O Concello de Lugo eleva, para a súa aprobación definitiva, o expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal, de conformidade co previsto no artigo 85.7 da LOUG, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
I. Antecedentes.
I.1. Mediante Orde do 13-11-2009 esta consellería acordou, de conformidade co artigo 85.7 b) da LOUG, non outorgar a aprobación definitiva ao PXOM de Lugo, instando á emenda dunha serie de deficiencias observadas no documento.
I.2. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiu en data do 23-9-2010 informe favorable, cunha serie de consideracións para recoller no plan xeral.
I.3. O Concello Pleno de Lugo aprobou o 30-12-2010 as modificacións introducidas no PXOM polo equipo redactor; e engadiu outras modificacións ao documento. Este acordo foi adoptado tras a emisión de informes dos servizos técnico e xurídico municipais en data do 9-12-2010 que, pola súa vez, tamén engaden correccións e modificacións ao documento do PXOM.
I.4. Con data do 3-2-2011 ten entrada nesta consellería o novo documento de Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lugo, en solicitude da súa aprobación definitiva.
II. Análise, consideracións e fundamentación.
Analizado o documento e o seu propio contido posto en comparación coas consideracións sinaladas na anterior orde da CMATI de 13-11-2009; e vista a proposta literal que nesta mesma data foi elevada á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, púidose comprobar que, en xeral, grande parte das deficiencias que se recolleran na anterior orde foron emendadas ou xustificadas no documento aprobado polo concello o 30-12-2010.
Porén, en todo caso cómpre formular as seguintes consideracións:
II.1. Condicionantes dos informes sectoriais.
a) O informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do 1-9-2008 exixe redelimitar os núcleos rurais de Regueiro e Cal de Peón, excluíndo a zona inundable.
b) O informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 23-9-2010 insta corrixir as fichas 23 e 24 do catálogo, por discrepancias no nivel de protección; e suprimir o trazado de aliñacións nos antigos rueiros.
c) A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, na súa Resolución do 16 de abril de 2009 insta incluír na ficha de desenvolvemento dos sectores ALTA S1-R e COESES-CUIÑA S1-I, a vinculación á execución das infraestruturas de saneamento e depuración.
II.2. Solo urbano.
Dos 48 novos ámbitos de solo urbano con planeamento incorporado (URPI) que agora se introducen, e en relación coa disposición transitoria primeira 1.c), da LOUG, cómpre sinalar que non consta a aprobación do instrumento de equidistribución, nin a efectiva execución das obras de urbanización, do URPI 11 en urbano consolidado.
II.3. Solo urbanizable.
Cómpre aclarar ou, se é o caso, emendar as contradicións observadas respecto de:
•Ámbito do UZPI-4.R dos planos de clasificación que nas fichas é o S-13.R.
•Ausencia de ficha do UZPI-8.R.
•Falla de concreción nas delimitacións dos sectores de solo urbanizable nos planos de clasificación a 1/5000.
Reiterando o sinalado na anterior Orde do 13 de novembro de 2009, o PXOM deberá incorporar xustificación adecuada da procedencia de clasificar como urbanizables ámbitos con características que semellan determinantes da súa clasificación como solo rústico:
a) Os solos urbanizables residenciais de parroquias Bosende S-1.R, Bocamaos S-1.R (A), Bocamaos S-1.R (B), Fixós S-1.R e Fixós S-2.R; os residenciais non delimitados SUZND-1.R, SUZND-3.R (A), SUZND-3.R (B), SUZND-3.R (C), SUZND-4.R (A) e SUZND-4.R (B); os industriais de Lugo S-1.I (A) e parte dos sectores S-2.I e S-6.I; así como parte do sector industrial de parroquias Muxa S-1.AE, semellan deber ser clasificados como solo rústico de protección agropecuaria conforme co establecido no artigo 32.2 a).
b) Parte do solo urbanizable residencial de Lugo S-10.R; parte do sector industrial de Lugo S-6.I; os residenciais de parroquias Fixós S-1.R e Fixós S-2.R; os residenciais non delimitados SUZND-3.R (A), SUZND-3.R (B), SUZND-3.R (C), SUZND-4.R (A) e SUZND-4.R (B); sustentan masas arboradas que semellan merecentes de ser clasificadas como rústico de protección forestal (artigo 32.2 b) como as zonas limítrofes semellantes.
