María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1134/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana López Sabín contra a empresa Electrónica Alpres, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:
«Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade interpuxo Susana López Sabín contra a empresa Electrónica Alpres, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Electrónica Alpres, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 7.471,65 euros brutos como indemnización por despedimento obxectivo (60%), sen que sexa de aplicación o xuro do 10 % solicitado.
Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.
Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderán anunciar por comparecencia ou por escrito neste xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.
Se o recurso o interpón a parte demandada, non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150,25 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1 a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada. A empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución, ao dispor deste xulgado, de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.
Dedúzase testemuño literal deste sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.
Así, por esta miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.
A Coruña, 10 de xuño de 2011.
A secretaria xudicial
Rubricado

