Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 28 de xuño de 2011 Páx. 17159

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 17 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2011.

O Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no seu artigo 45 establece a primeira forestación de terras non agrícolas. As súas disposicións de aplicación establécense no Regulamento (CE) 1974/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006.

Como resposta ás disposicións do citado Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, a Xunta de Galicia elaborou o Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia para a etapa 2007-2013, en que se inclúe a medida 223, forestación de terras non agrarias, que fomenta o incremento das masas forestais como sumidoiro de carbono, contribuíndo deste xeito á loita contra o cambio climático. Esta medida foi notificada e aprobada pola Comisión Europea como axuda de Estado, co n.º 435/2010, adoptada pola Comisión o 9.2.2011 mediante Decisión C (2011) 552 ao abeiro das Directrices comunitarias sobre axudas estatales ao sector agrario e forestal 2007-2013.

O Real decreto 2128/2004, do 29 de outubro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, establece as normas de aplicación do dito sistema e a súa utilización como instrumento de xestión no marco do sistema integrado de xestión e control e resto de réximes de axuda relacionados coa superficie da política agrícola común. Así mesmo, a Orde do 24 de xaneiro de 2005 (DOG n.º 19, do 28 de xaneiro), da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, establece o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas en Galicia.

A Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 27.10 do Estatuto de autonomía, ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais.

A Consellería do Medio Rural, segundo o establecido no Decreto 318/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria, é o organismo competente para a xestión destas axudas, que teñen como obxectivos os seguintes:

a) Fomentar a forestación de especies forestais en terreos non agrícolas.

b) A diminución das masas forestais monoespecíficas favorecendo o aumento da diversidade.

c) O aumento da superficie forestal arborizada.

d) A diminución do risco de incendios forestais mediante a valorización dos terreos forestais.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, teñen por obxecto a regulación do réxime xurídico propio das subvencións cuxo establecemento e xestión corresponde á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismos e demais entidades vinculadas ou dependentes desta, así como tamén ás entidades locais de Galicia, incluídos os organismos e entidades dependentes delas.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e o Decreto 105/2006, do 22 de xuño, regulan as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais, e a Orde do 31 de xullo de 2007 establece os criterios para a xestión da biomasa vexetal.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

De acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto das axudas e ámbito de aplicación.

1.1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para fomentar a primeira forestación de terras non agrícolas e proceder á súa convocatoria para o ano 2011 en réxime de concorrencia competitiva.

1.2. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:

a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.

b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.

c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.

d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50% do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

Artigo 2. Tipos de superficies obxecto de axuda.

2.1. Poderán ser obxecto de axuda aqueles terreos que estean identificados no Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) como:

– Forestal (FO).

– Pasto con arboredo (PA).

– Pasto arbustivo (PR).

Nos terreos en que existise tradicionalmente arboredo non se poderán solicitar estas axudas.

En todo caso, será de aplicación o disposto no capítulo II da Orde do 24 de xaneiro de 2005 (DOG n.º 19, do 28 de xaneiro) da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, que establece o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas en Galicia.

2.2. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa.

2.3. Son terras agrícolas abandonadas aqueles terreos de ermo, terreo con arbustos e matos ou arborado con unha fracción de cabida cuberta inferior ao 20%, que tradicionalmente tiveron un aproveitamento agrícola/gandeiro e que non recibiron ningunha utilización nin intervención agraria durante os últimos 10 anos.

Artigo 3. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde os propietarios particulares, as sociedades e agrupacións dos ditos propietarios, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes veciñais en man común.

Non poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que non sexan propietarias dos terreos obxecto de axuda. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Condicións, tipos, importes e duración das axudas.

Os importes de subvención corresponderán, como máximo, co 80% do valor máximo de investimento subvencionable no caso de forestación en zonas desfavorecidas (véxase anexo VII) e co 70% do valor máximo de investimento subvencionable no resto dos casos.

4.1. Importes de investimento por actuación:

4.1.1. Gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais.

O valor máximo do investimento en euros por hectárea de actuación, que se calculará aplicando os módulos recollidos no anexo III, é o seguinte:

– Especies do anexo I (coníferas): 1.853.

– Especies do anexo II (frondosas) en áreas de valgada: 2.398.

– Especies do anexo II para froito (castiñeiros): 1.256.

Estes gastos incluirán os necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, adquisición de planta, protección da planta mediante protectores e outros materiais necesarios, así como os de plantación propiamente dita, área de defensa contra incendios forestais e labores inmediatamente posteriores a ela.

4.1.2. Prima de mantemento.

Está destinada ao coidado, mantemento e demais traballos posteriores á plantación que son necesarios para o logro da plantación realizada en terras agrícolas abandonadas. A prima de mantemento ten unha duración de cinco (5) anos contados a partir do ano seguinte ao do pagamento da última comprobación.

Esta prima non se concederá ás forestacións emprendidas por entidades de dereito público nin ás forestacións en terreos que non sexan terras agrícolas abandonadas.

Aplicaranse os valores máximos seguintes en euros por hectárea de actuación:

Plantacións forestais especies anexo I (coníferas): 220.

Plantacións forestais especies anexo II (frondosas) en áreas de valgada: 230.

Plantacións forestais especies anexo II (frondosas) para froito (castiñeiro): 314.

4.1.3. Infraestruturas de acompañamento u obras complementarias das novas forestacións que se realicen ao abeiro desta orde. Deberanse localizar dentro da área obxecto de forestación.

O valor máximo do investimento en euros por quilómetro de actuación, que se calculará aplicando os módulos recollidos no anexo III, é o seguinte:

– 7.000,00 € por km de peche.

– 7.997,96 € por km de apertura de pista forestal.

– 2.956,07 € por km de arranxo de pista forestal.

A repercusión máxima por ha de actuación será a seguinte:

Euros por ha de actuación

Peche

280,00

Apertura pistas forestais

320,00

Arranxo pistas forestais

120,00

No caso dos pro indivisos, as comunidades de bens, as cooperativas agrícolas, comunidades de montes veciñais en man común, entidades locais, outras persoas xurídicas ou sociedades e agrupacións de propietarios, poderase subvencionar ademais o peche da plantación realizada, sempre e cando a superficie de actuación supere as 10 hectáreas e se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética ...). No caso de plantación de castiñeiro para froito, o peche poderá subvencionarse para superficies de actuación desde 5 hectáreas independentemente do tipo de beneficiario que o solicite. A colocación de protectores poderase subvencionar independentemente do tipo de beneficiario, sempre e cando se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética,...).

4.2. O IVE non é subvencionable.

Artigo 5. Condicións técnicas dos investimentos.

5.1. O proxecto das actuacións que se presente deberá incluír un plan de infraestructuras de defensa da forestación que se vai efectuar, ou xustificación técnica motivada de que non é necesario, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior ás 10 hectáreas.

5.2. O proxecto das actuacións ten que incluír como cartografía planos sobre mapas oficiais, preferentemente a escala 1:5.000, ou no seu defecto escala 1:10.000. No caso de comunidades de montes veciñais en man común, deberanse presentar a maiores planos a escala 1:25.000. En caso de agrupacións, incluirase nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie con que participa cada membro da agrupación e, en calquera caso, ficha SIXPAC.

5.3. No caso de que os traballos solicitados no proxecto das actuacións se deban someter a avaliación de impacto ambiental, segundo o disposto na lexislación vixente, o solicitante deberá iniciar os trámites para a declaración de impacto ambiental.

5.4. O proxecto das actuacións que se presente deberá incluír unha epígrafe onde se definan os labores mínimas de mantemento e o seu orzamento para realizar en cada un dos cinco (5) anos de vixencia da prima de mantemento, ben que estas accións quedarán condicionadas á realidade cambiante das obras forestais.

5.5. Farase constar na solicitude e no proxecto das actuacións se a superficie de actuación comprende zonas de protección lateral do Camiño de Santiago e solicitaráselle de forma interna, antes da aprobación da axuda, informe á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

5.6. Farase constar na solicitude e no proxecto das actuacións se na superficie de actuación existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, que regula o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, e solicitaráselle de forma interna, antes da aprobación da axuda, informe á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

5.7. Farase constar na solicitude e no proxecto das actuacións se a superficie de actuación está dentro da Rede Natura 2000 e solicitaráselle de forma interna, antes da aprobación da axuda, informe ao Servizo de Conservación da Natureza; en caso de que o dito informe sexa desfavorable non se admitirá a trámite a solicitude de axuda, agás no caso de que a superficie dispoña dun plan de xestión forestal aprobado e co informe favorable do departamento competente en materia de conservación da natureza. Non se poderán realizar solicitudes de axuda sobre hábitats prioritarios.

5.8. Unha vez que sexa requirido pola Administración e antes da elaboración da proposta de resolución da concesión, de acordo co establecido no número 12.3 desta orde, os solicitantes presentarán o proxecto das actuacións que se levarán a cabo. No caso dos propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, será suficiente con presentar cuberto o anexo IX. No caso de comunidades de montes veciñais en man común, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas, propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas e sociedades e agrupacións de propietarios particulares, presentarán o proxecto e unha copia, asinado por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal e, en todo caso, nomearán un director de obra.

O proxecto das actuacións deberá conter, como mínimo, o seguinte:

– Estado legal do predio obxecto de solicitude de axuda: superficie, localización, estremeiros, accesos, ...

– Descrición das actuacións que se vaian levar a cabo.

– Especies que se van empregar, densidade final, quenda da especie, ...

– Cartografía: planos sobre mapas oficiais e, en calquera caso, ficha SIXPAC.

– Todas as consideracións técnicas descritas desde o número 5.1 ata o 5.7, ambos os dous incluídos, desta orde.

– Orzamento.

A planimetría do proxecto deberá estar xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum de traballo, en ficheiro DXF (nun CD), obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. O ficheiro DXF estruturarase da seguinte maneira:

Elemento do plano

Nivel ou capa

Cor

Observacións

Contorno da mouteira (especie anexo I)

1

Vermella

Contorno da mouteira (especie anexo II)

2

Morada

Código de mouteira

4

Negra

Corresponde cos códigos da portada

Pistas xa existentes

5

Azul

Pistas de nova creación

6

Azul escura

Pistas arranxadas

7

Azul clara

Devasas existentes

8

Verde

Devasas de nova creación

9

Verde escura

Código de propietario

12

Negra

Código do número 3 da solicitude

Artigo 6. Outras condicións técnicas.

6.1. As densidades mínimas de plantación deberán ser as seguintes:

a) Anexo I (coníferas): 1.100 plantas/ha, 1.600 plantas/ha, en zonas protectoras de montaña, situadas nas cabeceiras das bacías hidrográficas.

b) Anexo II (frondosas) en áreas de valgada: 625 plantas/ha.

No caso de frondosa (castiñeiro) para froito, a densidade de plantación será a correspondente a un marco de 12x12 (69 plantas/ha).

6.2. Coidados culturais mínimos:

Durante cinco (5) anos, contados a partir da data de remate dos traballos, realizarase obrigatoriamente, como mínimo, o control da vexetación de competencia e a reposición de marras, e no caso de que o estado da forestación o requira:

a) Podas de formación e de calidade.

b) Fertilización cando o estado da planta o demande.

c) Mantemento das infraestruturas de defensa da forestación.

Cando se trate de plantacións de castiñeiro para froito, realizarase o enxerto unha vez transcorra un ano, ou como máximo dous, desde a súa implantación.

6.3. Especies que se utilizarán: poderán ser obxecto de axuda:

• As plantacións coas especies comprendidas no anexo I desta orde, excepto en zona de valgada.

• As plantacións nas zonas de valgada, definidas no número 6.7 desta orde, unicamente coas especies sinaladas co asterisco (*) no anexo II desta orde.

• As plantacións con castañeiro para froito. A planta de castiñeiro que se subvenciona é o portaenxerto. O enxerto non se realizará ata transcorrido un ano desde a súa implantación.

Só se admitirán plantacións mixtas entre especies do mesmo anexo, coa limitación de tres especies diferentes como máximo.

6.4. Características da planta:

A planta empregada deberá cumprir o Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución e supletoriamente os requisitos de procedencia e calidade exterior exixidos polo Real decreto 289/2003 e sanitarios, regulados polo Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro.

– No caso de planta de frondosa en contedor, a planta deberá ser dun ou dous zumes e o tamaño mínimo do contedor será de 300 cc e de 200 cc para Alnus sp. e Betula sp.

– No caso de empregarse planta de frondosa a raíz núa, esta deberá ser de dous ou máis zumes, preferentemente repicada, excepto no caso de clons híbridos.

– No caso de plantación de castiñeiro para froito, deberá empregarse como porta-enxerto o castiñeiro (clave B7 do anexo II) ou o castiñeiro híbrido (clave B8 do anexo II) dos clons aprobados oficialmentemente pola Consellería do Medio Rural. Transcorrido un ano desde a súa plantación deberá ser enxertada. A variedade e método utilizado no enxerto terá que ser autorizado, logo de solicitude, pola Dirección Xeral de Montes.

• Condicións para a implantación do castaño para froito:

– A pendente do terreo será inferior ao 10%.

– A preparación do terreo farase preferentemente mediante aburatamento con retroescavadora ou aburatamento mecánico con ripper modificado. A dita preparación deberá ter unha profundidade mínima de 0,75 m e unhas dimensións mínimas de 0,75x0,75 m2.

– A excepción do Quercus rubra, do Pinus sylvestris e da Pseudotsuga menziesii, a planta que se empregue deberá garantir que a orixe e/ou a procedencia sexan galegas. A produción e a comercialización deste material poderá proceder de calquera persoa provedora da Unión Europea.

6.5. A lonxitude máxima subvencionable suma de arranxo e construcción de pista forestal, que se deberá realizar dentro da superficie obxecto de actuación, será de 40 metros lineais por hectárea de actuación, excepto no caso de solicitudes de propietarios particulares de xeito individual en superficies de actuación inferior a 10 hectáreas, que non as poderán solicitar.

6.6. As condicións técnicas mínimas e limitacións de uso que deben observarse figuran no anexo IV.

6.7. Quedarán excluídas de forestación subvencionable as especies do anexo I nas áreas de valgada, entendendo como tal aquela superficie ocupada polo contorno físico inmediato aos cursos permanentes de auga, desde estes ata unha distancia de 10 metros en sentido perpendicular a ambos lados da marxe do leito fluvial. As especies que poden ser atendidas na subvención solicitada nestas áreas de valgada son as sinaladas cun asterisco no anexo II.

6.8. Nos terreos obxecto de subvención, unha vez aprobada a axuda, colocarase en lugar visible desde o acceso, como mínimo, un cartel identificativo, segundo o modelo indicado no anexo VIII, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior as 10 hectáreas en que non é necesaria a colocación do cartel.

6.9. No caso de solicitudes de propietarios particulares de xeito individual en superficies comprendidas entre 3 e 10 hectáreas, non será necesaria a realización de áreas de defensa contra incendios forestais, agás que no correspondente plan de prevención e defensa contra incendios forestais o estableza.

6.10. Nos terreos obxecto de solicitude de axuda deberase cumprir, en todo caso, o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, no Decreto 105/2006, do 22 de xuño, que regula as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais e na Orde de 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal.

6.11. Poderanse tramitar peticións de axuda co obxecto de realizar traballos en montes que teñan subscrito un convenio ou consorcio coa Xunta de Galicia, logo de informe de viabilidade do Servicio Provincial de Montes correspondente. Os montes consorciados coa Administración non poden solicitar as axudas dentro da superficie consorciada; se ben aqueles montes para os cales se solicitase a rescisión do consorcio ou o paso a convenio con anterioridade á publicación desta orde si que poderán ser obxecto de axuda.

Os montes que teñan un convenio ou solicitasen o paso a convenio coa Xunta de Galicia, antes de propoñerse a aprobación da axuda, deberán ter un informe do Servicio Provincial de Montes correspondente.

6.12. En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas para traballos de forestación, áreas de defensa contra incendios forestais e infraestruturas de defensa en terreos nos cales o acordo de concentración parcelaria sexa firme. Non obstante, poderanse aprobar as axudas nos casos en que, non sendo firme o acordo, transcorresen seis (6) meses desde a toma de posesión dos predios de substitución, logo de informe favorable do Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias.

6.13. Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse destas axudas.

6.14. As mouteiras de rexenerado existentes nas superficies obxecto de actuación quedarán excluídas e deberanse manter, en todo caso, non interrompendo a continuidade do couto redondo da solicitude.

6.15. No caso de existiren valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico, literario e paisaxístico, delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

Artigo 7. Prioridades.

7.1. Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 16, segundo o tipo de beneficiario:

a) Propietarios particulares de xeito individual: 10%.

b) Sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais e outras persoas xurídicas (S.A., S.L., ...): 45%.

c) CMVMC con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 hectáreas: 20%.

d) CMVMC con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas: 25%.

7.2. Dentro de cada un dos puntos anteriores establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación:

a) Segundo estea clasificada a superficie no SIXPAC:

1. Forestal (FO): 5 puntos/hectárea.

2. Pasto con arboredo (PA): 10 puntos/hectárea.

3. Pasto arbustivo (PR): 10 puntos/hectárea.

b) Por especie:

1. Por hectárea forestada con especies do anexo I: 10 puntos.

2. Por hectárea forestada con especies del anexo II (*) na superficie de valgada: 10 puntos.

3. Por hectárea forestada con castiñeiro para froito:

3.1. Particulares de xeito individual, sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais e outras persoas xurídicas (S.A., S.L., ...): 15 puntos.

3.2. Comunidades veciñais en man común: 10 puntos.

c) No caso de montes veciñais en man común que invistan o 15 % ou máis dos seus ingresos nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude da axuda en melloras do monte, aplicarase a puntuación maior dos tres puntos seguintes:

1. Investimentos dun 15% a un 30% dos seus ingresos nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude da axuda: 10 puntos.

2. Investimentos de máis dun 30% a un 50% dos seus ingresos nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude da axuda: 15 puntos.

3. Investimentos de máis dun 50% dos seus ingresos nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude da axuda: 20 puntos.

d) No caso de montes veciñais en man común sen ingresos nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude da axuda: 10 puntos.

e) Por cada membro da sociedade ou agrupación de propietarios particulares, da cooperativa agrícola, do pro indiviso (copropietarios) ou da comunidade de bens: 1 punto.

f) No caso dunha sociedade ou agrupación de propietarios legalmente constituída con xestión conxunta: 20 puntos.

g) Sociedade ou agrupación de propietarios en zona concentración parcelaria de uso forestal: 10 puntos.

h) Monte con instrumento de xestión rexistrado: 10 puntos. (Orde do 12 de xuño de 1998 pola que se crea o Rexistro de Proxectos de Ordenación e Plans Técnicos de Xestión de Montes).

i) Montes con certificación forestal co sistema PEFC ou FSC: 20 puntos.

j) Monte veciñal en man común sen convenio ou consorcio: 5 puntos.

7.3. No caso de empate no tipo de beneficiario de sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais ou outras persoas xurídicas (S.A., S.L., ...), priorizarase segundo os seguintes criterios:

a) Solicitudes que sumen un maior número de propietarios.

b) No caso de seguir empatados, por maior superficie de actuación.

7.4. De persistir o empate, de maior a menor valor das catro últimas cifras do DNI ou CIF do titular dos terreos.

7.5. No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se cubra a totalidade do importe especificado nos distintos puntos, os importes sobrantes dos distintos puntos pasarán aos demais para facer fronte aos expedientes solicitados.

