M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 461/2011-GA desta sección, seguido a instancia de Alfredo D’angiulli Mignogna contra Fogasa, Conganort, S.L. e Regueiro Trans, S.L., sobre despedimento disciplinario, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:
«Fallamos que, estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Alfredo D’angiulli Mignogna contra a sentenza de data cinco de novembro do ano dous mil dez, ditada polo Xulgado do Social número tres dos de Lugo, en proceso por despedimento promovido polo recorrente fronte ás empresas Conganort, S.L. e Regueiro Trans, S.L., debemos revogar e revogamos en parte a sentenza recorrida condenando ás citadas empresas de forma solidaria a que, no prazo legal de cinco días desde a notificación da referida resolución, opten entre a readmisión do traballador nas condicións anteriores ao despedimento ou a indemnizalo na contía legal que ascende a 3.622,5 euros e, en calquera caso, ao aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a data da notificación da sentenza de instancia a razón de 40,25 euros.
Condénase, así mesmo, ás empresas codemandadas a aboar en concepto de multa a cantidade de 100 euros cada unha das dúas empresas codemandadas así como, de forma solidaria, ao aboamento dos honorarios do letrado do demandante por importe total de 200 euros.
Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.
Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 300 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co n.º 1552 debendo indicar no campo concepto, Recurso seguida do código 35 Social Casación. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código 35 Social Casación. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.
Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo e mandámolo».
E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Conganort, S.L., con último domicilio coñecido na avenida de Lugo s/n, Palas de Rei (Lugo) coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino este edicto na Coruña o vinte de maio de dous mil once.
A secretaria xudicial
Rubricado

