Visto o texto do convenio colectivo da Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. (código do convenio: 82000521011999), que se subscribiu, con data do 19 de novembro de 2010, entre a representación empresarial e o comité de empresa representado polas centrais sindicais UGT e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,
A Dirección Xeral de Relacións Laborais
ACORDA:
Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG n.º 222, do 18.11.2010).
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2011.
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais
ANEXO
Corporación alimentaria peñasanta, S.A.
Convenio colectivo anos 2008-2009-2010-2011
Artigo 1. Dereitos lingüísticos.
Os traballadores da Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. afectados por este convenio colectivo teñen dereito a desenvolveren a súa actividade laboral e profesional en lingua galega e a recibiren formación lingüística para mellorar o servizo ao público no seu posto de traballo, recoñecendo a empresa desta maneira a oficialidade da lingua galega e os dereitos lingüísticos dos traballadores recollidos no Estatuto de autonomía para Galicia, Lei de normalización lingüística, Lei do Estatuto galego dos consumidores e usuarios e demais disposicións legais concordantes.
A empresa fomentará o uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións cos consumidores e administracións públicas en Galicia.
Artigo 2. Ámbito de aplicación.
Este convenio afecta o centro de traballo de Vilagarcía de Arousa e os mesmos centros de traballo que afectaba o convenio colectivo interprovincial de CAPSA, de 1996. No momento en que para estes centros de traballo alleos ao centro de Vilagarcía de Arousa se negocie e publique un convenio colectivo de empresa, quedarán excluídos do ámbito de aplicación deste convenio, que afectará unicamente o centro de Vilagarcía de Arousa.
Artigo 3. Ámbito persoal.
Comprende todo o cadro de persoal fixo ou eventual, nas súas distintas categorías profesionais, agás:
a) Persoal que teña subscrito coa empresa un contrato de directivo.
b) Persoal de alta dirección incluído nos artigos 1.3 c) e 2.1 a) do Estatuto dos traballadores.
c) Persoal con responsabilidade de xestión e dirección.
d) Persoal alleo ao centro de traballo de Vilagarcía de Arousa, a partir de que se lle aplique un convenio de empresa distinto ao presente, tal e como se establece no artigo anterior (ámbito de aplicación).
Artigo 4. Duración e vixencia.
A vixencia deste convenio, calquera que for a data da súa sinatura, iníciase o 1 de xaneiro de 2008 e remata o 31 de decembro de 2011. Os conceptos económicos e as táboas aplicaranse con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2008, salvo que no seu articulado se dispoña outra cousa. Páctase de común acordo que cunha anticipación de dous meses ao seu remate, se considera automaticamente denunciado e prorrogado ata se asinar un novo convenio.
Artigo 5. Vinculación á totalidade.
Este convenio constitúe un todo orgánico e indivisible, polo que os acordos mencionados nel unicamente teñen validez considerados conxuntamente. Se algunha das partes for declarada sen efectos pola xurisdición competente, deberá reconsiderarse no seu conxunto globalmente.
Artigo 6. Clasificación profesional.
Co obxecto de adecuar a clasificación profesional do persoal da empresa a que afecta este convenio, establécese a clasificación por grupos profesionais segundo a táboa correspondente reflectida no anexo I. As categorías profesionais consignadas son puramente enunciativas e non obrigan a ter cubertas todas as categorías enumeradas se a necesidade non o require. Durante o ano 2006 procederase á definición de perfís dos postos de traballo.
Artigo 7. Estrutura salarial.
Está constituída polos seguintes conceptos: salario base, complemento persoal de antigüidade, asistencia, actividade, comisións, quebranto de moeda, nocturnidade e outros sobresoldos pactados no convenio.
Artigo 8. Pagamento de remuneracións.
O pagamento da remuneración total correspondente a cada traballador efectuarase o día final de cada mes. En caso de que este coincida en festivo, aboarase o día inmediatamente anterior. O traballador terá dereito a percibir anticipos á conta do traballo xa realizado sen que chegue o día sinalado para o pagamento.
Artigo 9. Complemento persoal antigüidade.
Os traballadores manterán consolidadas as cantidades que polo concepto de antigüidade viñan percibindo ao 31.12.1998. A este importe engadiráselle a parte proporcional da antigüidade cumprida a esa data, de acordo co criterio que se expón a seguir:
Último quinquenio cumprido en 1998 engadir 1/5 quinquenio.
Último quinquenio cumprido en 1997 engadir 2/5 quinquenio.
Último quinquenio cumprido en 1996 engadir 3/5 quinquenio.
Último quinquenio cumprido en 1995 engadir 4/5 quinquenio.
Último quinquenio cumprido en 1994 engadir 1 quinquenio.
Este complemento non será absorbible nin compensable e as novas incorporacións non xerarán importes por este concepto.
Artigo 10. Gratificacións extraordinarias.
1. Gratificacións fixas. Todos os traballadores a que lles é de aplicación este convenio percibirán tres gratificacións extraordinarias (marzo, xullo e decembro), que se aboarán o 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro, respectivamente, a razón de 30 días de salario base, complemento persoal de antigüidade e complemento de actividade ou parte proporcional correspondente ao tempo da alta na empresa. Non se procederá a efectuar ningún desconto delas polos períodos de I.T.
Os períodos de xeración das ditas pagas son os seguintes:
Marzo: 1 de xaneiro ao 31 de decembro do último ano.
Xullo: 1 de xullo do ano anterior ao 30 de xuño do ano actual.
Decembro: 1 de xaneiro ao 31 de decembro do ano actual.
2. Produtividade variable: establécese un complemento de produtividade variable tomando como base o importe de 0,85% da masa salarial de todos os traballadores do ámbito do convenio, da fábrica de Vilagarcía de Arousa. A consecución da totalidade do dito complemento estará condicionada aos kg/horas traballadas por persoa de queixo e iogur, igual ao do ano anterior, aumentando ou diminuíndo a porcentaxe do complemento na mesma medida en que varíe a porcentaxe de kg/hora por persoa de queixo e iogur con respecto ao ano anterior. Este complemento aboarase ao cadro de persoal nunha paga extraordinaria non consolidable de maneira lineal para todos os traballadores e proporcional ao tempo traballado por cada un no período de xeración do complemento na fábrica de Vilagarcía de Arousa, xuntamente coa nómina de febreiro de cada ano.
A cantidade mínima equivalente para o 0,85% da masa salarial e de 250 euros/traballador; se a cantidade resultante do 1% for superior a 250 euros, tomarase para o cálculo a cantidade superior.
3. Complemento variable de calidade: terá un importe base anual de 150 euros. O seu aboamento iniciarase a partir do ano 2010. A consecución do complemento está vinculada á consecución obxectiva da ratio de produto defectuoso, de queixo e iogur establecido pola empresa. A contía do complemento verase incrementada ou diminuída proporcionalmente á consecución real do obxectivo fixado de produto defectuoso, aumentando ou diminuíndo na mesma medida en que varíe a porcentaxe de consecución do obxectivo fixado de produto defectuoso de queixo e iogur. A cantidade mínima que se perciba será de 0,00 euros e a cantidade máxima será do dobre do importe base anual.
No ano 2010 establécese o obxectivo do 0,19% de defectuoso e para o ano 2011 establécese o obxectivo do 0,15% de defectuoso. Nos ditos anos aplicarase a escala seguinte:
|
Escala 2010 |
Escala 2011 |
||
|
Ratio defectuosa |
Importe complemento |
Ratio defectuosa |
Importe complemento |
|
0,38 |
0,00 |
0,30 |
0,00 |
|
0,37 |
7,89 |
0,29 |
10,00 |
|
0,36 |
15,79 |
0,28 |
20,00 |
|
0,35 |
23,68 |
0,27 |
30,00 |
|
0,34 |
31,58 |
0,26 |
40,00 |
|
0,33 |
39,47 |
0,25 |
50,00 |
|
0,32 |
47,37 |
0,24 |
60,00 |
|
0,31 |
55,26 |
0,23 |
70,00 |
|
0,30 |
63,16 |
0,22 |
80,00 |
|
0,29 |
71,05 |
0,21 |
90,00 |
|
0,28 |
78,95 |
0,20 |
100,00 |
|
0,27 |
86,84 |
0,19 |
110,00 |
|
0,26 |
94,74 |
0,18 |
120,00 |
|
0,25 |
102,63 |
0,17 |
130,00 |
|
0,24 |
110,53 |
0,16 |
140,00 |
|
0,23 |
118,42 |
0,15 |
150,00 |
|
0,22 |
126,32 |
0,14 |
160,00 |
|
0,21 |
134,21 |
0,13 |
170,00 |
|
0,20 |
142,11 |
0,12 |
180,00 |
|
0,19 |
150,00 |
0,11 |
190,00 |
|
0,18 |
157,89 |
0,10 |
200,00 |
|
0,17 |
165,79 |
0,09 |
210,00 |
|
0,16 |
173,68 |
0,08 |
220,00 |
|
0,15 |
181,58 |
0,07 |
230,00 |
|
0,14 |
189,47 |
0,06 |
240,00 |
|
0,13 |
197,37 |
0,05 |
250,00 |
|
0,12 |
205,26 |
0,04 |
260,00 |
|
0,11 |
213,16 |
0,03 |
270,00 |
|
0,10 |
221,05 |
0,02 |
280,00 |
|
0,09 |
228,95 |
0,01 |
290,00 |
|
0,08 |
236,84 |
0,00 |
300,00 |
|
0,07 |
244,74 |
||
|
0,06 |
252,63 |
||
|
0,05 |
260,53 |
||
|
0,04 |
268,42 |
||
|
0,03 |
276,32 |
||
|
0,02 |
284,21 |
||
|
0,01 |
292,11 |
||
|
0,00 |
300,00 |
||
Artigo 11. Incrementos pactados no convenio.
Neste convenio páctanse os seguintes incrementos para aplicar a todos os conceptos:
1. Ano 2008: Incremento do IPC real.
2. Ano 2009: Incremento do IPC real.
3. Ano 2010: Incremento do IPC real.
4. Ano 2011: Incremento do IPC real.
Artigo 12. Complemento de traballo por quendas.
O persoal que desenvolva o seu traballo en réxime de quendas percibirá no ano 2008 un complemento de 19,26 euros mensuais e para 2009 un complemento de 19,41 euros mensuais.
Artigo 13. Complemento de nocturnidade.
A gratificación de nocturnidade por xornada nocturna traballada establécese en 21,40 € ou parte proporcional correspondente para 2008 e 21,57 para 2009.
Entenderase por xornada nocturna a comprendida entre as 22.00 e as 6.00 horas.
Artigo 14. Complemento por domingo ou festivo traballado.
42,97 € + un día libre para o ano 2008 e 43,13 € para o ano 2009.
Os traballadores da sección de recepción, por tratarse dunha sección que se ve obrigada a traballar todos os domingos e festivos, percibirán por este concepto 60,84 € + un día libre para o ano 2008 e 61,33 € + un día libre para 2009.
Artigo 15. Complemento tóxico, penoso ou perigoso.
Establécese un complemento para postos de traballo tóxicos, de 94,49 € para o ano 2008 e 95,25 € para o ano 2009. A definición destes postos determinaraa o comité de seguranza e saúde. En caso de discrepancia, consultarase o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da Xunta de Galicia.
Artigo 16. Quebranto de moeda.
Aquel persoal que teña responsabilidade no manexo de cartos percibirá un complemento de 36,01 € para o ano 2008 e 36,30 € para o ano 2009 por mes efectivo de traballo. Se o traballador que está a percibir este complemento deixa de ter a responsabilidade no manexo de cartos, deixará de percibilo, sen que isto poida xerar ningún tipo de dereito adquirido.
Artigo 17. Horas extraordinarias.
As horas extraordinarias serán de carácter voluntario e mensualmente informarase o comité de empresa sobre as horas extraordinarias realizadas no mes anterior.
O prezo da hora extra queda establecido para o ano 2008 en 13,91 € e de 14,02 € para o ano 2009.
Para os efectos previstos no R.D.L. 9858/1981, do 20 de agosto, e 1/1985, do 5 de xaneiro, páctanse como horas extraordinarias estruturais as necesarias para atender pedidos ou períodos punta de produción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e demais circunstancias derivadas da específica natureza da actividade de que se trate, sempre que non sexa posible a utilización doutras modalidades de contratación previstas pola lei.
Artigo 18. Traballo en cámaras.
Os operarios que realicen o seu traballo en cámaras frigoríficas terán unha gratificación de 15,13 € para 2008 e 15,25 € para o ano 2009, por mes efectivo de traballo.
Artigo 19. Xornada de traballo.
A duración da semana ordinaria de traballo fíxase en corenta horas. Na xornada continuada efectuarase un descanso intermedio de 20 minutos, que se aboará como tempo traballado pero que en ningún caso se sumará para o cómputo de horas extraordinarias para os efectos dos límites máximos legais.
A xornada de traballo en cómputo anual para o ano 2008, 2009 e 2010 establécese en 1.824 horas.
Para o ano 2011 acórdase reducir a xornada en 8 horas, do que resulta unha xornada efectiva anual de 1.816 horas. Ao peche do calendario de vacacións do ano correspondente, a empresa, de acordo cos representantes dos traballadores, determinará o día de redución da xornada, sendo prioritario o seu desfrute nunha ponte.
A quenda de noite dos días 24 e 31 non será laborable.
Artigo 20. Permisos regulamentarios retribuídos.
O persoal da empresa, despois de aviso e xustificación en legal forma, terá dereito a permiso, con percepción íntegra do seu salario, por algún dos motivos e coa duración máxima seguinte:
a) Matrimonio do traballador ou parellas de feito que acrediten estar inscritas como tales no correspondente rexistro: quince días naturais e un complemento de 145,61 € para o ano 2008 e 146,77 € para o ano 2009.
b) Nacemento de fillo: tres días naturais ao se producir o nacemento, un complemento de 145,61 € para o ano 2008 e 146,77 para o ano 2009. En caso de coincidir coa fin de semana e coa finalidade de axudar ás obrigas paternas engadirase un día máis. No caso de adopción de fillos, a licenza será dun día.
c) Falecemento ou enfermidade moi grave ou intervención cirúrxica de cónxuxe, fillos, pais, irmáns e irmáns políticos: tres días naturais. Se as causas sinaladas tiveren lugar en distinta comunidade autónoma, esta licenza será ampliada ata cinco días como máximo.
No caso de pais políticos, esta licenza será de dous días.
d) Falecemento de avó e neto: dous días naturais. Se o falecemento tiver lugar fóra da comunidade autónoma, ampliarase un día máis. No caso do falecemento dun tío, esta licenza será dun día.
e) Voda de fillo, irmán, irmán político, pais e pais políticos, un día natural. Se a voda tiver lugar en distinta comunidade autónoma, esta licenza será ampliada ata tres días.
f) Exames: polo tempo estritamente indispensable cando curse estudos e se deba someter a exames, con xustificación escrita previa ante a empresa.
g) Cargo ou representación sindical: polo tempo necesario para o desempeño das súas funcións quen exerza cargo ou representación sindical, logo de xustificación e ata o máximo que determine a lei sindical.
h) Atención de asuntos urxentes: tres días naturais ao ano cando se precise atender persoalmente asuntos propios de xustificada urxencia.
i) Mudanza de domicilio familiar: un día. En caso de traslado fóra do municipio en que se vive, será de dous días.
Falecemento dun traballador: a empresa facilitará ao persoal da súa sección que lle coincida co enterro o tempo necesario para acudir a el, sempre que a produción o permita.
Artigo 21. Vacacións.
Todo o persoal da empresa, sen distinción de categoría profesional, disporá de trinta días naturais de vacacións.
As vacacións poderanse coller nun só período continuado pero pódese pactar o goce das vacacións en dous períodos e queda á discreción da dirección da empresa atender peticións para distribuílas en fraccións inferiores a dúas semanas.
A dirección da empresa de cada centro de traballo, tendo en conta as súas distintas características e de acordo cos representantes dos traballadores, programará o período de vacacións para dispoñer delas no transcurso dos doce meses do ano, confeccionándose os calendarios correspondentes tendo en conta as necesidades da empresa nos momentos de maior produción e o cumprimento das súas obrigacións comerciais e produtivas.
O persoal que, tendo as súas vacacións anuais ou parte delas asignadas no calendario non as poida desfrutar por se encontrar en situación de incapacidade temporal, poderá desfrutalas, de común acordo coa empresa, ata o último día do mes de febreiro do ano seguinte, logo de aceptación por parte da empresa.
O persoal que teña a totalidade das súas vacacións nos meses de xaneiro, febreiro, novembro ou decembro terá dereito a 3 días naturais máis de vacacións. Quen só desfrute 15 días nestes meses, terá dereito a 2 días mais, en vez dos tres correspondentes a 30 días.
Aos autovendas, aos promotores e a todo o persoal que perciba comisións aboaráselle, durante as vacacións, o importe correspondente ao cálculo da media das percibidas os seis meses anteriores.
Artigo 22. Prestacións complementarias da Seguridade Social durante a I.T.
No centro de traballo de Vilagarcía de Arousa, nos períodos en que estea suspendido o contrato de traballo por situacións de I.T., por calquera causa, o traballador terá dereito a percibir unha retribución económica equivalente ao 75% desde o primeiro día da base de cotización do mes anterior á baixa.
Se durante o período de IT, se produciren incrementos económicos de carácter xeral, a empresa pagará, a partir do día primeiro do mes seguinte ao de se producir o incremento a diferenza entre o que corresponde percibir ao traballador da Seguridade Social e o que lle correspondería percibir da mesma se causa baixa despois de producirse o incremento, sen que en ningún caso a suma de ambas as percepcións poida exceder o tope máximo de accidentes de traballo, enfermidade común ou accidente non laboral.
Establécese un complemento de seguranza anual, para cada traballador da fábrica de Vilagarcía de Arousa, pagadoiro no primeiro trimestre do ano seguinte, polo importe resultante da seguinte fórmula:
Premio de seguranza = 180 €/12 X o número de meses do ano anterior sen accidentes no ámbito do convenio.
O período de xeración desa paga é do 1 de xaneiro ao 31 de decembro do ano do último ano.
Este premio comezarase a xerar en 2006.
Artigo 23. Excedencias.
Nesta materia observarase todo o disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica de liberdade sindical, no seu artigo 9.1.b.
A excedencia por maternidade de 1 a 3 anos dará dereito a reserva do posto de traballo.
Artigo 24. Xubilación.
A dirección da empresa e os representantes dos traballadores, ante a situación de permanente adecuación do cadro de persoal para acomodalo aos niveis óptimos de emprego, acordan a xubilación obrigatoria dos traballadores ao cumpriren os 65 anos de idade.
Recoñécese aos traballadores o dereito subxectivo de solicitar á empresa a xubilación parcial, en canto continúe vixente a actual (de 2005) de regulación desta, recollida nos artigos 166.2 da Lei da Seguridade Social e 12.6 do Estatuto dos traballadores, cando reúnan os requisitos legalmente establecidos.
Artigo 25. Axudas de custo.
Establécense os seguintes importes en concepto de axudas de custo para o persoal que teña que realizar algún destes conceptos fóra do seu ámbito normal a causa da empresa:
|
Ano 2008 |
Ano 2009 |
|
|
Xantar |
20,28 € |
20,44 € |
|
Almorzo |
7,10 € |
7,15 € |
|
Cea |
18,25 € |
18,40 € |
|
Hotel |
3* |
3* |
Estes importes aboaranse logo de xustificación do gasto.
Artigo 26. Axuda escolar.
Establécese unha axuda para a formación escolar dos fillos dos traballadores en idades comprendidas entre os 3 e 16 anos, ambas incluídas.
A súa contía será de 101,40 € para o ano 2008, 102,21 € para o ano 2009, para todo aquel persoal con salario menor a 3 veces o S.M.I., en situación de resultados positivos para a compañía. Esta contía aboarase nun só concepto no mes de setembro.
Artigo 27. Axuda aos discapacitados.
Como prestación complementaria da Seguridade Social, a empresa aboará a partir da sinatura do convenio unha axuda mensual de 136,89 € no ano 2008, 137,99 € no ano 2009 a cada empregado por cada fillo a cargo que sexa discapacitado físico ou psíquico superior al 33%. A cualificación de tales discapacidades será automática nos casos en que así foren recoñecidos pola Seguridade Social ou organismo equivalente.
