 Recoñecemento de instalación de carácter parcial en caso de modificación dos aproveitamentos hidroeléctricos.

32.44.01 Medicións de azude.

32.44.02 Medicións de toma.

32.44.03 Medicións de canal ou caudal.

32.44.04 Medicións cámara de carga.

32.44.05 Medicións tubería forzada.

32.44.06 Medicións central hidroeléctrica.

32.44.07 Medicións restitucións.

32.44.08 Comprobación de aparatos ou comportas.

32.45.00 Levantamento topográfico. Informe.

32.46.00 Actuacións con respecto ó Rexistro de distribuidores polo miúdo mediante subministracións directas a instalacións fixas de carburantes e combustibles petrolíferos.

32.46.01 Inscrición.

32.46.02 Cambio de titular.

32.47.00 Autorizacións para realizar comprobacións de tensións de paso e de contacto de instalacións de posta á terra.

32.48.00 Cambio de titularidade. Autorizacións de instalacións de producción, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

32.49.00 Recoñecemento e autorización das escolas de navegación de recreo.

32.50.00 Recoñecemento e autorización das escolas de mergullo.

32.51.00 Autorización de licencia comercial para grandes superficies.

32.52.00 Actuacións en materia de residuos.

32.52.01 Autorización ou prórroga da autorización de productor de residuos perigosos.

32.52.03 Autorización ou prórroga da autorización de xestor de residuos para actividades de valorización e eliminación de residuos.

32.52.04 Inscrición no Rexistro xeral de productores e xestores de residuos de Galicia.

32.52.05 Inscrición de vehículos no Rexistro de productores e xestores de residuos de Galicia.

32.52.06 Ampliación de inscricións no Rexistro de productores e xestores de residuos de Galicia.

32.52.07 Autorización ou prórroga da autorización de instalación de actividades de xestión de residuos urbanos.

32.52.08 Autorización ou prórroga da autorización de xestión de residuos para actividades de transporte de residuos urbanos.

32.52.09 Autorización ou prórroga de autorización de xestión de residuos para actividades de transporte de residuos perigosos asumindo a titularidade.

32.52.10 Autorización de productor de residuos de construcción e demolición, cando o productor non estea previamente inscrito no Rexistro xeral de productores e xestores de residuos de Galicia.

32.52.11 Autorización ou prórroga da autorización de productor de residuos de construcción e demolición, cando o productor estea previamente inscrito no Rexistro xeral de productores e xestores de residuos de Galicia.

32.53.00 Anuncios no Diario Oficial de Galicia.

32.53.01 Procedemento ordinario.

32.53.02 Procedemento urxente.

32.54.00 Realización de copias de planos de demarcación de dereitos mineiros.

32.55.00 Contrastación de metais preciosos.

32.55.01 Operacións de ensaio e, de se-lo caso, contraste.

32.55.02 Análise consultiva.

Taxa por venda de bens.

33.01.00 Venda de libros oficiais de levanza obrigatoria que non teñan tarifa específica.

33.02.00 Venda de talonarios de inspeccións industriais.

33.03.00 Venda de libro de mantemento de instalacións frigoríficas, aparatos de presión G.L.P., guindastres, calefacción, climatización, rexistro de procesos industriais.

33.04.00 Venda de libros de control sanitario de piscinas de uso colectivo.

33.05.00 Venda do libro Diario de mergullo.

33.06.00 Venda do libro rexistro de contaminantes, instalacións de combustión e rexistro de productores RTP's.

33.07.00 Venda ou subscrición do Diario Oficial de Galicia.

33.07.01 Exemplar en papel.

33.07.02 Subscrición anual en papel en galego ou castelán.

33.07.03 Subscrición anual pola Internet en galego ou castelán.

33.07.04 Subscrición pola Internet en galego ou castelán dos anos anteriores.

33.07.05 Acceso pola Internet a DOG anteriores ó primeiro de xaneiro de 2003.

33.07.06 CD-ROM dos anos anteriores ó que corre.

33.08.00 Venda de papel numerado para uso das corporacións locais.

Segundo.-Actualiza-lo anexo VII da orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, que queda como segue:

Banco Atlántico.

Banesto.

Banco Etcheverría.

Banco Gallego.

BSCH.

Banco Pastor.

Banco Popular.

Banco Sabadell.

Banco de Galicia.

BBVA.

Banco Herrero.

Caixa Catalunya.

Caixa Nova.

Caixa Galicia.

Caja España.

La Caixa.

Caixa Rural Lugo.

Caja Madrid.

Caixa Xeral de Depósitos.

Terceiro.-Actualiza-lo anexo I da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994 do seguinte xeito:.

A) Suprimi-los códigos relacionados a seguir:

35.03.00 Explotación datos estatísticos. IGE.

35.04.01 Subscrición e venda Diario Oficial de Galicia.

35.04.02 Anuncios Diario Oficial de Galicia.

35.11.00 Laboratorio oficial de contrastación de metais preciosos.

35.13.00 Venda papel numerado da Comunidade Autónoma de Galicia para uso das corporacións locais.

35.21.00 Realización de copias de planos de demarcación de dereitos mineiros.

B) Engadi-lo seguinte código, inseríndoo no lugar que lle corresponda segundo a orde preestablecida:

36.37.00 Explotación datos estatísticos. IGE.

Cuarto.-Actualiza-lo anexo II da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, suprimindo o código seguinte:

35.01.00 Tarifas portuarias.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos