Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 12 de xullo de 2011 Páx. 19237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2011 pola que se fai pública a aprobación definitiva e as disposicións normativas do proxecto sectorial do parque empresarial de Touro (A Coruña), aprobado mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de xuño de 2011.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, faise pública a aprobación definitiva, mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de xuño de 2011, do proxecto sectorial do parque empresarial de Touro (A Coruña), sometido a información pública mediante Anuncio do 1 de abril de 2008 (DOG n.º 80, do 25.4.2008).

Así mesmo, en virtude do artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de marzo, de ordenación do territorio de Galicia (modificado pola Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia) fanse públicas as disposicións normativas do proxecto sectorial do parque empresarial de Touro (A Coruña) para a súa entrada en vigor:

Normativa urbanística.

1. Normas xerais.

1.1. Normas xerais de procedemento.

1.1.1. Ámbito.

As presentes ordenanzas do proxecto sectorial teñen por obxecto a regulamentación do uso dos terreos e da edificación pública e privada, todo isto de acordo coas especificacións contidas no número 2.4.5 do Plan Sectorial de Ordenación Territorial de Áreas Empresariais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia-texto refundido, dentro da actuación industrial denominada parque empresarial de Touro, sita no dito termo municipal.

O ámbito de aplicación das normas e ordenanzas do presente proxecto sectorial é o delimitado no plano de zonificación correspondente.

1.1.2. Natureza.

As ordenanzas reguladoras do proxecto sectorial constitúense de acordo coa Lei de ordenación urbanística e protección de medio rural de Galicia (Lei 9/2002, do 30 de decembro) e a súa posterior modificación (Lei 15/2004).

Nos artigos que seguen inclúense unha serie de conceptos coas súas definicións correspondentes.

1.1.3. Vixencia.

O proxecto sectorial terá vixencia indefinida en tanto non varíen os criterios adoptados para a súa formulación. O devandito proxecto entrará en vigor coa publicación do acordo de aprobación definitiva e as disposicións normativas no Diario Oficial de Galicia.

1.1.4. Funcións de control.

Corresponde ao Concello de Touro a supervisión e o control do presente proxecto sectorial e das figuras e instrumentos de planeamento que o desenvolvan, todo iso en cumprimento das súas competencias en materia urbanística.

1.1.5. Instrumentos de desenvolvemento do proxecto sectorial.

Os instrumentos de desenvolvemento do presente proxecto sectorial serán:

– Os proxectos de urbanización.

– Os estudos de detalle.

A) Proxectos de urbanización.

Os proxectos de obras de urbanización teñen por obxecto, entre outros, a realización material das determinacións do proxecto sectorial.

Os devanditos proxectos de urbanización axustaranse ás determinacións dos artigos 67 a 70 do Regulamento de planeamento urbanístico.

B) Estudos de detalle.

Os estudos de detalle terán por obxecto a definición de aliñacións, rasantes, vías interiores particulares de acceso á edificación, etc. que sexa necesario establecer cando se proceda á subparcelación de cuarteiróns para obter maior proporción de pequena industria, e/ou para desenvolver as zonas de equipamento.

En calquera caso, os estudos de detalle axustaranse á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e aos artigos 65 e 66 do Regulamento de planeamento en tanto non contraveñan a anterior.

Será necesario un estudo de detalle cando, como consecuencia dunha operación de segregación ou agrupación de parcelas, sexa necesario determinar a ordenación aplicable ás novas parcelas en canto a aliñacións ou ordenación de volumes.

1.1.6. Execución do proxecto sectorial.

As obras de urbanización acometeranse seguindo o plan de etapas establecido no presente proxecto sectorial.

1.2. Réxime urbanístico do solo.

Os artigos que seguen teñen por finalidade regular o réxime urbanístico do solo na totalidade da superficie que abrangue o proxecto sectorial, así como fixar as condicións que deben cumprir os instrumentos que desenvolvan a ordenación.

1.2.1. Clasificación do solo.

A través da execución do presente proxecto sectorial, o solo converterase en solo urbano, sendo condición imprescindible para iso a efectiva realización das obras de urbanización e o cumprimento das obrigas dos propietarios afectados.

1.2.2. Calificación do solo.

A cualificación do solo supón a asignación deste, mediante a correspondente zonificación, dos aproveitamentos concretos en usos e intensidades.

O presente proxecto sectorial divide o solo comprendido no seu ámbito nas seguintes zonas de diferentes usos:

I - Solo de uso industrial.

EQ - Solo de equipamento.

ZV - Solo de xardíns e zonas verdes.

VA - Solo de viais e aparcamentos asociados.

PA - Aparcamentos.

IN - Solo de equipamento para infraestruturas (depósitos, transformadores, etc.).

A delimitación destas zonas reflíctese no «plano de zonificación» (plano 2.1).

1.3. Terminoloxía de conceptos.

Para os efectos da aplicación das normas e ordenanzas do presente proxecto sectorial establécense as seguintes definicións e conceptos.

1.3.1. Sector.

A área de situación urbanística homoxénea que debe ser obxecto de plan conxunto ou en subáreas que cumpran os requisitos marcados polo planeamento.

1.3.2. Zona.

Clase de chan homoxéneo para os efectos da tipoloxía da edificación, aproveitamentos e usos máis característicos.

1.3.3. Polígono.

Ámbito para a xestión autónoma do proxecto sectorial.

1.3.4. Parcela.

É toda porción de solo que constitúe unha unidade física e de propiedade.

1.3.5. Parcela edificable (soar).

Parcela edificable é a superficie comprendida entre estremas, sobre a cal se pode edificar. A superficie así delimitada define, así mesmo, a parcela bruta.

1.3.6. Parcela edificable mínima.

Parcela mínima é a superficie mínima que debe ter unha parcela edificable.

A parcela mínima para uso característico contemplada no presente proxecto sectorial será de 300 m2.

1.3.7. Cuarteirón.

É o conxunto de parcelas edificables que, sen solución de continuidade, quedan comprendidas entre vías e/ou espazos libres públicos determinados no proxecto sectorial.

1.3.8. Etapa.

É a unidade mínima de realización das obras de urbanización coordinada coas restantes determinacións do proxecto sectorial, en especial, co desenvolvemento no tempo da edificación.

1.3.9. Fase.

É a execución parcial dunha etapa por alteración, debidamente xustificada, das previsións temporais e espaciais daquela, sempre que se manteña a coherencia do proxecto sectorial.

1.3.10. Estremas.

Son as liñas perimetrais que delimitan parcelas e separan unhas doutras.

Con respecto á súa disposición, as estremas clasifícanse en:

– Estrema frontal: é a que delimita a parcela coa vía ou espazos públicos.

– Estrema posterior: é a que delimita a parcela pola parte oposta á frontal.

– Estremas laterais: as restantes estremas, distintas da frontal e da posterior.

1.3.11. Rasantes.

É a liña que determina a inclinación dun terreo ou pavimento respecto do plano horizontal.

Distínguense dous tipos de rasantes:

a) Rasante de calzadas e beirarrúas: é o perfil lonxitudinal do viario indicado nas determinacións contidas no proxecto de urbanización.

b) Rasante do terreo: é a que corresponde ao perfil do terreo natural (cando non experimente ningunha transformación), ou artificial (despois de obras de explanación, desmonte ou recheo que supoñan unha alteración da rasante do terreo natural).

1.3.12. Recuamento.

É a distancia comprendida entre as estremas da parcela e as liñas de fachada da edificación. Esta medida é perpendicular á estrema. O interior do recuamento configura a parcela neta.

1.3.13. Edificabilidade.

É a asignación da contía de edificación. Establécese un valor máximo edificable en m2/m2, aplicable á superficie da parcela (superficie bruta).

1.3.14. Liña de fachadas ou de edificación.

É a que delimita a superficie de ocupación edificatoria da parcela, tras os recuamentos a estremas.

1.3.15. Superficie ocupada.

É a proxección vertical da edificación sobre o terreo.

Para o conxunto da superficie ocupada non se terán en conta as cornixas, beirís ou marquesiñas.

1.3.16. Coeficiente de ocupación.

É a porcentaxe que representa a superficie ocupada pola edificación en relación coa superficie da parcela bruta. Este valor non poderá ser superior ao asignado para a devandita parcela.

1.3.17. Superficie máxima edificable.

É a superficie total, suma das plantas que integran a edificación, que pode realizarse sobre unha parcela.

Este valor asígnase a cada parcela en m2.

1.3.18. Altura da edificación.

É a maior distancia vertical admisible para a edificación segundo estas normas. A medición destas alturas realizarase respectando conxuntamente os valores máximos admisibles para a altura reguladora en metros e o número de plantas definida nestas normas.

A altura medirase no punto medio da fachada. No cómputo de plantas terase en conta a planta baixa, sexa ou non diáfana. Os semisotos serán contabilizados se á súa placa superior está a máis de 1 m sobre a rasante da fronte da parcela considerada.

1.3.19. Altura.

É a comprendida entre dúas placas consecutivas, que non será nunca inferior a 2,40 m. Cando se trate de naves, a altura libre de planta medirase como altura de edificación.

1.3.20. Edificación illada.

É a que se constrúe en parcela independente con obriga de recuamentos en todas as súas estremas.

1.3.21. Edificación pareada.

É a agrupación edificatoria formada por dous edificios pegados cunha estrema lateral común sobre parcelas independentes contiguas.

1.3.22. Bloques representativos.

Son os edificios destinados a usos que non se dedican a procesos de fabricación ou almacenaxe. Con carácter indicativo sinálanse os usos de oficinas, salas de recepción, exposicións, etc. As vivendas de vixilantes de empresa terán que realizarse neles.

1.3.23. Naves.

Son os edificios destinados a soportar os procesos de fabricación e/ou de almacenaxe.

1.3.24. Sotos e semisotos.

Será soto aquel local en que a cara inferior do seu teito estea por baixo da rasante.

Entenderase por semisoto todo local que ten parte da súa altura baixo da rasante da rúa ou terreo en contacto coa edificación, sempre que o seu teito non supere a cota de 1 m sobre a rasante.

1.3.25. Aliñacións.

Aliñación é a liña establecida polo proxecto sectorial que separa os solos de dominio público destinados a outros usos, con independencia da súa titularidade pública ou privada.

2. Normas de parcelación.

2.1. Plano parcelario.

No presente proxecto sectorial inclúese un plano parcelario (plano 2.2) que permite identificar cada unha das parcelas resultantes e xustificar a ordenación prevista, coas condicións que máis adiante se detallan.

En todo caso, o plano parcelario non é vinculante.

2.2. Tipos de parcelas.

Prevense os seguintes tipos de parcelas:

1) Parcela pequena, con superficie bruta de parcela menor de 800 m2 e maior que a da parcela mínima.

2) Parcela mediana, con superficie bruta de parcela comprendida entre 800 e 2.000 m2.

3) Parcela grande, con superficie bruta de parcela maior de 2.000 m2.

2.3. Agrupación de parcelas.

Permítese agrupar parcelas para formar outras de maiores dimensións.

As parcelas resultantes estarán suxeitas ás prescricións que estas ordenanzas sinalan para o novo tamaño obtido. A superficie edificable da parcela resultante corresponderá á suma das superficies edificables das parcelas agrupadas.

2.4. Segregación de parcelas.

Poderanse dividir parcelas para formar outras de menor tamaño, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

A) A segregación terá os parámetros de ocupación e recuamentos correspondentes ás prescricións que estas ordenanzas sinalan para cada zona segundo o novo tamaño obtido.

B) Establecerase a edificabilidade das novas parcelas de forma que a suma da superficie edificable destas non supere a da parcela orixinaria. Así mesmo, en caso de ser necesario, redactarase o correspondente estudo de detalle que reflicta a ordenación e parcelación resultante segundo o indicado no número 1.1.6 das presentes ordenanzas.

C) As parcelas resultantes non serán menores de 300 m2 e a súa fronte non será menor de 10 m.

D) Se con motivo da subdivisión de parcelas for preciso realizar obras de urbanización, estas realizaranse con cargo ao titular da parcela orixinaria.

E) En caso de que a segregación de parcelas non responda a un proxecto edificatorio único para toda a parcela primitiva, será preciso que o estudo de detalle (en caso de que este sexa necesario) reflicta a ordenación e parcelación resultante que afecte toda a parcela primitiva, de forma que se garanta o cumprimento da alínea B).

3. Normas comúns de edificación.

3.1. Normas de orde.

3.1.1. Licenzas.

Para a realización dentro do ámbito de aplicación do presente proxecto sectorial de calquera tipo de obra e instalacións de nova planta, ampliación, consolidación, reforma ou calquera outro dos supostos establecidos no artigo 194 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ou o artigo 1 do Regulamento de disciplina urbanística, será imprescindible a obtención previa da licenza municipal.

No caso de obtención de licenza de edificación, será imprescindible que a parcela en que se proxecte edificar dispoña dos servizos urbanísticos mínimos ou, se é o caso, que se garanta debidamente a realización e/ou reposición simultánea destes, coas obras solicitadas.

O procedemento de outorgamento de licenzas axustarase ao establecido para este caso na lexislación de réxime local e no Plan Xeral de Ordenación Municipal, actualmente en redacción.

O Concello fixará os avais que garantan a reparación dos danos que se puideren ocasionar nas vías públicas e que sexan imputables aos beneficiarios das parcelas.

3.1.2. Accesos a parcelas.

O largo de cada acceso non será maior de 5,00 m nin menor de 3,50 m para cada sentido circulatorio de vehículos.

O beneficiario da parcela quedará obrigado a reparar os danos debidos á construción dos seus accesos cando estes sexan pola súa conta.

3.1.3. Rasantes e ramplas.

Cando polo desnivel do terreo sexa necesario establecer ramplas de acceso ao interior das parcelas, estas terán unha pendente máxima do 16%. As devanditas ramplas non invadirán a beirarrúa pública.

Antes da súa conexión á vía pública dispoñerase un tramo de acordo con lonxitude non inferior a 5,00 m contados a partir da estrema frontal da vía pública en dirección ao interior da parcela, cunha pendente inferior ao 2%.

3.1.4. Uso de vías e aparcadoiros.

Prohíbese empregar as vías públicas como depósito de materiais ou para a elaboración de formigóns e argamasas das obras que se realicen no interior das parcelas. Os guindastres e demais aparellos de elevación de cargas instalaranse sempre no interior das parcelas.

O beneficiario será o responsable dos danos que se ocasionen na vía pública como consecuencia das obras citadas.

3.2. Condicións da edificación.

3.2.1. Normativa xeral.

O límite da parcela na súa fronte e nas liñas medianís, obxecto de recuamentos, materializarase cun cerramento.

No suposto de parcelas estremeiras con grandes diferenzas entre as cotas de terreo, construiranse muros seguindo o límite da parcela para a contención de terras, que sufragarán por partes iguais os propietarios das dúas parcelas.

No caso de edificios independentes dentro dunha parcela, a separación mínima entre eles será de 3,00 m.

Permítense patios abertos ou pechados. A dimensión mínima destes patios fíxase coa condición de que en planta se poida inscribir un círculo de diámetro igual á altura da máis alta das edificacións, se estas teñen locais vividoiros, ou á metade daquela se os ocos ao patio pertencen a zonas de paso ou almacéns.

Permítense semisotos cando se xustifiquen debidamente, de acordo coas necesidades. Poderanse dedicar a locais de traballo cando os ocos de ventilación natural teñan unha superficie non menor de 1/6 da superficie útil do local. Caso de non cumprir con esta condición de ventilación, só se poderán utilizar como almacéns.

Permítense sotos para almacéns cando se xustifiquen debidamente. Queda prohibido utilizar os sotos como locais de traballo.

No conxunto da superficie de ocupación en planta, non se terá en conta a proxección horizontal das cornixas, marquesiñas nin corpos voados.

As servidumes xeradas por instalacións de calquera tipo, situadas dentro das zonas de recuamento das parcelas, deberán ser en todo momento respectadas.

3.3. Condicións de volume.

Baseándose nas características da ordenación, tipoloxía edificatoria prevista, e para os efectos do cálculo de volume resultante, establécense as seguintes condicións:

3.3.1. Elementos computables.

Quedan incluídos no cómputo do volume:

a) A superficie edificable de todas as plantas do edificio con independencia do uso a que se destinen, salvo para o uso de aparcadoiros.

b) As terrazas, balcóns ou corpos voados que dispoñan de cerramento.

c) As construcións secundarias sobre espazos libres de parcela sempre que da disposición do seu cerramento e dos materiais e sistemas de construción empregados poida deducirse que se consolida un volume pechado e de carácter permanente.

d) Os semisotos, computándose só a proxección da parte que sobresae máis de 1,00 m da rasante.

3.3.2. Elementos excluídos.

Quedan excluídos do cómputo de volume edificable:

a) Os patios interiores, aínda que sexan pechados.

b) Os soportais e as plantas diáfanas porticadas, que en ningún caso poderán ser obxecto de cerramento posterior, que supoña superar a superficie total edificable.

c) Os equipamentos de proceso de fabricación exteriores ás naves, tales como bombas, silos, tanques, torres de refrixeración, chemineas, etc., ben que os espazos ocupados por tales equipamentos se contabilizan como superficies ocupadas da parcela.

d) Os elementos ornamentais de remate de cuberta e os que correspondan a escaleiras, aparellos elevadores ou elementos propios das instalacións do edificio (tanques de almacenamento, acondicionadores, torres de procesos, paneis de captación de enerxía solar, chemineas, etc.).

e) Os sotos.

3.4. Condicións de uso.

3.4.1. Usos prohibidos.

Prohíbese calquera uso non incluído no número 5 (Normas particulares de uso das presentes ordenanzas.

Tamén quedan excluídas as industrias definidas como potencialmente nocivas, insalubres ou perigosas segundo o Decreto do 30 de novembro de 1961 (Decreto 2414/1961).

Non obstante, poderán ser autorizadas aquelas industrias que, estando afectadas polo citado regulamento, xunten á solicitude de adxudicación un informe favorable da Comisión Provincial de Medio Ambiente ou organismo competente, no que se permita a súa localización dentro da actuación e se indiquen as medidas correctoras necesarias para o seu funcionamento.

3.4.2. Usos tolerados.

Tolerarase o uso dunha vivenda por parcela grande (superficie maior de 2.000 m2) para o persoal dependente do sector industrial, nas seguintes condicións:

a) A vivenda someterase á normativa aplicable

b) En calquera caso, será imprescindible que a vivenda en zona industrial dispoña de:

– Acceso independente do centro laboral adscrito a ela.

– Ventilación directa de todos os locais vividoiros.

– Illamento e independencia respecto a vibracións, ruídos e demais fontes de perturbación, de forma que resulte garantida a súa protección.

c) A unidade «vivenda» debe constituír un sector de incendio respecto ao centro laboral adscrito a ela.

d) Admítese a posibilidade de incluír unha vivenda para vixilante por cada grupo de 10 industrias en parcela pequena ou mediana.

e) A superficie construída de cada vivenda non será inferior a 60 m2 nin superior a 150 m2.

3.4.3. Usos obrigados.

Serán os especificados no plano de zonificación do presente proxecto sectorial de ordenación e nas presentes ordenanzas, debendo cumprir en todo caso as especificacións contidas no Plan Xeral de Ordenación Municipal actualmente en redacción.

3.5. Condicións de seguridade.

3.5.1. Instalacións de protección contra o lume.

Axustaranse ao disposto na NBE-CPI-96, na Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo e nas demais disposicións legais vixentes que lle sexan de aplicación.

Todas as novas edificacións que se realicen ao abeiro destas normas deberán observar as medidas que, respecto da prevención e protección de incendios, se conteñan na correspondente ordenanza municipal e nas demais disposicións vixentes de obrigado cumprimento.

As construcións existentes en novas normativas adecuaranse ás devanditas regulamentacións no tempo e forma que establezan as devanditas regulamentacións.

3.5.2. Normativa oficial.

Ademais do preceptuado nas presentes ordenanzas reguladoras, os usuarios das industrias deberán aterse ás restantes normas e prescricións establecidas na lexislación seguinte:

– Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e demais disposicións complementarias.

– Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, do 30 de novembro de 1961 (Decreto 2414/1961).

– As normas básicas de edificación, especialmente a NBE-CPI-96 (Condicións de protección contra incendios).

Se nun caso concreto concorreren circunstancias especiais que fagan aparecer dúbidas de interpretación sobre un ou varios dos artigos incluídos nas presentes ordenanzas, observarase o que ditaminen os servizos técnicos do Concello.

4. Normas particulares de edificación.

As ordenanzas de aplicación no ámbito do proxecto sectorial do parque empresarial de Touro son, de acordo coa zonificación establecida, as seguintes:

– Ordenanza 1.ª: de edificación industrial (I).

– Ordenanza 2.ª: de equipamento (EQ).

– Ordenanza 3.ª: de zonas verdes (ZV).

– Ordenanza 4.ª: de zonas viarias (VA).

– Ordenanza 5.ª: de zonas de aparcadoiro (PA).

– Ordenanza 6.ª: de zonas de infraestruturas (IN).

4.1. Ordenanza de zona I (industrial).

4.1.1. Ámbito.

Esta ordenanza será de aplicación a todas as parcelas privadas que no plano de zonificación se cualifican como solo de uso industrial (I).

4.1.2. Sistema de ordenación.

Conformado por edificación illada dentro de cada parcela ou pareada, para bloques representativos e/ou naves e espazos libres para carga e descarga ou aparcadoiros.

4.1.3. Composición interior das parcelas.

Os elementos que conforman a composición interior das parcelas son os seguintes:

– Bloques representativos.

– Edificios para naves.

– Espazos libres.

4.1.4. Condicións de edificación.

A) Aliñacións e rasantes.

As aliñacións exteriores son as definidas nos planos de «zonificación» (plano 2.1.) e «parcelario» (plano 2.2).

B) Recuamentos mínimos.

– Frontais: para parcelas de menos de 5.000 m2 os recuamentos serán de 5 metros, para parcelas entre 5.000 e 10.000 serán de 10 metros, e para parcelas de máis de 10.000 m2 serán de 15 metros (plano 2.2).

– Traseiros: serán de 5 metros en todos os casos (plano 2.2).

– Laterais: para parcelas de menos de 2.000 m2 serán 0 metros, parcelas maiores serán 5 metros (plano 2.2).

C) Parcela mínima.

O proxecto sectorial propón no plano parcelario o tamaño das parcelas. Este plano é indicativo e poden realizarse agrupacións que dean lugar a parcelas de superficie superior ou segregacións que dean lugar a parcelas de superficie inferior, sen que en ningún caso esta poida ser inferior a 300 m2.

D) Parcela máxima.

Non se establece parcela máxima, pero si debe ser considerada como unha soa parcela aquela que resulte da segregación de varias parcelas cun mesmo uso.

Tanto a agregación coma a segregación de parcelas estarán suxeitas aos puntos 2.3 y 2.4 do presente instrumento de ordenación.

E) Edificabilidade de parcela.

Será de 1,03 m2/m2 para todas as parcelas de uso industrial.

F) Ocupación máxima.

A ocupación máxima será a que determinen os recuamentos.

No espazo non ocupado pola edificación deberán preverse espazos necesarios para a carga e descarga de mercadorías e aparcadoiro de vehículos.

G) Altura.

– A medición de alturas realizarase respectando conxuntamente os valores máximos admisibles para a altura reguladora en metros e o número de plantas definidos a seguir.

– A altura máxima da edificación contada a partir da rasante da parcela, no centro da fachada, ata a cara inferior da última placa construída sobre a cal se sitúa a cuberta, será de 12 m para o bloque representativo. Para as naves, ata a horizontal de unión dos apoios da cimbra de cuberta, será tamén de 12 m.

– O número máximo de plantas no bloque representativo será de 3 plantas (planta baixa máis dúas plantas) e planta na nave, ben que será admisible unha entreplanta que non poderá superar o 50% da superficie útil da nave. Esta superficie non computará para os efectos do cálculo da edificabilidade.

– Por riba da altura máxima autorizada admitiranse os elementos singulares necesarios por razón da actividade.

H) Fondos edificables.

– O fondo edificable será libre, gardando os recuamentos frontais e traseiros exixidos na alínea B).

I) Sotos e semisotos.

Autorízanse, gardando as condicións previstas no número 1.3.24.

J) Voos.

Permítense voos máximos de 1 metro (1,00 m) sobre a liña de edificación.

K) Marquesiñas.

As marquesiñas que se proxecten na planta baixa dos edificios deberán axustarse ás seguintes condicións:

– A altura sobre rasante será como mínimo de 3 metros, e non poden exceder, en ningún caso, da altura da placa que forma o teito da planta baixa.

– O voo máximo sobre a liña de edificación será de 2 metros.

– Deberá ser proxectada sempre en beiril.

L) Letreiros.

Permítese a colocación de letreiros anunciadores en edificios e peches, sempre que se axusten ás normas aplicables e se solicite o permiso municipal correspondente.

M) Peches de parcelas.

Os peches de parcela non poderán ser macizos na súa totalidade.

Permitirase un zócolo continuo dunha altura máxima de 0,80 metros. Por riba deste zócolo, as partes macizas só poderán ocupar un 20% da superficie total do peche.

4.1.5. Condicións de uso.

Neste apartado defínense as condicións de uso, en concordancia coas normas particulares de uso do número 5 da presente normativa.

Establécese unha porcentaxe máxima de ocupación para os usos comerciais-terciarios do 40% da zona I. Os usos industriais poderán ocupar o 100% da zona I.

Estas porcentaxes de ocupación refírense á ratio que representa o uso con respecto ao total da zona I e non deben confundirse coa ocupación máxima definida para cada parcela polos recuamentos.

A) Usos permitidos.

– Industrial-almacén: en todas as categorías.

– Garaxe-aparcadoiro:

Categoría 2.ª: garaxe-aparcadoiro anexo a outros usos.

Categoría 3.ª: garaxe-aparcadoiro en edificio exclusivo.

Categoría 4.ª: talleres de mantemento, entretemento e limpeza de automóbiles.

Categoría 5.ª: estacións de servizo.

– Comercial: en todas as categorías.

– Oficinas e servizos administrativos: vinculados á actividade principal.

– Vivenda: permitirase unicamente en parcelas de superficie maior de 2.000 m2 cando o uso sexa exclusivamente para o servizo de vixilancia e gardaría das instalacións industriais e comerciais.

Nese caso, permitirase unha vivenda por instalación, que se situará no bloque representativo, cunha superficie construída non superior a 150 m2.

B) Usos prohibidos.

Todos os non incluídos na relación de permitidos.

4.1.6. Condicións hixiénicas e sanitarias.

Serán de aplicación as previstas no número 7 das presentes ordenanzas.

4.1.7. Condicións estéticas.

Serán de aplicación as previstas no número 8 das presentes ordenanzas.

4.2. Ordenanza da zona EQ (equipamento).

4.2.1. Ámbito.

Esta ordenanza será de aplicación na parcela de cesión que no plano de zonificación a escala 1:500 se cualifica como solo de equipamento, destinado á prestación de servizos sanitarios, asistenciais, educativos, culturais, deportivos e outros que sexan necesarios.

4.2.2. Sistema de ordenación.

Conformado por edificación illada dentro da parcela para bloques representativos e/ou naves, e espazos libres de carga e descarga ou aparcadoiros.

4.2.3. Condicións de edificación.

A edificación cumprirá as seguintes condicións:

A) Aliñacións e rasantes.

As aliñacións e rasantes exteriores son as definidas nos planos de «zonificación» e «parcelación».

B) Recuamentos mínimos.

5 metros para todos as estremas.

C) Edificabilidade de parcela.

1,03 m2/m2.

Para o cómputo da superficie edificada, considérase o 100% a superficie de todas as plantas construídas sobre a rasante.