Artigo 8. Superficies mínimas e máximas para solicitar as axudas e superficies excluídas:

A) Superficie mínima:

1. Para montes veciñais en man común, con superficie clasificada menor o igual a 50 hectáreas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 5 hectáreas nun couto redondo, e admitirase máis dun couto redondo sempre e cando supere a superficie mínima. Cando a axuda sexa para plantar castiñeiro para froito, a superficie de actuación mínima será de 15 hectáreas en, como máximo, tres unidades de superficie en couto redondo, sendo a extensión mínima de cada unha delas a equivalente ao 25 por 100 da dita superficie. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

2. Para montes veciñais en man común, con superficie clasificada superior a 50 hectáreas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 15 hectáreas nun couto redondo, admitirase máis dun couto redondo sempre e cando supere a superficie mínima. Cando a axuda sexa para plantar castiñeiro para froito, a superficie de actuación mínima será de 15 hectáreas en, como máximo, tres unidades de superficie en couto redondo, sendo a extensión mínima de cada unha delas a equivalente ao 25 por 100 da dita superficie. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

3. Para cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas ou sociedades e agrupacións de propietarios particulares, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 15 hectáreas en, como máximo, tres unidades de superficie en couto redondo, sendo a extensión mínima de cada unha delas, a equivalente ao 25 por 100 da dita superficie. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

4. Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación mínima por solicitude será de 3 hectáreas nun couto redondo e non se admitira máis dun couto redondo. Cando a axuda sexa para plantar castiñeiro para froito, a superficie de actuación mínima por solicitude será de 5 hectáreas nun couto redondo e non se admitirá máis dun couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

B) Superficie máxima:

1. Para montes veciñais en man común, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 35 hectáreas, e admitirase máis dun couto redondo sempre e cando supere a superficie mínima. Cando a axuda sexa para plantar castiñeiro para froito, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 35 hectáreas en, como máximo, tres unidades de superficie en couto redondo, sempre e cando supere a superficie mínima. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

2. Para cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas ou sociedades e agrupacións de propietarios particulares, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 25 hectáreas en, como máximo, tres unidades de superficie en couto redondo, sempre e cando supere a superficie mínima. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

3. Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación máxima por solicitude será de 15 hectáreas nun só couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

C) Excluiranse da superficie de actuación os enclavados de extensión igual ou superior a 100 m2, liñas eléctricas, pistas, estradas, ...

Artigo 9. Compromisos.

Os beneficiarios das axudas comprometeranse expresamente ao cumprimento das condicións previstas nesta orde.

9.1. Compromisos de mantemento e conservación:

O titular comprométese a manter a forestación conforme as condicións de comprobación e a conservar a masa creada durante a quenda da especie e proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus xuros legais se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados silvícolas por parte do solicitante. Así mesmo, deberanse manter operativas as súas infraestructuras de acompañamento e área de defensa da masa.

– No caso de agrupacións de propietarios:

A responsabilidade do bo fin da actuación será exixible a cada propietario membro da agrupación.

Os integrantes da agrupación comprométense a levar unha xestión conxunta da forestación durante a quenda da especie.

– No caso de sociedades e agrupacións de propietarios ou comunidades de bens, todos os seus membros se comprometen a cumprir todos os compromisos e obrigas establecidos nesta orde, así como na demais normativa concorrente.

9.2. Se as superficies forestadas se transmitisen en todo ou en parte durante o período de compromiso, adecuaranse as primas á situación do novo titular, e deberá, en todo caso, o novo titular cumprir as condicións exixibles para a percepción das axudas que se lle outorgaron.

9.3. Poderán ter lugar usos gandeiros complementarios cando estes xa non prexudiquen a forestación, logo da autorización do Servizo de Montes da provincia correspondente.

9.4. Se, unha vez efectuada a solicitude e antes da forestación, o terreo fose obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o beneficiario deberallo comunicar inmediatamente, por escrito, ao Servicio de Montes co obxecto de adecuar a memoria descritiva das actuacións á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

9.5. No caso de abandono ou destrución da plantación por calquera causa, suspenderanse todas as axudas pendentes ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar, no prazo máximo dun mes, os feitos e circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de parte da plantación.

9.6. O beneficiario comprométese en todo momento a lle facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á Consellería do Medio Rural nas materias relacionadas con esta orde.

9.7. Nos montes conveniados ou consorciados que formen parte do Sistema de Xestión Forestal Sustentable da Xunta de Galicia, os beneficiarios das axudas comprométense a cumprir co establecido no Manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable, que forma parte do Sistema de Xestión Forestal Sustentable da Xunta de Galicia.

9.8. En todos os casos, e para calquera tipo de titular, o persoal que executou os traballos deberá estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social, e poderase solicitar en calquera momento que verifique que cumpre o dito requisito.

Artigo 10. Solicitudes.

10.1. As solicitudes das axudas deberán ser cubertas nos modelos formalizado para os efecto, segundo consta no anexo V adxunto, facilitados polos órganos periféricos e centrais da Consellería do Medio Rural. As ditas solicitudes presentaranse no Rexistro Único da Xunta, nos rexistros oficiais dos departamentos territoriais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e, irán dirixidas ao Conselleiro do Medio Rural.

10.2. Neste modelo formalizado de solicitude inclúese unha declaración xurada, ao abeiro do establecido no artigo 20.4 da Lei de subvencións de Galicia, en que o solicitante declara baixo o seu xuramento e responsabilidade que todos os datos reflectidos na solicitude/declaración xurada son certos, sen prexuízo da presentación da xustificación acreditativa dos requisitos que nela se reflicten, con anterioridade á proposta de resolución da concesión, no prazo máximo de dez días desde o seu requirimento por parte da Administración.

Entre outros datos, esta declaración xurada inclúe:

• A declaración do beneficiario da axuda do conxunto de todas as solicitudes percibidas, solicitadas ou autorizadas para o mesmo proxecto ou actividade que a axuda solicitada ao abeiro desta orde, ante as administracións públicas competentes ou doutros entes.

• Os datos SIXPAC das parcelas obxecto de solicitude de axuda.

• Para todo tipo de titulares de terreos, excepto comunidades de montes veciñais en man común: a declaración xurada de ser o titular da propiedade.

• Para agrupacións de propietarios particulares (agrupación forestal) para esta petición: o consentimento de todos os propietarios e a designación dun solicitante-representante.

• Para varios copropietarios (pro indiviso) ou comunidades de bens: o consentimento de todos os condonos e a designación dun solicitante-representante.

10.3. Deberanse cubrir obrigatoriamente todos os datos solicitados no impreso formalizado, xa que serán a base para priorizar as solicitudes presentadas.

Artigo 11. Prazos.

11.1. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

11.2. Soamente se poderá presentar unha solicitude por titular e ano e para os terreos que estean nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50% dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase empregar un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

11.3. Os traballos obxecto de solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da aprobación da axuda.

Artigo 12. Tramitación e documentación.