c) De acordo co artigo 32.2.c) da LOUG, clasificaranse como solo rústico de protección de infraestruturas os terreos afectados por liñas eléctricas de alta tensión (sectores Pedreda S-1.R, Alto S-1.R e San Lázaro S-1.R); así como a parte do sectores S-2.R e S-3.R afectados pola liña límite de edificación da Rolda Norte.
d) O plan non achega xustificación suficiente sobre a redución do solo rústico de protección das augas na zona de policía (artigo 32.2.d) LOUG) de: solos urbanizables residenciais de parroquias Pedreda S-1.R, Bocamaos S-1.R (A) e San Lázaro S-1.R; solo urbanizable residencial especial Alto S-1R; e parte dos sectores industriais de parroquias Muxa S-1.AE e San Lázaro S-1.AE.
Non consta xustificación da previsión de novos asentamentos residenciais desvencellados dos asentamentos urbanos existentes: S-10.R; Bocamaos S-1.R (A) e (B); Bosende S-1.R; Pedreda S-1.R; Fixós S-1.RD e S-2.RD; San Lázaro S-1.R; SUZND-1.R, SUZND-3.R (A), (B) e (C); SUZND-4.R (A) e (B). De conformidade co artigo 13 da LOUG, o crecemento dos núcleos rurais, de ser necesario, farase mediante áreas de expansión que, de feito, o plan prevé.
II.4. Solo de núcleo rural.
Seguen sen corrixirse algunhas áreas de expansión sinaladas na anterior orde e outras que foron ampliadas, por incumprir o disposto no artigo 13 da LOUG por incluír terreos que conforme o artigo 32.2 deben ser clasificados como solo rústico de especial protección:
–Artigo 32.2.c) da LOUG (infraestruturas) áreas de expansión de núcleos situados entre as liñas límite de edificación de estradas de carácter supramunicipal: Cima de Vila-Toiriz- As Tabernas-Santuiño (42.3.), A Mera-Cal de Peón (36.2.) e Ceide (37.1.); da rede ferroviaria: a Ponte do Vao (20.3.); ou afectadas por liñas de alta tensión: Adai-Vilamaior-As Cancelas-Porto Meilán (1.1.), Mazoi (28.3.) e Distriz-A Devesa (29.3.).
–Artigo 32.2.d) da LOUG (terreos situados na zona de policía dos cursos fluviais) nas áreas de expansión do Chao (19.3.), Ponte do Castro (19.5.), Mazoi (28.3.), Chousa-Hospital (30.1.), A Ponte-Amedín-Lagoas-Regueiro (35.1.), Trasnarla-Riazón-Cristimil (35.3.), Pedrouzón-Seivane-Curutelo (55.3.), Vilardón (10.4.), A Mera-Cal de Peón (36.2.), A Airexe-Golmar-Lameiro-Vila (44.1.), Louzaneta (50.1.) e Fonte do Mouro (53.5.).
–Artigo 32.2.h) da LOUG por localizarse xacementos arqueolóxicos, as áreas de expansión dos núcleos rurais de: Camoira-A Barreira (15.2.), Castro Alfonsín-Saa (49.1.) e Castro-Conturiz-San Amaro (19.2.).
De conformidade co estudo do medio rural, cómpre xustificar as dimensións de áreas de expansión que parecen non axustarse ao artigo 13.3: núcleos de Orbazai-Xuxaos-A Torre-O Tendeiro (36.4.) e Regueiro-Amedín-A Ponte-Lagoas-Trasnarla-Riazón-Cristimil (35.1-35.3).