D) Ocupación máxima.

A marcada polos recuamentos.

No espazo non ocupado pola edificación deberán preverse espazos necesarios para a carga e descarga de mercadorías e aparcadoiros de vehículos.

E) Altura.

A medición de alturas realizarase respectando conxuntamente os valores máximos admisibles para a altura reguladora en metros e o número de plantas definidos a seguir.

– A altura máxima da edificación, contada a partir da rasante da parcela, no centro da fachada, ata a cara inferior da última placa construída sobre a cal se sitúa a cuberta, será de 12 m para bloque representativo.

Para naves, ata a horizontal de unión dos apoios da cimbra de cuberta, será de 10 m.

– O número máximo de plantas no bloque representativo será de 3 plantas (planta baixa máis dúas plantas) e planta na nave, ben que será admisible unha entreplanta que non poderá superar o 50% da superficie útil da nave. Esta superficie non computará para os efectos do cálculo da edificabilidade.

Por riba da altura máxima autorizada, admitiranse os elementos singulares necesarios por razón da actividade.

No caso de instalacións deportivas, poderán excederse as condicións de altura máxima ou mínima sobre rasante anteriormente establecidas, pero, en todo caso, axustaranse á normativa de aplicación neste tipo de actividades.

F) Fondos edificables.

O fondo edificable será libre, gardando os recuamentos frontais e traseiros exixidos na alínea B).

G) Voos.

Permítense voos máximos de 1 metro sobre a liña de edificación.

H) Sotos e semisotos.

Permítese, gardando as condicións previstas no número 1.3.24.

I) Marquesiñas.

As marquesiñas que se proxecten na planta baixa dos edificios deberán axustarse ás seguintes condicións:

– A altura sobre rasante será como mínimo de 3 metros, e non poden exceder, en ningún caso, a altura da placa que forma o teito da planta baixa.

– O voo máximo sobre a liña de edificación será de 2 metros.

– Deberá ser proxectada sempre en beiril.

J) Letreiros.

Permítese a colocación de letreiros anunciadores en edificios e peches, sempre que se axusten ás normas aplicables e se solicite o permiso municipal correspondente.

K) Peches.

Os peches de parcela non poderán ser macizos na súa totalidade.

Permitirase un zócolo continuo dunha altura máxima de 0,80 metros. Por riba deste zócolo, as partes macizas só poderán ocupar un 20% da superficie total do peche.

4.2.4. Condicións de uso.

Neste número defínense as condicións de uso, en concordancia coas normas particulares de uso do número 5 da presente normativa.

A) Usos permitidos:

– Equipamento, lecer e recreativo: todas as categorías.

– Oficinas e servizos administrativos: todas as categorías.

– Comercial: categoría 1.ª.

– Garaxe-aparcadoiro e servizos do automóbil. Todas as categorías.

– Hoteleiro.

– Vivenda: para garda da instalación.

– Admítese a utilización do subsolo para aparcadoiros públicos.

B) Usos prohibidos:

Todos os non incluídos na relación de permitidos.

4.2.5. Condicións hixiénicas e sanitarias.

Serán de aplicación, se é o caso, as previstas no número 7 das presentes ordenanzas.

4.2.6. Condicións estéticas.

Serán de aplicación, se é o caso, as previstas no número 8 das presentes ordenanzas.

4.3. Ordenanza de zona ZV (zonas verdes).

4.3.1. Ámbito.

Esta ordenanza será de aplicación ás parcelas de cesión destinadas a xardíns e zonas verdes que no «plano de zonificación» a escala 1:500 se cualifica como solo de «zona verde».

4.3.2. Condicións de edificación.

As edificacións que a seguir se indican deberán cumprir:

– Ocupación máxima: 2%.

– Edificabilidade máxima neta: 0,01 m2/m2.

– Altura máxima: 4 metros en construcións pechadas.

– Recuamentos mínimos a todas as estremas: non se consideran.

– Separación entre construcións: 50 metros mínimo.

– Permítese o paso de liñas eléctricas aéreas e conducións eléctricas subterráneas ou canalizacións.

4.3.3. Condicións de uso.

A) Usos permitidos.

– Estas zonas estarán convenientemente urbanizadas cos seus correspondentes camiños, encintados e acondicionamento vexetal, complementado co amoblamento usual (bancos, luces, etc.).

– Excepcionalmente poderán autorizarse casetas para servizo e mantemento das zonas, quioscos desmontables, así como elementos de ornato.

– Admítese a utilización do subsolo para aparcadoiros públicos.

B) Usos prohibidos.

Todos os non incluídos na relación de permitidos.

4.4. Ordenanza de zona VA (vías. Zona de rodadura, zona de aparcadoiro en vía e beirarrúas).

4.4.1. Ámbito.

Comprende todas as vías do parque empresarial compostos de zona de rodadura, zona de aparcadoiro en vía e beirarrúas.

4.4.2. Condicións de edificación.

Caracterízase esta zona por non ser edificable, non incluíndo en tal concepto as construcións propias do mobiliario urbano. Non se admite ningún volume de edificación.

4.4.3. Condicións de uso.

Serán as seguintes:

A) Calzadas: uso libre de tránsito rodado e de estacionamento nas bandas laterais definidas para este uso.

B) Beirarrúas: uso exclusivo de tránsito peonil.

C) Aparcadoiros: uso para estacionamento e tránsito polo interior que permita o acceso. As operacións de carga e descarga deberán realizarse no interior das parcelas.

4.5. ordenanza da zona PA (aparcadoiros).

4.5.1. Ámbito.

Comprende a zona destinada a aparcadoiro para cubrir a reserva mínima de aparcadoiros.

A zona de aparcadoiro PA poderá urbanizarse con unicamente unha planta na rasante, para dar cumprimento ás prazas en superficie e de dominio público exixidas na normativa.

4.5.2. Condicións de edificación.

As edificacións que a seguir se indican deberán cumprir:

– Ocupación máxima: 2%.

– Edificabilidade máxima neta: 0,01 m2/m2.

– Altura máxima: 4 metros en construcións pechadas.

– Recuamentos mínimos a todas as estremas: non se consideran.

4.5.3. Condicións de uso.

Usos permitidos.

– Aparcadoiro en categoría 1.ª: superficie libre de parcela.

– Edificacións para servizo ao aparcadoiro.

4.6. Ordenanzas da zona IN (infraestruturas).

4.6.1. Ámbito.

Comprenderá as parcelas de uso común para o polígono con centros de transformación, depósito de auga, sala de bombeo e similares.

4.6.2. Condicións de edificación.

As dimensións e características dos materiais que se utilizan nos centros de transformación, depósito ou depósitos de auga, casetas para os equipamentos de bombeo e fosas sépticas serán definidas no proxecto de urbanización.

– Edificabilidade: 0,70 m2/m2.

– Ocupación máxima: 70%.

4.6.3. Condicións de uso.

Serían as destinadas a cumprir as funcións xa indicadas.

5. Normas particulares de uso.

5.1. Definición e clasificación.

A ordenación do sector débese realizar de acordo coas ordenanzas do P.G.O.M. de Touro que lle sexan aplicables, documento que se encontra actualmente en fase de redacción.

Para os efectos das presentes ordenanzas establécense a seguir, os usos da edificación e das parcelas que poidan, en cada caso e de acordo co plan, considerarse como anexos a elas.

Clasificación de usos:

– Industrial-almacén.

– Garaxe-aparcadoiro e servizos do automóbil.

– Oficinas e edificios administrativos.

– Comercial.

– Equipamento, lecer e recreativo.

– Hoteleiro.

– Infraestruturas.

– Vías.

– Vivenda.

Esta clasificación operativa de usos non posúe carácter exhaustivo e non pode prever a posibilidade de actividades complexas.

Nos citados casos, así como naqueles en que se dea simultaneidade de usos, aplicaranse de forma razoable e combinada as especificacións relativas a cada clase de uso.

5.2. Uso industrial-almacén.

5.2.1. Definición.

Defínese como «uso industrial» o correspondente aos establecementos dedicados ao conxunto de operacións que se executan para a obtención e transformación de primeiras materias, así como a súa preparación para posteriores transformacións, mesmo o envasamento, transporte e distribución, así como a súa reparación, mantemento e recuperación, co emprego de maquinaria.

Inclúense neste uso as actividades de investigación aplicada comprendendo laboratorios, centros informáticos, etc., así como as actividades de servizos ás empresas.

Inclúese tamén neste uso de industria os «almacéns», considerando como tales os espazos destinados á garda, conservación e distribución de produtos naturais, materias primas ou artigos manufacturados con exclusiva subministración a almacenistas, minoristas, instaladores, fabricantes e distribuidores e, en xeral, os almacéns sen servizo directo ao público. Nestes locais poderanse efectuar operacións secundarias que transformen, en parte, os produtos almacenados.

5.2.2. Clasificación.

Establécense os seguintes grupos industriais:

a) Alimentación e tabaco.

b) Téxtil e calzado.

c) Madeira e cortiza.

d) Papel e artes gráficas.

e) Plásticos, coiros e caucho.

f) Químicas.

g) Construción, vidro e cerámica.

h) Metal.

i) Auga, gas, electricidade, calefacción, limpeza e outros servizos.

j) Alimentaria.

k) Materiais da construción.

l) Desmantelamento de automóbiles.

m) Laboratorios.

n) Centros informáticos.

o) Servizos a empresa.

Os citados grupos industriais poderán ser das seguintes categorías:

– Categoría 1.ª: industrial en edificio exclusivo.

– Categoría 2.ª: industrial anexo a outros usos.

– Categoría 3.ª: almacén en edificio exclusivo.

– Categoría 4.ª: almacén anexo a outros usos.

5.2.3. Condicións.

Cumprirán as que fixe a lexislación vixente sobre a materia e as que se establezan nos puntos seguintes:

a) As actividades permitidas deberán estar autorizadas polo Regulamento de actividades molestas, nocivas, insalubres e perigosas e cumprirán coas normas da ordenación xeral da seguridade e hixiene no traballo.

b) A superficie que ocupa unha actividade vén fixada pola suma de superficies de todos os locais e espazos destinados a traballo industrial. Cando nun mesmo taller se desenvolvan actividades comprendidas en diversos epígrafes do regulamento, a superficie total non superará a máis alta das máximas permitidas por aqueles, nin as parciais excederán o específico que lle corresponda.

c) Os locais en que se prevén postos de traballo deberán ter, como mínimo, unha superficie por cada un deles de 2 m2 e un volume de 10 m3.

d) Exíxese a iluminación e ventilación natural ou artificial. No primeiro caso, os ocos de luz e ventilación deberán ter unha superficie total non inferior a 1/8 da que teña a planta do local.

e) Dispoñerán de aseos independentes para os dous sexos, a razón dun inodoro (e un urinario en caso de varóns), un lavabo e unha ducha por cada grupo de 20 obreiros ou fracción.

f) As escaleiras de circulación xeral terán un largo mínimo de 1 m.

g) Todos os paramentos interiores, así como os pavimentos, serán impermeables e lisos. Os materiais que constitúan a edificación deberán ser incombustibles e as estruturas resistentes ao lume e de características tales que non permitan que cheguen ao exterior ruídos nin vibracións cuxos niveis excedan os determinados nas ordenanzas.

h) Para o movemento das máquinas, aparellos e para a iluminación, unicamente se permite o emprego de enerxía eléctrica, non debendo utilizarse a de orixe térmica, máis que nos casos de emerxencia.

i) A potencia electromecánica está determinada pola suma dos motores que accionan as máquinas e aparellos e expresarase en cabalos de vapor (CV) ou denominación equivalente. Non se avaliará como potencia a das máquinas portátiles con forza superior a 1/3 CV cando o número destas non exceda 4, nin as instalacións de aire acondicionado, aparellos elevadores de calquera tipo, ventilación forzada, transportes interiores, bombas para elevación de augas, aire comprimido e, en zonas industriais, a destinada á conservación de alimentos ou xéneros.

j) Cando nun mesmo taller se desenvolven actividades comprendidas en diversas epígrafes do regulamento, a potencia total non superará a máis alta das máximas permitidas por aqueles, nin as parciais excederán o específico que lles corresponda.

k) Os motores e as máquinas, así como toda a instalación, deberán montarse baixo dirección dun técnico legalmente competente. Cumprirán os requisitos necesarios para a seguridade do persoal e, ademais, o que sexa preciso acústica e termicamente co fin de que non se orixinen molestias.

l) A instalación de caldeiras e recipientes de presión estará suxeita ás disposicións vixentes.

m) Se as augas residuais non reuniren, a xuízo dos servizos técnicos municipais correspondentes, as debidas condicións para unha vertedura ao sumidoiro xeral, deberán ser sometidas a depuración previa por procedementos adecuados, co fin de que se cumpran as condicións que sinala o Regulamento de actividades molestas, nocivas, insalubres e perigosas e demais disposicións vixentes actualmente ou no futuro sobre a materia.

n) Se os residuos que produce calquera actividade polas súas características non poden ser recollidos polo servizo de limpeza domiciliaria, deberán ser trasladados directamente ao vertedoiro por conta do titular da actividade.

o) A evacuación de pos, gases, vapores e fumes produto de combustión ou actividades, realizarase a través da axeitada cheminea cuxa desembocadura superará 5 m a altura do edificio máis alto, propio ou estremeiros, nun raio de 30 m e especificamente para os correspondentes a xeradores de calor cuxa potencia sexa superior a 50.000 kcal.

p) Para a prevención e extinción de incendios dispoñerase das saídas de emerxencia e accesos especiais para salvamento, así como dos aparellos, instalacións e útiles que en cada caso e de acordo coa natureza e características da actividade determinen os servizos técnicos municipais, en función da normativa de aplicación.

5.3. Uso garaxe-aparcadoiro e servizos do automóbil.

5.3.1. Definición.

Denomínase garaxe-aparcadoiro a todo lugar destinado á estancia de vehículos de calquera clase. Considéranse incluídos dentro desta definición os servizos públicos de transporte e os lugares anexos de paso, espera, venda, reparación ou estancia de vehículos. En cada garaxe-aparcadoiro garantirase o acceso directo a cada praza de aparcadoiro.