12.1. Presentada a solicitude, revisarase e, no caso de que conteña defectos ou omisións, concederase un prazo de dez (10) días hábiles para a súa emenda, coa indicación de que, se non se fixese, se terá por desistido da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 42 da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. A notificación deste feito, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido nos artigos 59.6 b), 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia. Se a instrución do procedemento o aconsellase, o órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web pola notificación individualizada de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

Os datos omitidos ou erróneos da solicitude/declaración xurada, unha vez transcorrido o trámite de emenda, non se terán en conta na priorización.

12.2. O órgano competente para levar a cabo a tramitación desta orde de axudas é a Dirección Xeral de Montes. Os Servizos Provinciais de Montes proporanlle á Dirección Xeral Montes, como órgano xestor, a aprobación das solicitudes presentadas que cumpran todos os requisitos desta orde; a Subdirección Xeral de Recursos Forestais valorará as solicitudes de axuda segundo os criterios de prioridade establecidos no artigo 7 e clasificaraas por orde decrecente.

12.3. Antes da elaboración da proposta de resolución da concesión, a Administración requirirá aos solicitantes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo aos criterios de priorización cubran a dispoñibilidade orzamentaria, acheguen a documentación acreditativa dos datos reflectidos na declaración xurada a que se refire o apartado 10.2 desta orde, e que se concreta a continuación, no prazo máximo de dez días contados desde o seguinte á recepción da notificación do requirimento:

Documentación xustificativa dos requisitos reflectidos na declaración xurada:

• En xeral:

a) Fotocopia do DNI, NIF, CIF do beneficiario.

As persoas físicas que consintan expresamente na solicitude a autorización de comprobación por parte do órgano competente da Administración, a través de medios electrónicos, dos seus datos persoais, non terán que presentar a copia do DNI ou NIF.

b) No caso de comunidades de montes veciñais en man común, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas, propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas e sociedades e agrupacións de propietarios particulares, deberase presentar o proxecto e unha copia, asinado por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal, e o nomeamento do director de obra segundo o indicado no artigo 5 desta orde. O orzamento do proxecto non poderá ser de contía superior á cantidade estimada na solicitude.

c) Documento descritivo das actuacións, ou anexo IX, no caso de propietarios particulares a que se fai referencia no número 5.8 desta orde.

• Para todo tipo de titulares de terreos, excepto comunidades de montes veciñais en man común:

– No caso de concentracións parcelarias sen títulos, presentarase un certificado do Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias e, no caso de non dispor do dito certificado, presentarase unha declaración xurada de propiedade e unha fotocopia da solicitude do dito certificado.

• Para comunidades de montes veciñais en man común:

– Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o presidente da comunidade a pedir axudas á Consellería do Medio Rural para a execución das accións obxecto da solicitude.

• Documentación complementaria:

1.º Para agrupacións de propietarios particulares:

– No caso de sociedades e agrupacións legalmente constituídas: CIF e documento acreditativo de constitución desta onde conste as persoas que forman parte da dita sociedade ou agrupación.

2.º No caso de cooperativas agrarias: copia dos estatutos.

3.º No caso de comunidades de bens: documentación acreditativa, documento asinado por todos os membros da comunidade de bens de cumprir todos os compromisos e obrigas establecidos nesta orde, así como na demais normativa concorrente e nomeamento do representante.

4.º No caso doutras entidades xurídicas: copia dos estatutos ou escrituras de constitución e acreditación da persoa física que as representa.

5.º No caso de entidades locais: certificado do secretario municipal conforme foi informada a comisión de goberno da solicitude de axuda.

• Documentación adicional:

– Montes veciñais en man común que invistan como mínimo o 15 % dos seus ingresos en melloras do monte nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude da axuda ou non teñan ingresos: anexo VI debidamente cuberto.

12.4. Os servizos provinciais de Montes analizarán a documentación xustificativa. No caso de discrepancia entre a solicitude/declaración xurada e a documentación acreditativa dos criterios obxecto da priorización na axuda, dado que se trata dun procedemento por concorrencia competitiva que afecta terceiros, a solicitude declararse decaída no seu dereito a trámite.

12.5. A Subdirección Xeral de Recursos Forestais emitirá un informe onde se reflicten os criterios de priorización, as solicitudes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo a estes criterios, cubrirán a dispoñibilidade orzamentaria, os solicitantes que presentaron correctamente a documentación acreditativa a que se refire o apartado 12.3 desta orde, así como as incidencias que desen lugar ao decaemento en trámite dalgunha solicitude, e elevarao ao director xeral de Montes para que sexa formulada a proposta de resolución das solicitudes tramitadas correctamente, e continúe o procedemento para a súa aprobación e execución das actuacións.

Por outra banda, requirirase a documentación xustificativa aos seguintes solicitantes que, de acordo coa clasificación a que se refire o número 12.2 desta orde, completen de novo a dispoñibilidade orzamentaria, e procederase seguidamente do mesmo xeito que se establece desde o número 12.4.

12.6. Con base no dito informe, o director xeral de Montes formulará a proposta de resolución e, de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, elevaraa ao conselleiro do Medio Rural.

O conselleiro do Medio Rural resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

12.7. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de nove meses, contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da mesma lei.

12.8. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De conformidade co establecido no artigo 59.6 b) da indicada lei, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresarán, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpoñelos.

12.9. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 13. Execución e xustificación.

13.1. Na resolución indicarase o prazo para a execución dos traballos, que con carácter xeral non será inferior a 2 meses.

13.2. En cumprimento do disposto no artigo 29, punto 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dentro do prazo dun mes, cando o importe do investimento supere os 30.000 euros o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas a diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable.

13.3. Para os efectos do disposto no artigo 29, punto 2, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e dado que existen módulos para cada unidade de obra que supoñen que, en ningún caso, o custo de execución dos traballos subvencionados poda ser superior ao valor de mercado, considérase gasto realizado o que foi efectivamente comprobado por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural.

13.4. O beneficiario poderá subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada, conforme o previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O beneficiario poderá subcontratar con terceiros o 100% do importe do investimento da actividade subvencionada.

Os contratistas quedarán obrigados só fronte ao beneficiario, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade fronte á Consellería de Medio Rural.

13.5. Dous funcionarios da Consellería do Medio Rural realizarán unha inspección no campo para verificar as superficies, comprobar os datos da solicitude e comprobar a viabilidade dos traballos. Esta inspección poderase realizar antes da resolución de aprobación.

13.6. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo.

Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas.

No caso de que o importe xustificado polo beneficiario coa notificación de remate dos traballos supere en máis dun 3% o importe da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural, reducirase a maiores a axuda que se deberá percibir resultante da comprobación final na diferenza entre ambos os importes. Non obstante, non se aplicará ningunha reducción se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe xustificado.

