Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2011 Páx. 10939

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (812/2010).

José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, mediante este anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Matilde García Fraga fronte a Tedd Jones Silva Leal, ditouse sentenza e auto aclaratorio desta, cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«Sentenza n.° 147.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2011.

Vistos por min, Roberto Soto Sola , maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, este xuízo de divorcio 812/2010 promovido polo procurador Sr. Martínez Lage, en nome e representación de Matilde García Fraga, asistida do letrado Sr. Quintans Vázquez, fronte a Ted Jones e Silva Leal, maior de idade, con NIE X 4420394 R, declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal, en representación de dous fillos menores de idade habidos no matrimonio.

Resolución

Que, estimando a demanda de divorcio interposta polo procurador Sr. Martínez Lage, en nome e representación de Matilde García Fraga, asistida do letrado Sr. Quintáns Vázquez, fronte a Ted Jones e Silva Leal, maior de idade, con NIE X 4420394R, declarado en rebeldía procesual con intervención do Ministerio Fiscal, en representación de dous fillos menores de idade habidos no matrimonio, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes o día 12 de agosto de 2005 en Caldas de Reis, inscrito no Rexistro Civil desta cidade no tomo 28, folio 194 , sección 2ª, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio, acórdanse as seguintes medidas accesorias a ese pronunciamento:

1.º Atribúese a garda e custodia dos dous fillos menores de idade á nai, e a patria potestade será compartida por ambos os proxenitores.

2.º Establécese un réxime de visitas dos fillos menores a favor do pai, dous domingos ao mes desde as 11 ás 20 horas.

Os menores serán recollidos polo pai no domicilio familiar e deberá reintegralos a este unha vez finalizado o período de visitas.

3.º En concepto de pensión alimenticia a favor dos fillos menores, o pai deberá aboar na conta que para o efecto designe a nai a cantidade de 200 euros mensuais por cada fillo.

A dita cantidade será satisfeita por mensualidades anticipadas dentro dos cinco primeiros días de cada mes, e será actualizada anualmente segundo o IPC, que publique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

4.º O esposo satisfará o 50% dos gastos extraordinarios dos seus fillos menores.

5.º Decrétase a disolución da sociedade legal de gananciais.

Firme que sexa esta resolución, remítanse os preceptivos oficios e exhortos para realizar as obrigadas anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas deste proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 457 ss. e 776 da Lei de axuizamento civil) logo da consignación do depósito de 50 euros previsto na D.A. 15ª da LOPX.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

«Auto.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2011.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, estes autos.

Parte dispositiva.

Debo estimar a petición de aclaración da sentenza recaída o 29 de marzo de 2011 e consignar nela que o matrimonio se celebrou e foi inscrito en Ames e non en Caldas de Reis, mantendo na súa integridade os restantes pronunciamentos e declaracións da dita resolución.

Remítanse los preceptivos oficios e/ou exhortos para as oportunas anotacións rexistrais.

Contra esta resolución, en canto aclaratoria, non cabe recurso ningún, ao abeiro do número 4 do artigo 215 da Lei de axuizamento civil.

Notifíqueselles esta resolución ás partes que compareceron en legal forma.

Así o acordo, mando e asino, Roberto Soto Sola, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, do que eu, o secretario xudicial, dou fe».

E encontrándose o dito demandado, Tedd Jones Silva Leal, en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, seis de abril de dous mil once.

O secretario xudicial
Rubricado