Considéranse «talleres do automóbil» os locais destinados á construción, modificación ou reparación e mantemento de vehículos de tracción mecánica, incluídos os servizos de lavado e engraxamento.

Inclúense neste uso as estacións de servizo, definidas como aquelas que conteña aparellos para a subministración de carburantes e lubricantes aos vehículos automóbiles.

5.3.2. Clasificación.

Establécense as seguintes categorías:

– Categoría 1.ª: garaxe-aparcadoiro en superficie libre de parcela.

– Categoría 2.ª: garaxe-aparcadoiro anexo a outros usos.

– Categoría 3.ª: garaxe-aparcadoiro en edificio exclusivo.

– Categoría 4.ª: talleres de mantemento, entretemento e limpeza de automóbiles.

– Categoría 5.ª: estacións de servizo.

5.3.3. Condicións dos locais.

a) A instalación e uso de aparcadoiros deberán axustarse ás prescricións das presentes ordenanzas e demais disposicións vixentes.

b) Cando se dispoñan ramplas para acceder ás zonas de aparcadoiro no interior de edificios, axustaranse ás seguintes normas:

– As ramplas rectas non superarán a pendente do 15% e as ramplas en curva do 10% medida pola liña media. A súa largura mínima será de 3 m co sobrelargo necesario nas curvas e o seu raio de curvatura, medido tamén no eixe, será superior a 6 m.

– Poderá permitirse o emprego de aparellos montacoches.

c) Enténdese por praza de aparcadoiro un espazo mínimo de 2,25x4,50 metros. A superficie de aparcadoiro mínima por praza, incluíndo a parte proporcional de accesos, non será nunca inferior a 20 m2. Sinalizaranse no pavimento as prazas e corredores de acceso dos vehículos, sinalización que figurará nos planos dos proxectos que se presenten ao solicitar a concesión das licenzas de construción, instalación, funcionamento e apertura. En garaxes-aparcadoiros admitirase unha altura libre mínima de 2,30 m en calquera punto.

d) Todos os elementos que constitúan a estrutura da edificación destinada a garaxe-aparcadoiro, deberán ser resistentes ao lume tipo de tres horas de duración (RF-180) ou estar protexidos con material illante, tendo en conta a acción derivada da temperatura que poida alcanzar a devandita estrutura a través da súa protección.

e) A ventilación natural ou forzada estará proxectada con suficiente amplitude para impedir a acumulación de vapores ou gases nocivos, en proporción superior ás cifras que sinala o Regulamento de actividades molestas, insalubres ou perigosas. Será obrigatorio, cando exista ventilación forzada, dispoñer dun aparello detector de CO por cada 500 m2, situándoo nos puntos máis desfavorablemente ventilados, que accionen automaticamente as devanditas instalacións.

f) Instalaranse aparellos de extinción de incendios de neve carbónica (5 kg) ou preferentemente de po seco (6 kg), de forma que corresponda un, como mínimo, por cada 125 m2 ou fracción.

g) Nos garaxes superiores a 500 m2 instalarase unha rede interior de auga para incendios, conectada, se for o caso, aos hidrantes. Esta rede manterá en todo momento unha presión de 3,5 atmosferas e estará dotada dos correspondentes equipamentos de presurización cando a rede xeral non garanta tal presión. A esta rede engancharase un punto de auga por cada 500 m2 de planta con mangueira abonda para alcanzar a superficie.

h) Os desaugadoiros dispoñerán, para a súa conexión á rede de saneamento ou á xeral, dun sistema eficaz de separación de graxas.

i) As gasolineiras dispoñerán de aparcadoiros en número abondo para non entorpecer o tránsito, cun mínimo de dúas prazas por surtidor. Establécense servizos de lavado e engraxamento, que se deberán instalar coas condicións sinaladas polas disposicións legais vixentes na materia.

5.4. Uso oficinas e servicios administrativos.

5.4.1. Definición.

Inclúense neste uso os edificios en que predominen as actividades administrativas ou burocráticas de carácter público ou privado, que poden abranguer actividades propias en edificios exclusivos ou ben actividades complementarias doutros usos. Especificamente considéranse as actividades de banca, seguros, despachos profesionais, xestorías e axencias, departamentos administrativos de empresas e institucións públicas.

5.4.2. Clasificación.

Establécense as seguintes categorías:

– Categoría 1.ª: en edificio exclusivo.

– Categoría 2.ª: en edificio con outros usos.

5.4.3. Condicións dos locais.

Ademais das establecidas na lexislación vixente, en canto lles fosen de aplicación, cumprirán as seguintes condicións:

a) Os locais de oficinas de ata 20 persoas ou 80 m2 terán 1 inodoro e 1 lavabo. Por cada 40 persoas ou 100 m2 máis ou fracción, aumentarase 1 inodoro e 1 lavabo. A partir de 20 persoas ou 80 m2 serán independentes para señoras e cabaleiros. Estes servizos non comunicarán directamente cos locais, para o cal disporán dun vestíbulo de illamento.

b) A luz e a ventilación dos locais de oficina poderá ser natural ou artificial. No primeiro caso os ocos de luz e ventilación deberán ter unha superficie total non inferior a 1/8 da que teña a planta do local.

c) Disporán das saídas de urxencia, accesos especiais para extinción de incendios, aparellos, instalacións e útiles que, en cada caso e de acordo coa natureza e características da actividade coide necesarias o Concello, en cumprimento da lexislación vixente.

d) As estruturas da edificación serán resistentes a un lume tipo de 3 horas de duración e os materiais deberán ser incombustibles e de características tales que non permitan que cheguen ao exterior ruídos e vibracións que excedan as limitación das presentes normas.

e) Nas oficinas en planta baixa e planta primeira, cando as escaleiras teñan que ser utilizadas polo público, terán un largo mínimo de 1,20 m.

5.5. Uso comercial.

5.5.1. Definición.

Uso que corresponde aos locais de servizo ao público destinados á compravenda ao retalle, á permuta de mercadorías ou á prestación de servizos, en edificios exclusivos ou complementarios doutros usos.

5.5.2. Clasificación.

De acordo coa Clasificación nacional de actividades económicas, establécense as seguintes agrupacións:

a) Alimentación.

b) Vestido, calzado e toucado.

c) Mobiliario, artigos de viaxe e guarnicionería.

d) Droguaría, perfumaría, limpeza, produtos químicos e farmacéuticos e combustibles.

e) Maquinaria, produtos metálicos e material de saneamento.

f) Papel e artes gráficas, material de oficina, lotarías.

g) Aparellos e instrumentos sanitarios, científicos, música.

h) Varios (obxectos de regalo, etc.).

Tamén se considera uso comercial a actividade mixta con industria calificada como non perigosa, incómoda ou insalubre, en que predomine a parte comercial, coas limitacións do comercio ou a industria que se fixan na ordenanza correspondente.

Os citados grupos comerciais poderán ser das seguintes categorías:

– Categoría 1.ª: comercial en edificio exclusivo.