Poderán admitirse certificacións parciais, por petición por escrito do solicitante, para importes de certificación superiores a 12.020,24 €.

13.7. As prórrogas serán solicitadas motivadamente e cun mes de antelación ao remate do prazo para a execución dos traballos. Terán unha duración máxima de 6 meses e serán propostas polos servizos de montes ao director xeral de Montes, quen elevará a proposta ao conselleiro do Medio Rural, quen resolverá.

13.8. Xunto coa notificación de remate dos traballos, achegarase a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

– Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas. No caso de solicitudes cunha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas, a acreditación deberá estar asinada por un enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal.

– Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos na anexo III.

– Un detalle doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia.

c) Arquivo gráfico (medición con GPS) coa superficie afectada polos traballos de forestación.

d) As facturas en orixinal, que se marcarán cun selo indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención; neste último caso reflectirase a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

e) Documentación da planta empregada de todas as especies incluídas no anexo I e XII Real decreto 289/2003: pasaporte fitosanitario, etiquetas e documentos do provedor consonte os modelos especificados no anexo IX do Real decreto 289/2003, cos requisitos de calidade exterior exixidos no artigo vixésimo oitavo do Decreto 220/2007.

f) Certificado final de obra emitido polo director de obra, excepto no caso de superficie inferior a 10 hectáreas, no cal figure unha relación valorada dos traballos executados.

g) Certificación bancaria a nome do titular do terreo; no caso de agrupacións nesta conta deberán ser titulares conxuntos todos os titulares que formen parte da agrupación, excepto sociedades e agrupacións legalmente constituídas. Nas agrupacións permítese a sinatura mancomunada da conta bancaria nun membro da agrupación.

13.9. Pagamentos das primas de mantemento:

a) As primas de mantemento poderán ser aboadas, logo de solicitude (anexo X) anterior ao 30 de xuño de cada ano, a partir do ano seguinte a aquel en que se aboou a certificación final dos traballos de forestación, e durante 5 anos, sempre e cando se axusten ao disposto no artigo 6; punto 2. Coa solicitude presentarase factura ou, no caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, un documento xustificativo de tal circunstancia, en que figurarán horas de traballo/superficie, custo/hora ... e de posuír a maquinaria empregada na realización dos traballos, xunto cos xustificantes dos gastos polo importe total do investimento.

b) As facturas presentaranse en orixinal e marcaranse cun selo que indique: a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención; neste último caso reflectirase a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

c) Os pagamentos correspondentes a estas primas efectuaranse sempre que o estado da masa sexa o satisfactorio de acordo co plan de controis.

d) A superficie de referencia para o cálculo da prima de mantemento será a superficie declarada na solicitude de pagamento cando é inferior á superficie determinada; e a superficie determinada cando é inferior á declarada. A porcentaxe de sobredeclaración calcúlase aplicando a seguinte fórmula:

Superficie declarada − Superficie determinada

% Sobredeclaración = -------------------------------------------------------------------- x 100

Superficie determinada

e) Cando, como consecuencia do control administrativo ou sobre o terreo se detecten sobredeclaracións, procederán as seguintes reducións e exclusións:

1.º Se a sobredeclaración é superior ao 3% ou a 2 ha, pero igual ou inferior ao 20%, a axuda calcúlase sobre a base da superficie determinada minorada no dobre da diferenza detectada.

2.º Se a sobredeclaración é do 20-30%, non se concederá ningunha axuda para a medida a que se vincule a superficie en cuestión.

3.º Se a sobredeclaración é do 30-50%, o beneficiario quedará excluído da axuda ao desenvolvemento rural a que tivese dereito durante o ano civil en cuestión, e polas medidas vinculadas á superficie.

4.º Se a sobredeclaración é superior ao 50%, ademais reteráselle un importe igual ao correspondente á diferenza entre a superficie declarada e determinada. Este importe deducirase de calquera pagamento que se lle aboe con cargo a calquera axuda PAC ou de desenvolvemento rural durante os 3 anos civís seguintes ao descubrimento da irregularidade. Pasado tal prazo, cancélase o saldo sen cubrir.

5.º Se as diferenzas entre superficie declarada e determinada son imputables a irregularidades cometidas intencionadamente, o beneficiario quedará excluído da axuda a que tivese dereito, e ademais reteráselle o mesmo importe, que se deducirá de calquera pagamento que se lle aboe con cargo a calquera axuda PAC ou de desenvolvemento rural, durante os 3 anos civís seguintes ao descubrimento da irregularidade. Pasado tal prazo, cancélase o saldo sen cubrir.

Artigo 14. Revogacións.

14.1. A axuda poderá revogarse, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos:

En xeral:

a) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destinar as axudas a fins distintos aos sinalados na solicitude.

b) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

c) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás entidades colaboradoras e aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

e) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na Lei 14/2006.

f) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables rexistrais ou de conservación de documentos, cando signifique a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade remitidas de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

g) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

h) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, segundo o establecido nesta orde, na Lei 9/2007 e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención

• E, en particular:

j) Execución de menos do 80% das accións previstas sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.

k) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou, se é o caso, da prórroga concedida.

l) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

m) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que impliquen obrigas por parte do beneficiario.

n) Non presentar nun prazo dun mes, contado a partir da notificación da resolución de aprobación, o proxecto, unha copia deste, e o nomeamento do director de obra segundo o especificado no artigo 5.

Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora xerados desde o seu pagamento, sen prexuízo das responsabilidades que procedesen.

Se se descobre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído da axuda para a medida en cuestión durante o exercicio do Feader de que se trate e durante o exercicio do Feader seguinte.

14.2. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e coa orde establecida.

14.3. Naqueles supostos nos cales o importe das subvencións recibidas polo beneficiario excedan os custos da actividade, procederase a solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

Artigo 15. Controis.

15.1. A Consellería do Medio Rural realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas.

15.2. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por parte da Consellería do Medio Rural, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas e as instancias de control comunitarias.

15.3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen realizar o pertinente control sobre o terreo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión reguladas no Regulamento (CE) 65/2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento 1698/2005 do Consello no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

15.4. A Consellería do Medio Rural, ao abeiro do establecido no Regulamento (CE) 65/2011, realizará controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude, así como controis sobre o terreo antes do pagamento final dunha mostra que represente polo menos o 4% do gasto público cada ano civil e polo menos o 5% do gasto público subvencionable en todo o período de programación, así como a posibilidade, de ser o caso, de sometemento a controis a posteriori dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

Cada ano realizaranse controis sobre o terreo sobre un mínimo do 5% do conxunto de beneficiarios de medidas SIXC (primas de mantemento).

Artigo 16. Financiamento.

As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios dos anos 2011 e 2012, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

– Ano 2011: 500.000 € na aplicación orzamentaria 13.05.713B.770.0.