Artigo 28. Préstamo ao persoal.
Co obxecto de axudar os traballadores no caso de necesidades xustificables, concederanse préstamos cuxo importe non excederá 3.346,20 € no ano 2008, 3.372,97 no ano 2009, que se devolverán no prazo máximo de tres anos.
Para levar un seguimento do asunto, a empresa creará un fondo económico que será supervisado trimestralmente polo comité e a dirección da empresa, e cun saldo máximo de 27.000 €, isto é, non se concederán novos préstamos en canto non se reembolse á empresa a cantidade necesaria para a concesión solicitada, debendo esperar o traballador a que se dispoña destes fondos para desfrutar do préstamo solicitado.
Artigo 29. Premio de xubilación e bolsas.
Premio de xubilación: cando un traballador ao se xubilar teña unha antigüidade na empresa superior aos 10 anos, percibirá un premio consistente no importe dunha mensualidade de soldo base por cada quinquenio que se acredite como antigüidade.
Este premio incrementarase excepcionalmente coas porcentaxes que se especifican seguidamente se a xubilación a solicita o traballador ao cumprir, respectivamente 60, 61, 62 e 63 anos de idade e dentro dos tres meses seguintes á data en que se cumpran estas idades.
Ao cumprir 60 anos: 45%.
Ao cumprir 61 anos: 40%.
Ao cumprir 62 anos: 35%.
Ao cumprir 63 anos: 30%.
Suxestións e propostas útiles para mellorar a organización do traballo e que sexan admitidas pola empresa. Terán compensación que consistirá en bolsas ou viaxes de perfeccionamento ou estudos con diplomas honoríficos e cancelación de notas desfavorables no expediente persoal.
Artigo 30. Seguro de vida colectivo.
A fin de beneficiar a todos os seus traballadores cunha medida de previsión a favor dos familiares a cargo daqueles, a empresa ten concertado un seguro de vida colectivo, no cal quedan obrigatoriamente integrados todos os seu traballadores. Este seguro rexerase polas seguintes normas:
– Os traballadores de novo ingreso causarán alta como asegurados no mesmo día da incorporación á empresa.
– Quedan exceptuados da súa integración no seguro os traballadores que expresamente sexan contratados con carácter de eventuais, temporarios ou interinos.
– Causarase baixa ao se producir o cesamento definitivo na empresa.
– Non existirá recoñecemento médico previo nin haberá limitación de idade.
– A contía deste seguro será para o ano 2008:
1. Por morte natural, invalidez permanente: 12.168 €.
2. Morte por accidente: 24.336 €.
3. Morte por accidente de tráfico: 36.504 €.
– A contía deste seguro será para o ano 2009:
1. Por morte natural, invalidez permanente: 12.265,34 €.
2. Morte por accidente: 24.530,69 €.
3. Morte por accidente de tráfico: 36.796,03 €.
Artigo 31. Formación profesional.
A dirección da empresa establecerá un plan de formación, co obxectivo de proporcionar ao persoal, en todos os seus niveis e de forma paulatina, os coñecementos adecuados para a realización das súas funcións e o seu desenvolvemento profesional.
Decididos os plans de formación e previamente á súa implantación solicitarase do comité de empresa o informe que se determine no artigo 64 l.4 c) do Estatuto dos traballadores.
Créase un comité de formación paritario no momento da sintatura deste convenio, que se reunirá bimensualmente.
Para o persoal da empresa que realice cursos non incluídos nos plans de formación, en centros oficiais para a obtención de coñecementos profesionais que garden relación directa coas actividades da empresa e teñan unha aplicación efectiva a medio ou a longo prazo nela, establécese unha axuda económica consistente no pagamento do 50% de gastos de matrícula e textos debidamente xustificados.
Esta axuda solicitarase a través dos xefes de departamento e terá que ser aprobada polo comité creado para este fin.
Artigo 32. Modalidades de contratación laboral.
1. Contratos de obra e servizo. Ademais de polas causas e nas circunstancias legalmente permitidas, poderanse formalizar contratos para a realización dunha obra ou servizo determinado:
– Cando se implanten novas tecnoloxías, cando o servizo para realizar vaia ligado a un pedido ou pedidos de realización puntual nun determinado período ou á realización dunha tarefa concreta, incluíndo os períodos de campaña comercial e campañas de secado.
– Para o persoal de mantemento consideraranse tamén obras e servizos determinados as derivadas da implantación ou modificación das instalacións.
2. Contrato a tempo parcial. Ambas as partes se comprometen a impulsar, naquelas áreas en que sexa compatible, a contratación de persoal baixo a modalidade contractual «a tempo parcial», naqueles casos en que non se considere necesaria a cobertura total da xornada laboral habitual e como medida para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
3. Contrato fixo descontinuo. CAPSA, como medio de conseguir unha maior estabilidade no emprego dos seus traballadores, empregará esta modalidade de contratación, que se realizará entre a empresa e os demandantes de emprego para a realización de traballos que pola súa natureza sexan de carácter fixo pero descontinuo no tempo, e que non teñan data certa.
4. Contrato eventual por circunstancias da produción. Cando por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos poidan celebrarse contratos de traballo desta natureza, estes terán unha duración máxima de 12 meses nun período de 18 meses.
5. A empresa fomentará a creación de emprego estable e creará unha bolsa con persoal para cubrir eventualidades de traballo, limitando a contratación de ETT para situacións excepcionais.
Artigo 33. Promocións.
Establécense dous tipos de promocións:
a) Por libre designación.
Defínese como libre designación o acceso ao posto que, en razón das súas funcións e responsabilidades, son cubertos por decisión da empresa e que corresponden aos postos e categorías profesionais seguintes:
Técnico superior, técnico medio, xefe de fabricación, xefes e promotores de vendas, xefe de sección, xefe administrativo 1.ª e 2.ª, encargado, caixeiro, secretarias de dirección.
Excepto para o técnico xefe, xefe de control leiteiro, xefe de fabricación e delegados, as convocatorias a estes postos faranse públicas a fin de que o persoal do cadro poida acceder á selección.
b) Por concurso-oposición.
Defínese como promoción por concurso-oposición o acceso ás categorías laborais non indicadas na alínea anterior, coa excepción do cambio de peón a peón especialista, que será automático sempre que a persoa proposta teña unha antigüidade mínima de dous anos na categoría de peón.
Para a realización destas promocións, créase un tribunal cualificador composto por 4 membros: dous membros designados polo comité de empresa, dous membros da dirección, dos cales un será o director de persoal ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente do tribunal e con voto de calidade decisorio.
Para cubrir unha vacante ou posto de nova creación nestas categorías, a empresa comunicará ao comité de empresa a existencia de tal posto.