Cómpre axustar as delimitacións dos núcleos que exceden as distancias máximas establecidas no artigo 13 da LOUG:
–Superan os 50 metros correspondentes á zona tradicional, os núcleos de: Locai (3.1.), Matelo-Alta (3.3.), Barbaín-O Carqueixo (12.2.), Castro-Farxocos-Luxilde-Bóveda (12.4.), Castelo de Abaixo-Castelo de Arriba-San Eufrasio-Pravia (18.2.), Carballido Norte-Carballido Sur-A Travesa (23.2.), A Rubiana (29.1.), Distriz-A Devesa (29.3.), Tolda de Meilán (29.5.), Barxelas-Mouto (32.1.), Bosende de Arriba (32.3.), A Portela-Muxa de Abaixo (33.1.), A Ponte-Amedín-Lagoas-Regueiro (35.1.), Trasnarla-Riazón-Cristimil (35.3.), Orbazai-Xuxaos-A Torre-O Tendeiro (36.4.), Lavandeira (39.2.), Corral de Abaixo-Corral de Arriba-Fafián-San Vicente-Os Campos (40.1.), Piñeiro (41.2.), A Airexe-Golmar-Lameiro-Vila (44.1.), Recimil-Vilar (45.1.), Outeiro-Saboleiro-Tellado (47.3.), Ruade (54.5.), Segade (54.6.), Bagueixos-Grisín-Cardelle (55.2.), Ramil (55.4.), A Lagoa-Caldo Correlo-Vigo-Fontela Sur-Albazoi-Toande-Fontela Norte (58.2.); As Cavadas (4.7.), Fontesnovas (9.6.), O Burgo/Infesta-Garaloces-O Canedo-Penas (13.2.), Silva (16.8.), Portiño-Galegos de Arriba (18.4.), Ceza (21.1.), Cabo de Vila-Cuíña-Vilamiñao (22.1.), Vilariño (26.7.), A Casilla-O Caínzo (Ansuelas)-Teicelle-Lamas-Curral de Abaixo-A Portela (27.1.), Carballosa (34.1.), Casas Vellas-Rego do Espiño-Casas (42.2.), Cima de Vila-Toiriz-Tabernas-Santuíño (42.3.), Piúgos de Pena- A Pena da Mula (42.5.), Castro Alfonsín-Saa (49.1.), Louzaneta (50.1.), Santa Comba-Santa Engracia-Vilamarce (52.3.), Campo da Barra-Soñariño (53.3.) e Vilamoure de Arriba-O Carballal (53.7.).
–Superan os 200 metros máximos da área de expansión, os núcleos de: Marcoi (3.2.), Barxelas-Mouto (32.1.), A Ponte-Amedín-Lagoas-Regueiro (35.1.), Trasnarla-Riazón-Cristimil (35.3.), Casas Vellas-Rego de Espiño-Casas Novas (42.2.), Vilalvite (21.6.), A Airexe-Labio (26.1.), Orbazai-Xuxaos-A Torre-O Tendeiro (36.4.) e Astaríz-O Santo Matías (57.1.).
En calquera caso, e sen prexuízo das aliñacións sinaladas nos planos dos núcleos, deberase deixar constancia expresa na normativa do PXOM da obriga de preservar os muros tradicionais dos rueiros e corredoiras, segundo o establecido no artigo 28.1.d) da LOUG; circunstancia que deberá valorarase individualizadamente no trámite de licenza.
II.5. Solo rústico.
Cómpre reiterar o sinalado na anterior orde, sobre a clasificación como solo rústico de protección ordinaria dalgunhas das zonas que manteñen usos e características que as fan merecedores dunha especial protección, nomeadamente:
–Zona sur das ladeiras desde a N-VI cara o río Miño, na zona de Bocamaos, Castro, Tolda de Meilán, que semellan abarcar zonas inundables.
–Terreos que verten augas ao río Miño, á altura de Paredes e Bosende de Abaixo, deben ser incluídos na categoría de solo rústico de protección de augas, agás xustificación.
En atención ao artigo 32.2 d) deberanse reflectir nos planos o trazado de todos os cursos fluviais do termo municipal, representando a súa lámina de auga; e grafar de forma clara a clasificación de solo rústico de canles sobre o río Miño, Rato, Fervedoira e resto dos leitos.
O plan cumpre parcialmente o referente á ordenación do trazado do curso fluvial do río Rato e dos seus afluentes; mais nos seus tramos medio/baixo, aínda que se recollen a escala 1/5000, non se identifican sobre os planos de maior detalle. Tampouco se identifica o tramo medio/alto ao norte da rúa Fisterra.