– Ano 2012: 4.000.000 € na aplicación orzamentaria 13.05.713B.770.0.

Para facer fronte ás primas de mantemento destínase unha partida global de 6.000.000.00 € distribuídos nas anualidades 2013, 2014, 2015, 2016 e 2017, 1.200.000.00 € por anualidade con cargo á mesma aplicación orzamentaria.

Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 17. Infraccións e sancións.

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Alteración de condicións.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 19. Obrigas.

19.1. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, e a levar un sistema de contabilidade separado, ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde.

19.2. O solicitante e o beneficiario están obrigados a realizar a actividade ou a adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

19.3. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á Consellería de Cultura e Turismo, de conformidade coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.

19.4. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago seranlle comunicadas polo solicitante á Consellería de Cultura e Turismo, co obxecto de contar coa súa autorización previa, de conformidade coa Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos Camiños de Santiago.

Artigo 20. Avaliación de impacto ambiental.

De conformidade co disposto no artigo 1, punto 2 da Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1320/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, fíxanse os limiares de acordo cos criterios do seu anexo III, por debaixo dos cales as actuacións que se realicen ao abeiro desta orde non se deben someter a avaliación de impacto ambiental:

1. Superficie de actuación menor de 50 ha.

2. Superficie de actuación continua acumulada con outros proxectos realizados ao abeiro de convocatorias de axudas anteriores do Programa de forestación de terras agrarias menor de 1.000 ha.

Artigo 21. Medidas informativas e publicitarias.

Conforme o establecido no artigo 58 e no anexo VI do Regulamento (CE) 1974/2006, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo VI do referido regulamento. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 50.000 euros, o beneficiario deberá colocar unha placa explicativa na cal figurará unha descrición do proxecto así como a bandeira europea e o lema «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural».

Artigo 22. Comprobacións.

22.1. O beneficiario comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a entidade concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvenciones e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación do Regulamento (CE) 65/2011.

22.2. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.

22.3. A Dirección Xeral de Montes, como órgano xestor, antes de levar a cabo a valoración das solicitudes de axuda, comprobará que os beneficiarios cumpren coas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social; nas agrupacións de propietarios todos os membros cumprirán as ditas obrigas excepto no caso de sociedades legalmente constituídas. No caso de concesión da axuda, esta comprobación tamén se levará a cabo antes de cada pagamento.

Disposición adicional primeira.

As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas para o cesamento anticipado da actividade agraria e con calquera outro réxime de axuda comunitaria.

Disposición adicional segunda.

De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposición derradeira primeira.

Facultase ó director xeral de Montes para ditar todas as disposicións necesarias para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I
Coníferas

Todas as especies se consideran de crecemento lento por quenda maior de 20 anos.

A1

Piñeiro do país (altitude menor de 1.000 m s.n.m.)

Pinus pinaster

A2

Piñeiro silvestre

Pinus sylvestris L.

A3

Piñeiro insigne

Pinus radiata D. Don.

A4

Pseudotsuga

Pseudotsuga menziesii.

ANEXO II
Frondosas

Todas as especies se considéran de crecemento lento por quenda maior de 20 anos.

B1

Ameneiro

Alnus glutinosa (L.) Gaertn. (*)

B2

Bidueiro

Betula SP. (*)

B3

Chopo mouro

Populus nigra. (*)

B6

Freixo

Fraxinus excelsior L. (*)

Fraxinus angustifolia Vahl. (*)

B7

Castiñeiro

Castanea sativa Mill.

B8

Castiñeiro híbrido

Castanea X hybrida (resistente tinta)

(Clon aprobado por orde da Consellería do Medio Rural)

B9

Cerdeiras silvestres e híbridos de produción madeireira

Prunus avium L. (*)

B10

Carballo

Quercus robur L. (*)

B15

Nogueira americana e híbridos de produción madeireira

Juglans nigra (*)

B20

Carballo americano

Quercus rubra (*)

B21

Pradairo

Acer pseudoplantanus (*)

(*) Especies subvencionables en áreas de valgada.

ANEXO III
Anexo de prezos máximos atendibles de unidades de obra de forestación

1. Acción previa sobre o mato.

Concepto

Importe

N.º de clave

Ha de roza manual.

1.195,84

1

Ha de roza mecanizada.

474,76

2

Ha de tratamento fitocida.

288,11

38

Importes en euros

2. Preparación do solo.

Concepto

Importe

N.º de clave

Apertura mecanizada dun burato con bulldozer.

0,51

40

Apertura manual dun compartimento picado de 30 cm de diámetro e profundidade mínima de 30 cm.

1,04

4

Apertura manual dun burato de 40 cm x 40 cm con profundidade mínima de 40 cm.

1,10

5

Ha de preparación do solo con subsolaxe simple con profundidade mínima de 50 cm e cun ripper.

345,13

10

Ha de preparación do solo con subsolaxe simple con profundidade mínima de 50 cm e 2 ripper.

410,87

45

Ha de preparación do solo con subsolaxe cruzada con profundidade mínima de 50 cm.

603,98

37

Ha de preparación do solo con camallón.

547,82

42

Labra superficial.

223,01

11

Apertura dun burato de 60 cm x 60 cm x 60 cm con retroaraña.

0,83

82

Apertura dun burato de 60 cm x 60 cm x 60 cm con retroaraña, incluída á roza.

1,05

83

Unidade aburatamento de 60 cm x 60 cm x 60 cm mecanizado con escavadora.

1,06

18

Unidade aburatamento de 75 cm x 75 cm x 75 cm mecanizado.

1,09

84

Importes en euros

3. Implantación vexetal.

Concepto

Importe

N.º de clave

Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes, ou frondosa dun zume a raíz núa.

0,40

13

Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes, ou frondosa dun zume en colector.

0,23

14

Plantación de planta en colector e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con bulldozer.

0,46

46

Plantación dunha conífera a raíz núa e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con bulldozer.

0,63

47

Plantación dunha frondosa a raíz núa e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con bulldozer.

0,63

48

Plantación manual dunha frondosa de dous zumes ou con máis de 1 m de altura sobre aburatamento mecanizado con escavadora ou manual.

0,66

17

Importes en euros

4. Outras accións incluíbles na forestación.

Concepto

Importe

N.º de clave

Ha de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra).

227,71

19

Unidade de protector de planta, incluso colocado.

1,53

41

Ha de área de defensa contra incendios forestais.

616,30

49

Ha de área de defensa contra incendios forestais lindante con pista forestal.

364,48

50

Unidade de cartel identificativo.

255,00

51

Importes en euros

5. Unidade planta.

Concepto

Importe

Nº de clave

Ud. conífera 1 zume a raíz núa.