A seguir, no prazo de 5 días hábiles, a empresa decidirá e publicará os requisitos ou probas de exame que se vaian realizar, sen que se poida realizar este nun tempo inferior a 15 días nin superior a 30. A estas convocatorias poderá concorrer calquera membro do cadro de persoal formulando a oportuna solicitude dentro do prazo que se sinale.
Se a convocatoria quedar deserta pola falta de candidatos internos ou por non acadaren estes a puntuación mínima requirida, a empresa poderá cubrir esa vacante por libre designación ou nova convocatoria á que poida optar persoal alleo á empresa.
O tribunal cualificador deberá establecer as cualificacións definitivas e publicalas nun prazo máximo de 8 días, a partir da data de terminación das probas.
O tribunal terá facultades para, unha vez anunciada a vacante ou posto de nova creación, decidir sobre a necesidade de realizar probas de aptitude ou, en caso negativo, establecer directamente a orde de prioridade.
Acceso á categoría. Para a realización efectiva do cambio de categoría establécense os seguintes períodos de proba:
– 6 meses para postos de libre designación.
– 3 meses para postos de persoal cualificado.
– 15 días para postos de persoal non cualificado.
Durante o período de proba, o traballador percibirá o salario correspondente á nova categoría, pero non se efectuará o cambio efectivo. Se, transcorrido o dito período, os informes non foren positivos, remitiranse ao tribunal cualificador, quen valorará, se for o caso, o retorno ou non á categoría anterior.
Artigo 34. Persoal con capacidade diminuída.
A aquel persoal que por deficiencias físicas, psíquicas ou por outras circunstancias non se encontra en situación de desenvolver o traballo para o cal foi contratado, a empresa comprométese a destinalo a traballos o máis adecuados posible ás súas condicións e de acordo coa súa categoría laboral. En todos os casos en que se presente a dita situación, a empresa, antes de adoptar a súa decisión, solicitará informe do comité de empresa, que deberá emitir no prazo máximo de 5 días oralmente ou por escrito, a súa escolla. A cualificación das condicións físicas serán realizada pola mutua de traballo en informe escrito por un médico.
Artigo 35. Recoñecemento médico.
Todos os traballadores realizarán unha revisión xeral completa e suficiente polo menos unha vez ao ano, a cargo da empresa e dentro da xornada laboral.
O servizo médico, de acordo co comité de saúde laboral, determinará segundo a saúde xeral do traballador, a idade, as características do posto de traballo (toxicidade, perigosidade, penosidade, etc., a conveniencia das probas que se realizarán.
Os traballadores teñen dereito a coñecer o informe que resulte dos recoñecementos médicos.
Artigo 36. Roupa de traballo.
Todos os traballadores disporán da roupa necesaria e regulamentaria para o desenvolvemento do seu traballo, que dependerá das condicións en que este se realice. Así mesmo, estarán obrigados a renovar as pezas en que se observe algunha deterioración e a empresa facilitará roupa nova, contra entrega da vella.
Artigo 37. Comité de empresa e delegados do persoal.
Nesta materia aplicarase todo o disposto no título 2 do Estatuto dos traballadores.
Existe un comité de empresa, que é o máximo órgano representativo dos traballadores e que se rexe polos seus propios estatutos, cuxas competencias son as seguintes:
– Está lexitimado para negociar convenios colectivos na empresa, regulamentos e calquera outro tipo de actos que afecten os intereses xerais dos traballadores da compañía sen prexuízo das competencias que nos seus respectivos ámbitos poidan ter os comités de centros de traballo, delegados de persoal e seccións sindicais.
– Deberá recibir información periódica e documentada sobre a situación da empresa que atribúe o artigo 64 da lei do Estatuto dos traballadores aos comités de empresa nas súas respectivas esferas.
– O comité de empresa deberá observar o debido segredo profesional na forma que regula o artigo 65.2 do Estatuto dos traballadores.
– Deberá ser informado mensualmente sobre o número de horas extraordinarias realizadas no período anterior, causa delas e medidas adoptadas para a súa diminución ou supresión cando for posible.
– Poderá acceder, logo de comunicación da compañía, aos locais en que se celebre algunha reunión de comités de empresa, contando co consentimento destes, así como ás asembleas de traballadores que se celebren nos locais da compañía.
– Co obxecto de que aqueles centros de traballo que non estean representados no comité de empresa poidan estar debidamente informados, a secretaría permanente poderá convocar reunións coa representación sindical de cada un destes centros, logo de comunicación á dirección da compañía, cunha periodicidade de 2 reunións anuais como máximo e unha duración para cada unha delas de 1 día.
– As seccións sindicais legalmente constituídas poderán acumular horas sindicais nun ou varios dos seus membros.
Artigo 38. Seccións sindicais.
O funcionamento de seccións sindicais no ámbito da empresa, así como os dereitos dos delegados sindicais, axustarase ao disposto no artigo 10 da Lei 11/1985, do 2 de agosto, Lei orgánica de liberdade sindical.
Cando os sindicatos que representen os delegados logren ao menos un 30% dos votos na elección do comité de empresa, nese centro de traballo, aplicarase a escala seguinte:
1. De 0 a 50: ningún delegado.
2. De 51 a 200: un delegado.
Artigo 39. Fondo económico.
Créase un fondo económico a cargo da empresa destinado a financiar as xestións do comité de empresa derivadas da súa representatividade. Este fondo será de 2.028 € para 2008 e 2.044,22 € para o ano 2009.
Artigo 40. Canon de negociación.
Establécese un canon de negociación do convenio, a cargo da compañía, que se fixa na cantidade de 1.839,80 €, o cal se porá ao dispor das seccións sindicais representadas na mesa de negociación; esta cantidade dividirase proporcionalmente segundo a representación na mesa.
Artigo 41. Sancións.
Cando se apliquen sancións moi graves ao persoal da empresa, observarase en todo caso o que marque o Estatuto dos traballadores no seu artigo 64, número 1.7º. Non obstante, antes de sancionar o traballador, será informado o comité de empresa por escrito e cunha anticipación de 3 días.
Nas dependencias da fábrica de Vilagarcía de Arousa que están baixo teito non estará permitido fumar, observándose no demais o que recolla a lexislación vixente en cada momento.
Artigo 42. Comisión paritaria.
Co alcance e funcións previstas no artigo 85.2.e) do Estatuto dos traballadores desígnase a comisión paritaria composta por 6 membros titulares e outros 6 suplentes; 3 titulares e 3 suplentes por designación da empresa e 3 titulares e 3 suplentes por elección dos traballadores.
Artigo 43. Comité de seguranza e saúde.
Neste artigo aplicarase a Lei de prevención de riscos laborais.
Artigo 44. Solución extraxudicial de conflitos de traballo.