No tramo do río Rato que se estende entre a nova Ponte de Paradai e a cabeceira da bacía do Rato (Polígono do Ceao) mantense a mesma ordenación anterior, apreciándose ademais propostas de nova vía (parte oeste do sector S-2.R e núcleo de Torre) e de edificación (zonas edificables no núcleo rural de Torre; equipamentos de sistemas xerais -SGSUZ-E-1 e SGSUZ-E-2- e dotacións locais da UZPI-4) sobre terreos ocupados polos ditos cursos fluviais, así como das súas respectivas zonas de policía. Ao abeiro do artigo 104.f) da LOUG, non se permitirá ningunha construción, instalación ou calquera outro uso que resulte susceptible de padecer riscos de inundación.
II.6. Outras observacións.
–Cómpre achegar un plano da totalidade do termo municipal que inclúa todos os sistemas xerais e dotacións locais, existentes e previstos, cos códigos coincidentes cos das fichas dos polígonos e sectores do tomo III e do plano 6.
–Concretarase a clasificación e cualificación do espazo libre delimitado a ambas as marxes do río Fervedoira, ao leste dunha zona rotulado co código SGSR-EL-N-14; así como os límites deste sistema xeral. Debe corrixirse a contradición observada entre os planos de ordenación 2.22 e 2.29 e o plano de sistemas xerais n.º 6 no que figura o SGSR-EL-14 moito máis extenso que o SGSR-EL-N-14 dos planos de clasificación.
–Nos planos de clasificación a 1/5000 gráfanse algúns núcleos tradicionais rodeados cunha liña poligonal pechada verde grosa cuxo significado non está recollido na lenda.
–Nas follas n.º 2.13, 2.15, 2.34, 2.39 gráfase o núcleo rural tradicional e a área de expansión de núcleo con tramas diferentes ao resto dos planos de clasificación.
–No plano 2.34 de clasificación do solo e estrutura xeral e orgánica do territorio a escala 1/5000, cómpre aclarar o significado da trama arredor dos núcleos tradicionais de Fonte do Mouro (53.5), O Carballal (53.7), Vilamoure de Abaixo (49.6), Campo da Barra-Soñariño (53.3) e Soñar (53.2), que semella solo rústico de protección de infraestruturas.
–Deberanse coordinar as tramas e a lenda do plano clasificación do solo e estrutura xeral e orgánica da serie 2, de forma que non existan contradicións entre elas.
–Representaranse en planos de ordenación a 1/1000 ou 1/2000 todos os ámbitos de solo urbano, incluíndo os que se delimiten en descontinuidade co núcleo urbano de Lugo; así como o plano n.º 7.10, aparentemente incompleto ou fóra de escala.
–Deberán eliminarse as contradicións existentes entre os criterios de formación de chafráns recollidos na normativa; e a ordenación grafada nos planos da serie 7 e 9.
De conformidade co artigo 89 da LOUG, e co artigo 1 do Decreto 519/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos plans xerais de ordenación municipal correspóndelle á conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
III. Resolución.
En consecuencia de todo o anteriormente exposto, e de conformidade co establecido no artigo 85.7 a) da LOUG,
RESOLVO:
1. Aprobar definitivamente, de forma parcial, o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Lugo, deixando en suspenso as áreas e determinacións obxecto de reparos no punto II anterior e, nomeadamente, os ámbitos sinalados no anexo a esta orde.
2. Cómpre achegar un documento refundido, axustado ao acordo de aprobación municipal plenaria de data do 30-12-2010, que introduza as modificacións exixidas de resultas dos informes sectoriais sinalados no punto II.1 anterior; dos informes dos servizos técnicos e xurídicos municipais de data do 9-12-2010; dos acordos de modificación adoptados no seo da sesión plenaria sinalada; e do propio contido do corpo desta orde.
3. No eido dos ámbitos suspendidos e determinacións que quedan fóra desta aprobación, o concello deberá introducir as correccións necesarias e, tras a súa aprobación plenaria, serán elevados novamente ante esta consellería para a súa aprobación definitiva.
4. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
5. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no Boletín Oficial da provincia a normativa e ordenanzas do plan aprobado definitivamente.