0,13

23

Ud. conífera de 2 zumes a raíz núa .

0,16

52

Ud. pseudotsuga 2 zumes a raíz núa.

0,30

24

Ud. conífera, 1 zume con terrón.

0,24

31

Ud. pseudotsuga 2 zumes con terrón.

0,35

32

Ud. Frondosa 1 zume maior de 20 cm. e ata 35 cm.

0,36

25

Ud. Frondosa 1 zume maior de 30 cm. con terrón.

0,43

33

Ud. Frondosa 2 zumes repicado maior de 35 cm e ata 60 cm.

0,86

53

Ud. Frondosa 2 zumes repicado maior de 60 cm e ata 100 cm.

1,26

54

Ud. Frondosa 2 zumes repicado maior de 100 cm.

1,65

55

Ud. Castiñeiro híbrido resistente de 0,5 ata 1 m, de 1 zume.

2,13

26

Ud. Castiñeiro híbrido resistente de máis de 1 ata 2 m, de 1 zume.

3,20

27

Ud. Castiñeiro híbrido resistente de 0,5 ata 1 m, de 2 zumes.

3,19

85

Ud. Castiñeiro híbrido resistente de máis de 1 ata 2 m, de 2 zumes.

4,24

86

Importes en euros

6. Infraestruturas de acompañamento das novas forestacións que se realicen ao abeiro desta orde.

Metro lineal de peche mediante poste de madeira tratada de 6-8 cm de diámetro e 2 m de altura cada 5 m e malla cinexética.

7,58

15

Km de pista forestal (apertura).

7.997,96

10

Km de arranxo de pista forestal (incluíndo pasos de auga).

2.956,07

11

Importes en euros

ANEXO IV
Limitacións de uso e condicións técnicas mínimas dos traballos

Traballo

Limitacións de uso

Condicións técnicas mínimas que deben cumprir os traballos

Roza manual

• Pendentes superiores ao 35%.

• Zonas en que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados.

• A altura do mato unha vez rozado non superará os 10 cm.

Roza mecánica

• Pendentes iguais ou inferiores ao 35%, agás xustificación técnica.

• A altura do mato unha vez rozado non superará os 10 cm.

Tratamento fitocida

• Non utilizar en zonas de valgada.

• Utilizar produtos sistémicos non residuais.

Labra superficial

• Vexetación herbácea.

• Pendentes comprendidas entre 0-15%.

• Profundidade do labra maior de 20 cm.

Compartimentos picados

• Pendentes superiores ao 35%.

• Zonas en que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados.

• Dimensións mínimas de 30x30x30 cm.

Buratos manuais

• Pendentes superiores ao 35%.

• Zonas en que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados.

• Dimensións mínimas de 40x40x40 cm.

Subsolaxe lineal

• Pendentes comprendidas entre 0-35%.

• Traballarase no sentido que permita a posterior mecanización dos traballos de mantemento.

• Levantarase o ripper 2 m cada 10 m en caso de pendentes maiores do 20%.

• Profundidade maior de 50 cm.

Aburatamento mecanizado con bulldozer

• Xustificar a súa utilización en pendentes inferiores ao 35%.

• Profundidade do labor ao final do burato, medida desde o nivel do solo sen alterar, maior de 50 cm.

• Lonxitude total do burato, incluído o burato e o lombo de terra sacada do burato, comprendida entre 150-200 cm.

• Largura superficial no comezo do burato, medido ao nivel do solo sen alterar, maior de 40 cm.

• Largura superficial ao final do burato, medido ao nivel do solo sen alterar, maior de 60 cm.

Camallón con desfondamento lineal

• Zonas con alagamentos.

• Só se fará cando a realización dos traballos non produza o inversión de horizontes (horizonte A de profundidade maior de 50 cm).

• Realizarase mediante o pase de polo menos dous vesos.

• Profundidade do corte da labradura, medida desde o nivel do solo sen alterar, maior de 40 cm.

• Largo total do camallón, incluíndo o suco e o lombo volteado, maior de 150 cm.

Aburatamento mecanizado con escavadora

• Plantación de frondosas de altura maior de 100 cm.

• Dimensións mínimas de 60x60x60 cm.

• Pendente máxima do 10%.

Fertilización completa

• Realizarase con fertilizantes CEE o UE, de aplicación localizada e liberación lenta, adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, co fin de evitar a contaminación dos acuíferos.

• Os fertilizantes poderán aplicarse en forma de pastillas ou cápsulas resinadas.

Área de defensa contra incendios forestais.

• Obrigatoria, agás xustificación técnica, no caso de CMVMC, sociedades e agrupacións de propietarios ou outros.

• Terán un largo mínimo de 10 m.

• Terán unha franxa central de 5 metros con decapaxe ata solo mineral e dous franxas laterais de polo menos 2,5 metros de largo nas cales se realizará unha roza a feito.

• No caso de coincidir no perímetro unha pista forestal, débese realizar unha roza nunha franxa de largo igual ao resultado de restar a 10 metros o largo da pista en metros.

• Procurarase integrar noutras existentes.

• Practicaranse cortas transversais, cunha pendente lonxitudinal do 2 % e distanciadas 50 m a partir da pendentes daquelas superiores ao 20 %

Apertura de pista

• Non se superará a densidade de 40 m de pista/ha.

• Nas áreas de montaña a densidade non poderá superar os 20 m de pista/ha.

• Adaptaranse no seu trazado ao contorno natural do terreo.

• A largura da caixa, incluídos foxos e plataforma, terá entre 3-5 m e dotarase dos pasos de auga e foxos necesarios

• A pendente máxima da rasante non superará o 12%.

• A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2% para facilitar a evacuación das augas cara aos foxos.

• Realizaranse suficientes apartadoiros para garantir a circulación en ambos os sentidos.

• Dotaranse as pistas ou camiños de polo menos 2 pasos de auga por quilómetro.

• Eliminarase o cordón que se podería formar na parte exterior da pista ao abrir a caixa.

• Nos tramos con pendente, realizaranse cortes transversais en forma de cano dirixidos ao exterior da pista para facilitar a evacuación das augas cada 50 m.

Mellora de pista

• Só se realizará sobre as pistas que conten cunha largura de caixa, incluídos foxos e plataforma, maior de 3 m.

Non se superará a densidade de 40 m de pista/ha.

• A pendente máxima da rasante non superará o 12%.

• A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2% para facilitar a evacuación das augas cara aos foxos.

• Realizaranse suficientes apartadoiros para garantir a circulación en ambos os sentidos.

• Dotarase as pistas ou camiños de polo menos 2 pasos de auga por quilómetro.

• Nos tramos con pendente realizaranse cortes transversais en forma de cano dirixidos ao exterior da pista para facilitar a evacuación das augas cada 50 m.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file