Os conflitos de traballo que revistan o carácter de colectivos, así como os individuais que expresamente se sinalen, que durante a vixencia do presente convenio puideren suscitarse no seo da empresa, serán sometidos obrigatoriamente aos órganos e a través dos procedementos que se establecen no organismo de solución extraxudicial de conflitos de Galicia, de conformidade co artigo 83.3 do Estatuto de traballadores, polo que ambas as partes, a partir deste momento, se someten expresamente ao sistema de solución extraxudicial dos conflitos que se fixen no seu acordo de constitución.
Disposición derradeira primeira.
Para todo aquilo que, en materia de regulación das condicións de traballo, non se encontre previsto neste convenio, ambas as partes acordan aplicar supletoriamente as disposicións legais que non sexan incompatibles coa propia actividade desenvolvida pola Corporación Alimentaria Peñasanta S.A., na súa factoría de Vilagarcía de Arousa. En todo caso, será de aplicación directa ou supletoria o Estatuto dos traballadores e o convenio colectivo estatal de industrias lácteas e demais disposicións legais vixentes.
Disposición derradeira segunda.
Quilometraxe. O prezo do quilómetro para todo aquel persoal con dereito a percibilo será de 0,22 €.
Disposición derradeira terceira.
Todo condutor que, conducindo un vehículo, cometa unha infracción que ocasione a retirada de carné de conducir, terá dereito a desempeñar sen perda de categoría laboral o posto que designe a empresa polo tempo que teña o carné retirado. No entanto, todo aquel condutor que sexa reincidente ou a causa do sinistro sexa inxustificada, a súa acción será estudada pola comisión creada para o efecto, composta por 2 membros do comité e 2 da empresa e adoptarán as medidas oportunas. No caso que así se decida, pagarán as comisións segundo o resultante da media anual que percibise.
Disposición derradeira cuarta.
Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto á intimidade e /ou contra a liberdade das traballadoras/es, condutas de acoso sexual verbais ou físicas, serán conceptuadas como faltas moi graves, valoradas con rigor pola dirección da compañía en función da repercusión do feito. Nos supostos en que se leve a cabo servíndose da relación xerárquica coa persoa afectada e/ou contra persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción aplicarase no seu grao máximo.
O comité de empresa, sección sindical ou representantes dos traballadores e a dirección de persoal da empresa velarán polo dereito á intimidade do traballador/a afectados procurando ocultar a súa identidade, cando así for requirido.
Disposición derradeira quinta.
A todo aquel traballador do departamento comercial a quen se lle asigne un novo traballo distinto do de repartición e venda que viñese desenvolvendo no momento do cambio, aplicaráselle o seguinte criterio salarial:
– Se o importe do salario e o complemento de actividade do traballador asignado á súa nova función for superior á media dos mesmos conceptos das persoas que desempeñen o dito cargo no momento do cambio, manteráselles o salario actual.
– Se o importe do salario e complemento de actividade do traballador asignado á súa nova función for inferior á media dos mesmos conceptos das persoas que desempeñen o dito cargo no momento do cambio, aplicaráselles a partir da data do cambio un salario igual á media dos ditos traballadores nos conceptos de salario base e complemento de actividade.
– A media do salario base e complemento de actividade determinarase sumando cada un dos ditos conceptos dos traballadores co mesmo traballo e divididos polo número total de traballadores sobre os cales se sumaron os conceptos anteriores.
Disposición derradeira sexta.
A empresa entregará aos traballadores que permanezan en alta o 24 de decembro unha cesta de Nadal de similares características á doutros centros de traballo.
Disposición derradeira sétima.
Os atrasos derivados da aplicación deste convenio serán aboados nos 30 días seguintes ao da súa sinatura.
ANEXO I
Clasificación segundo funcións: categorías e definicións
O persoal da empresa Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. afectado por este convenio clasificarase, en atención á función que desempeña, nalgún dos seguintes grupos:
1. Persoal técnico.
2. Persoal administrativo.
3. Persoal comercial.
4. Persoal subalterno.
5. Persoal obreiro.
1. Persoal técnico.
Este grupo comprende as seguintes categorías:
Técnico xefe.
Técnico superior.
Técnico medio.
Xefe de fabricación.
Xefe de control leiteiro.
Xefe de sección.
Encargado.
Capataz.
Controlador distrito leiteiro.
Mestre queixeiro.
Oficial de laboratorio.
Auxiliar de laboratorio.
Definicións:
– Técnico xefe: é o que, posuíndo o título facultativo superior ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, dirixe dentro de cada fábrica ou grupo de fábricas, laboratorio, sección etc., o inherente ao proceso operatorio, o estudo deste, e se ocupa da súa mellora ou perfeccionamento e de cantas exixencias precise a súa elaboración. Ten o mando directo sobre os demais técnicos e a responsabilidade do traballo, disciplina e seguranza do persoal.
– Técnicos superiores: son aqueles que, posuíndo un título profesional oficial de carácter universitario, de escola técnica de grao superior ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, desenvolven funcións propias da súa titulación ou coñecementos.
– Titulados medios: son os que, tendo un título facultativo de escola de grao medio, escola universitaria ou coñecementos equivalentes en materias recoñecidas pola empresa, desempeñan as funcións propias dos ditos títulos ou coñecementos, baixo a supervisión directa da dirección, técnicos xefes ou técnicos superiores.
– Xefes de fabricación: son os que ás ordes dos directores da fabricación ou superiores xerárquicos e baixo a súa responsabilidade, asumen a dirección e vixilancia dos procesos de fabricación e ordenan a maneira en que se desenvolverá o traballo, estando ao fronte do persoal que realiza as tarefas técnicas e/ou manuais para a elaboración dos produtos.
– Xefes de control leiteiro: son os que teñen a o seu cargo a organización das zonas de recolla do leite, con persoal baixo as súas ordes, itinerarios de transporte, clasificación de calidades do leite, disciplina e responsabilidade do traballo, etc.
– Xefes de sección: son os que, baixo a supervisión directa do director correspondente, teñen a responsabilidade da sección, exercendo as funcións de dirección coordinación e control dos encargados, capataces e operarios da sección, así como das distintas tarefas de sección, observan o funcionamento dos distintos órganos que comprende e responden da disciplina do persoal, da distribución do traballo, da súa boa execución e da conservación dos utensilios e instalacións.
– Encargados: son os que, con coñecementos completos, tanto teóricos como prácticos, sobre os procesos produtivos, baixo as ordes dos seus superiores, axudan e vixían os traballos da sección, sendo responsables da forma de execución e da disciplina do persoal e conservación dos utensilios e instalacións.
– Capataces: son aqueles traballadores aos cales polas súas especiais condicións se lles confía a dirección dun grupo de obreiros.
– Controladores de distrito leiteiro: son os que desenvolven as funcións de vixilancia e estatística de produción, toma de mostras, control de cortes e outras que se lles poidan confiar polos seus superiores, tanto en relación coa medición, limpeza e comprobación de calidades nos distritos leiteiros como calquera outra específica do seu labor de control. Interveñen tamén nas misións de pagamento.