6. Notifíquese esta orde ao concello; e publíquese no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2011.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Ámbitos que se deixan á marxe da orde de aprobación do PXOM de Lugo
1. Solo urbano:
URPI 11.
2. Solo urbanizable:
a) Residenciais:
•Lugo: S-10.R.
•Parroquias: Bocamaos S-1.R (A) e S-1.R (B); Bosende S-1.R; Fixós S-1.RD e S-2.RD; Pedreda S-1.R; e San Lázaro S-1.R.
•DT 13.ª: Alto S-1.R.
•Non delimitados: SUZND-1.R; SUZND-3.R (A), (B) e (C); SUZND-4.R (A) e (B).
b) Industriais:
•Lugo: S-1.I (A), S-2.I e S-6.I.
•Parroquias: San Lázaro S-1.AE e Muxa S-1.AE.
3. Solo de núcleo rural:
1.1 Adai-Vilamaior-As Cancelas-Porto Meilán.
3.1 Locai.
3.2 Marcoi.
3.3 Matelo-Alta.
4.7 As Cavadas.
9.6 Fontes Novas.
10.4 Vilardón (lugar).
12.1 Abeledo-Coeo.
12.2 Barbaín-O Carqueixo.
12.4 Castro-Farxocos-Luxilde-Bóveda.
13.2 O Burgo/Infesta-Garaloces-O Canedo-Penas.
15.2 Camoira-A Barreira.
16.8 Silva.
18.2 Castelo de Abaixo-Castelo de Arriba-San Eufrasio-Pravia.
18.4 Portiño-Galegos de Arriba.
19.2 Castro-Conturiz-San Amaro.
19.3 O Chao.
19.5 Ponte do Castro.
20.3 Ponte do Bao.
21.1 Ceza.
21.6 Vilalvite.
22.1 Cabo de Vila-Cuíña-Vilamiñao.
23.2 Carballido Norte-Carballido Sur-A Travesa.
26.1 A Airexe-Labio.
26.7 Vilariño.
27.1 A Casilla-O Caínzo (Ansuelas)-Teicelle-Lamas-Curral de Abaixo-A Portela.
28.3 Mazoi.
29.1 A Rubiana.
29.3 Distriz-A Devesa.
29.5 Tolda de Meilán.
30.1 Chousa-Hospital.
31.4 O Cedeiro.
32.1 Barxelas-Mouto.
32.3 Bosende de Arriba.
32.4 Paredes.
33.1 A Portela-Muxa de Abaixo.
34.1 Carballosa.
35.1-35.3 A Ponte-Amedín-Lagoas-Regueiro-Trasnarla-Riazón-Cristimil.
36.2 A Mera-Cal de Peón.
36.4 Orbazai-Xuxaos-A Torre-O Tendeiro.
37.1 Ceide.
38.2 Albarello-Cornada-A Torre.
38.5 Chavián-Laxe (lugar).
39.2 Lavandeira.
40.1 Corral de Abaixo-Corral de Arriba-Fafián-San Vicente-Os Campos (lugar).
41.2 Piñeiro.
42.2 Casas Vellas-Rego do Espiño-Casas.
42.3 Cima de Vila-Toiriz-Tabernas-Santuiño.
42.5 Piugos de Pena-Pena da Mula.
44.1 A Airexe-Golmar-Lameiro-Vila.
45.1 Recimil-Vilar.
47.3 Outeiro-Saboleiro-Tellado.
49.1 Castro Alfonsín-Saa.
49.3 Faxilde-Barreiro.
49.5 Raña-Galegos.
50.1 Louzaneta.
52.3 Santa Comba-Santa Engracia-Vilamarce.
53.3 Campo da Barra-Soñariño.
53.5 Fonte do Mouro.
53.7 Vilamoure de Arriba-O Carballal.
54.5 Ruade.
54.6 Segade (lugar).
55.2 Bagueixos-Grisín-Cardelle.
55.3 Pedrouzón-Seivane-Curutelo.
55.4 Ramil.
57.1 Astariz-Santo Matías.
58.2 A Lagoa-Cal do Correlo-Vigo-Fontela Sur-Albazoi-Toande-Fontela Norte.