– Mestres queixeiros: son os que realizan a elaboración dunha ou varias clases de queixos, obtendo un rendemento eficaz e normal desde a entrada do leite ata a saída do queixo para a súa comercialización, e coñecen todas as fases intermedias. Así mesmo, debe entender as prácticas xerais do leite e o manexo de máquinas e utensilios empregados na elaboración.
– Oficiais de laboratorio: son os que, cun coñecemento adecuado técnico e práctico das normas analíticas da empresa, realizan toda clase de análises tanto físicas como químicas ou bacteriolóxicas.
– Auxiliares de laboratorio: son os que no laboratorio realizan funcións carentes de responsabilidade técnica axudando os seus superiores nas tarefas sinxelas que poidan ter unha rápida comprobación. Fan análises físico-químicas de maneira instrumental.
2. Persoal administrativo.
Este grupo comprende as seguintes categorías:
Xefes de primeira.
Xefes de segunda.
Oficial de primeira.
Oficial de segunda.
Auxiliares.
– Xefes de primeira: son os empregados que, provistos ou non de poderes, baixo a supervisión do director correspondente, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controlar unha ou varias seccións administrativas, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo.
– Xefes de segunda: son os empregados que, provistos ou non de poderes limitados e supervisados por un director ou xefe de primeira, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar ou controlar unha sección ou grupos de traballo administrativos, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo entre o persoal que de el dependa. Queda incluído nesta categoría o tesoureiro, responsable de caixa.
– Oficiais de primeira: son os empregados que, baixo a supervisión dun xefe de 1.ª ou de 2.ª, teñen a responsabilidade dun servizo ou función determinado, dentro do cal exercen iniciativa e posúen responsabilidade, con ou sen persoal a cargo, para o cal se precisan coñecementos xerais de administración de nivel de FP1 ou semellante e coñecementos amplos do servizo ou función correspondente.
– Oficiais de segunda: son os empregados que teñen iniciativa e responsabilidade restrinxida sobre un servizo ou un conxunto de tarefas administrativas para as cales se precisan coñecementos básicos sobre as tarefas ou servizo que desempeña.
– Auxiliares: son os empregados que desempeñan tarefas e operacións elementais administrativas e, en xeral, as puramente mecánicas inherentes ao traballo daquelas. Poderán, así mesmo, realizar outras funcións non estritamente burocráticas, tales como pesar, anotar pesos, comprobar existencias etc. Considérase como o nivel de entrada na área de administración e deberán permanecer nesta categoría en período de formación un mínimo de 2 anos e un máximo de 3 anos.
3. Persoal subalterno.
Este grupo comprende a seguinte categoría.
– Almaceneiro. Son os operarios que teñen ao seu cargo a responsabilidade na recepción das mercancías e despacho de produtos, coas operacións complementarias de medición, pesaxe, colocación en andeis etc., así como o rexistro e control de existencias permanente e movemento diario de mercadorías e produtos.
4. Persoal obreiro:
Este grupo comprende as seguintes categorías:
Peóns.
Especialistas de terceira.
Especialistas de segunda.
Especialistas de primeira.
Oficiais de terceira.
Oficiais de segunda.
Oficiais de primeira.
– Peóns: son os operarios que realizan labores que non requiren a práctica operatoria previa para a súa execución. Considérase como o nivel de entrada e deberán permanecer nesta categoría en período de formación un mínimo de 2 anos e un máximo de 3 anos.
– Especialistas: comprende esta categoría, nas súas tres clasificacións de primeira, segunda e terceira, aqueles operarios que, despois dun determinado período de prácticas, realizan tarefas e operacións da industria láctea e os seus derivados.
Neste senso, a clasificación corresponderá coas definicións seguintes:
– Especialistas de terceira: son os operarios que coñecen e realizan unha operación de proceso industrial e están á fronte dunha máquina, respondendo do seu funcionamento.
– Especialistas de segunda: son os operarios que coñecen e realizan varias operacións do proceso industrial dalgún produto e realizan unha ou varias operacións dos ditos procesos. Para o acceso a esta categoría é preciso ter unha experiencia de, ao menos, un ano como especialista de terceira en CAPSA.
– Especialistas de primeira: son os operarios que coñecen as operacións que comprende a elaboración dalgúns dos produtos lácteos e realizan unha ou máis delas. Para o acceso a esta categoría cómpre ter unha experiencia de, ao menos, un ano como especialista de segunda en CAPSA.
– Oficiais: son os operarios que, tendo feito nas condicións legais establecidas a aprendizaxe dun oficio determinado, desenvolven funcións propias del.
Quedan comprendidos neste grupo os mecánicos, electricistas, etc. Os operarios encadrados neste grupo de oficios clasifícanse nas seguintes categorías.
– Oficiais de terceira: son os operarios que, despois de faceren a aprendizaxe dun oficio, non alcanzaron os coñecementos e experiencia necesarios para executaren os traballos coa corrección exixida a un oficial de segunda. Considérase como o nivel de entrada no grupo de oficiais e deberán permanecer nesta categoría en período de formación un mínimo de 2 anos.
– Oficiais de segunda: son os traballadores que realizan coa corrección adecuada os traballos do seu oficio, pero sen posuíren unha especialización que lles permita desempeñar os traballos máis complexos con perfección. Para o acceso a esta categoría cómpre ter unha experiencia de, ao menos, un ano como oficial de terceira en CAPSA.
– Oficiais de primeira: son aqueles operarios que, coñecendo un oficio, o practican con tal grao de perfección que non soamente lles permite levar a cabo os traballos xerais del, senón tamén aqueles outros que supoñen especial esmero e delicadeza. Para o acceso a esta categoría é preciso ter unha experiencia de, ao menos, dun ano como oficial de segunda en CAPSA.
Se algún posto non estiver recollido neste documento por ser de nova creación ou modificación, reunirase a comisión mixta paritaria para a súa clasificación.
Táboa salarial definitiva 2008-Incremento IPCr 1,40%
|
Categoría |
Soldo base |
Compl. actividade |
Compl. asistencia |
Salario |
|
• Persoal técnico |
||||
|
Técnico xefe |
1.448,36 |
694,81 |
138,94 |
33.814,88 |
|
Técnico superior |
1.256,05 |
595,54 |
138,94 |
29.441,05 |
|
Técnico medio |
1.101,39 |
493,80 |
138,94 |
25.595,22 |
|
Xefe de fabricación |
1.134,53 |
743,76 |
138,94 |
29.841,69 |
|
Xefe de c. leiteiro |
994,20 |
496,26 |
138,94 |
24.024,11 |
|
Xefe de sección |
994,20 |
496,26 |
138,94 |
24.024,11 |
|
Encargado |
909,42 |
160,72 |
138,94 |
17.719,41 |
|
Capataz |
895,55 |
159,94 |
138,94 |
17.499,61 |
|
Contr. dis. leit. |
839,23 |
246,79 |
138,94 |
17.957,56 |
|
Mestre queixeiro |
829,83 |
148,12 |
138,94 |
16.336,48 |
|
Oficial de laboratorio |
816,39 |
277,91 |
138,94 |
18.081,79 |
|
Auxiliar de laboratorio |
700,66 |
79,42 |
138,94 |
13.368,47 |
|
• Persoal administrativo |
||||
|
Xefe de 1.ª admtvo. |
1.073,63 |
496,26 |
138,94 |
25.215,55 |
|
Xefe de 2.ª admtvo. |
1.035,91 |
398,67 |
138,94 |
23.185,97 |
|
Of. 1.ª admtvo. |
895,55 |
178,66 |
138,94 |
17.780,39 |
|
Of. 2.ª admtvo. |
816,39 |
132,36 |
138,94 |
15.898,45 |
|
Auxiliar admtvo. |
672,41 |
161,94 |
138,94 |
14.182,52 |
|
Telefonista |
700,66 |
168,74 |
138,94 |
14.708,24 |
|
• Persoal subalterno |
||||
|
Almaceneiros |
751,51 |
79,42 |
138,94 |
14.131,13 |
|
Gardas, serenos e vix. |
700,66 |
79,42 |
138,94 |
13.368,47 |
|
• Persoal obreiro |
||||
|
Especialista 1.ª |
749,26 |
158,83 |
138,94 |
15.288,67 |
|
Especialista 2.ª |
735,32 |
88,24 |
138,94 |
14.020,53 |
|
Especialista 3.ª |
722,72 |
79,42 |
138,94 |
13.699,39 |
|
Peón especialista |
715,40 |
79,42 |
138,94 |
13.589,49 |
|
Peón |
679,55 |
76,21 |
138,94 |
13.003,74 |
|
Oficial 1.O.V. |
749,26 |
208,44 |
138,94 |
16.032,81 |
|
Oficial 2.O.V. |
735,32 |
138,95 |
138,94 |
14.781,27 |
|
Oficial 3.O.V. |
693,60 |
76,21 |
138,94 |
13.214,40 |
– Complementos:
Hora extra: 13,91 € unidade.
Prima domingos/festivos: 42,79 € unidade.
Domingos/fest. recepción: 60,84 € unidade.
Nocturnidade: 21,40 €/noite.
Quebranto moeda: 36,01 €/mes.
Complemento tóxico: 94,49 €/mes.
Traballo en cámaras: 15,13 €/mes.
Axuda diminuídos: 136,89 €/anuais.
Axuda escolar: 101,40 €/anuais.
Quendas: 19,26 €/mes.
Nupcialidade: 145,61 €.
Natalidade: 145,61 €.
Sábados recepción 9.00-14.00: 10,14 €.
Sábados plataforma mañá: 35,49 €.
Sábados plataforma tarde: 45,63 €.
Gardas mantemento: 100 €.
Complemento recepción: 40,56 €.
Complemento ultrafiltración: 20,28 €.
Táboa salarial definitiva 2009-Incremento IPCr 0,80%
|
Categoría |
Soldo base |
Compl. actividade |
Compl. asistencia |
Salario |
|
• Persoal técnico |
||||
|
Técnico xefe |
1.459,95 |
700,37 |
140,05 |
34.085,40 |
|
Técnico superior |
1.266,10 |
600,30 |
140,05 |
29.676,57 |
|
Técnico medio |
1.110,21 |
497,75 |
140,05 |
25.799,98 |
|
Xefe de fabricación |
1.143,61 |
749,71 |
140,05 |
30.080,42 |
|
Xefe de c. leiteiro |
1.002,15 |
500,23 |
140,05 |
24.216,31 |
|
Xefe de sección |
1.002,15 |
500,23 |
140,05 |
24.216,31 |
|
Encargado |
916,70 |
162,01 |
140,05 |
17.861,17 |
|
Capataz |
902,71 |
161,22 |
140,05 |
17.639,61 |
|
Contr. dis. leit. |
845,94 |
248,76 |
140,05 |
18.101,22 |
|
Mestre queixeiro |
836,47 |
149,30 |
140,05 |
16.467,17 |
|
Oficial de laboratorio |
822,92 |
280,14 |
140,05 |
18.226,44 |
|
Auxiliar de laboratorio |
706,27 |
80,05 |
140,05 |
13.475,41 |
|
• Persoal administrativo |
||||
|
Xefe de 1.ª admtvo. |
1.082,21 |
500,23 |
140,05 |
25.417,27 |
|
Xefe de 2.ª admtvo. |
1.044,20 |
401,86 |
140,05 |
23.371,46 |
|
Of. 1.ª admtvo. |
902,71 |
180,09 |
140,05 |
17.922,64 |
|
Of. 2.ª admtvo. |
822,92 |
133,42 |
140,05 |
16.025,64 |
|
Auxiliar admtvo. |
677,79 |
163,23 |
140,05 |
14.295,98 |
|
Telefonista |
706,27 |
170,09 |
140,05 |
14.825,91 |
|
• Persoal subalterno |
||||
|
Almaceneiros |
757,52 |
80,05 |
140,05 |
14.244,18 |
|
Gardas, serenos e vix. |
706,27 |
80,05 |
140,05 |
13.475,41 |
|
• Persoal obreiro |
||||
|
Especialista 1.ª |
755,25 |
160,11 |
140,05 |
15.410,98 |
|
Especialista 2.ª |
741,20 |
88,94 |
140,05 |
14.132,70 |
|
Especialista 3.ª |
728,51 |
80,05 |
140,05 |
13.808,99 |
|
Peón especialista |
721,12 |
80,05 |
140,05 |
13.698,21 |
|
Peón |
684,99 |
76,82 |
140,05 |
13.107,77 |
|
Oficial 1.O.V. |
755,25 |
210,11 |
140,05 |
16.161,08 |
|
Oficial 2.O.V. |
741,20 |
140,06 |
140,05 |
14.899,52 |
|
Oficial 3.O.V. |
699,15 |
76,82 |
140,05 |
13.320,12 |
– Complementos:
Hora extra: 14,02 € unidade.
Prima domingos/festivos: 43,13 € unidade.
Domingos/fest. recepción: 61,33 € unidade.
Nocturnidade: 21,57 €/ noite.
Quebranto moeda: 36,30 €/mes.
Complemento tóxico: 95,25 €/mes.
Traballo en cámaras: 15,25 €/mes.
Axuda diminuídos: 137,99 €/anuais.
Axuda escolar: 102,21 €/anuais.
Quendas: 19,41 €/mes.
Nupcialidade: 146,77 €.
Natalidade: 146,77 €.
Sábados recepción 9.00-14.00: 10,22 €.
Sábados plataforma mañá: 35,77 €.
Sábados plataforma tarde: 46,00 €.
Gardas mantemento: 100,80 €.
Complemento recepción: 40,88 €.
Complemento ultrafiltración: 20,44 €.