– Categoría 2.ª: comercial con outros usos, en que predomine o uso comercial.

5.5.3. Condicións.

a) A zona destinada ao público no local terá unha superficie mínima de 6 m2.

A altura dos locais comerciais será como mínimo de 3 m.

As escaleiras de servizo ao público nos locais comerciais terán un largo mínimo de 1,20 metros.

b) Os locais comerciais disporán dos seguintes servizos sanitarios:

– Ata 50 persoas ou 120 m2: un inodoro e un lavabo.

– Por cada 100 persoas ou 200 m2 máis ou fracción: aumentarase 1 lavabo e 1 inodoro.

– A partir de máis de 50 persoas ou 120 m2 instalaranse con enteira independencia para señoras e cabaleiros. En calquera caso estes servizos non poderán comunicarse directamente co resto dos locais e, por conseguinte, deberán instalarse cun vestíbulo ou zona de illamento.

c) A luz e ventilación dos locais comerciais poderá ser natural ou artificial. No primeiro caso os ocos de luz e ventilación deberán ter unha superficie total non inferior a 1l/8 da que teña a planta do local. Exceptúanse os locais destinados exclusivamente a almacéns, rochos ou corredores. Disporán das saídas de urxencia, accesos especiais para extinción de incendios, aparellos, instalacións e utensilios que, en cada caso e de acordo coa natureza e características da actividade, se coida necesarias o Concello en cumprimento da lexislación vixente.

d) As estruturas da edificación serán resistentes a un lume tipo de 3 horas de duración e os materiais deberán ser incombustibles e de características tales que non permitan que cheguen ao exterior ruídos e vibracións que excedan as limitacións das presentes normas.

5.6. Uso equipamento, ocio e recreativo.

5.6.1. Definición.

Comprende as actividades relacionadas co lecer, o tempo libre, así como as dotacións propias do desenvolvemento do solo urbanizable (deportivo, social e cultural) ou compatibles coas determinacións previstas (docente, asistencial-sanitario, sociocultural, público-administrativo).

Establécense dentro deste uso as seguintes actividades:

– Lugares de reunión: comprende este uso os locais destinados ao público para o desenvolvemento da vida de relación e actividades recreativas.

– Actividades relixiosas: corresponde aos edificios destinados ao culto.

– Actividades docentes: corresponde aos edificios ou locais que se destinen principalmente ao ensino ou investigación en todos os seus graos ou especialidades.

– Actividades sanitarias: comprende aos edificios destinados ao tratamento, diagnóstico, rehabilitación, prevención e aloxamento de enfermos.

– Actividades asistenciais: corresponde aos edificios ou instalacións dedicadas a albergar a prestación de servizos sociais, é dicir, prestacións que tendan á prevención, tratamento e eliminación das causas da marxinación social.

– Actividades deportivas: corresponde aos campos de práctica deportiva en todos os seus aspectos e os locais e as instalacións conexas, como piscinas e semellantes.

5.6.2. Clasificación.

Establécense as seguintes categorías:

– Categoría 1.ª: lugares de reunión.

– Categoría 2.ª: actividades relixiosas.

– Categoría 3.ª: actividades docentes.

– Categoría 4.ª: actividades sanitarias en edificio con outros usos (sen hospitalización).

– Categoría 5.ª: actividades asistenciais.

– Categoría 6.ª: actividades deportivas en locais cerrados.

– Categoría 7.ª: actividades deportivas en locais cerrados.

5.6.3. Condicións.

a) Ademais das seguintes, os locais cumprirán as aplicables para uso comercial e uso industrial.

b) Suxeitaranse ás disposicións vixentes. Como mínimo existirán con absoluta independencia aseos para señoras e cabaleiros e, en calquera caso, estes servizos non poderán comunicarse directamente co resto dos locais e, por conseguinte, deberán dispoñer dun vestíbulo ou zona de illamento.

c) As escaleiras que deban de ser utilizadas polo público terán un largo mínimo de 1,20 m.

5.7. Uso hoteleiro.

5.7.1. Definición.

Corresponde aos edificios que se destinan a aloxamento temporal para transeúntes, como hoteis, aparthoteis, restaurantes, cafetarías, etc. Danse por incluídos neste uso as residencias e edificios análogos.

5.7.2. Clasificación.

Establécese para este uso unha categoría única.

5.7.3. Condicións.

Axustaranse ás disposicións vixentes.

5.8. Infraestruturas.

5.8.1. Definición.

Son os edificios, instalacións e parcelas destinados a servizos xerais de auga, electricidade, rede de sumidoiros e depuración de augas residuais e outros usos de similar interés xeral.

5.8.2. Clasificación.

Non cabe una subdivisión a priori.

5.8.3. Condicións.

Os servizos de auga, electricidade, rede de sumidoiros e depuración de augas residuais poderán instalarse de acordo coas determinacións dos correspondentes proxectos de urbanización.

5.9. Vías, aparcadoiros e beirarrúas.

5.9.1. Definición.

Son as superficies para o movemento e aparcamento de vehículos e de persoas.

5.9.2. Clasificación.

Só existe unha clase.

5.9.3. Condicións.

Serán adecuadas aos usos destinados e cumprirán a normativa vixente.

5.10. Uso vivenda.

5.10.1. Definición.

Defínese así o edificio ou parte do edificio destinado a residencia familiar.

5.10.2. Clasificación.

Establécese unha categoría única constituída por vivenda integrada en edificio para outros usos, con función exclusiva de residencia de persoal destinado a gardaría e vixilancia das instalacións en que se sitúa.

5.10.3. Condicións mínimas.

a) As condicións de hixiene, seguridade, illamento e cuestións afíns serán como mínimo as reguladas polo Decreto 311/1992, do 12 de novembro, sobre habitabilidade das vivendas da C.O.T.O.P. ou norma que a sustitúa.

b) As vivendas serán obrigatoriamente exteriores con fronte mínima de 5 m á rúa ou espazo libre da parcela e nunca en soto o semisoto.

6. Normas de urbanización.

6.1. Xeneralidades.

Os proxectos de urbanización estarán constituídos polos documentos exixidos polo Regulamento de planeamento e polo cumprimento das condicións impostas por este instrumento de ordenación.

As condicións mínimas que deberán cumprir as infraestruturas de servizos, sobre a base das cales se redactarán os correspondentes proxectos de urbanización, son as expostas a seguir:

6.2. Rede viaria.

As calzadas proxectadas sinaladas no proxecto sectorial realizaranse con firmes flexibles, semirríxidos ou ríxidos, adecuados para o paso de vehículos pesados; os bordos serán de formigón, e achafranados para permitir a máxima liberdade de acceso ás parcelas; as beirarrúas serán de formigón regrado ou roleteado.

Todos os encontros das rúas que se corresponden con este novo viario serán dimensionados conforme as «Recomendacións para o proxecto de interseccións» e as «Recomendacións sobre rotondas» da Dirección Xeral do MOPU (1975 e 1989 respectivamente).

6.3. Alcantarillado.

Realizarase do tipo separativo (redes de pluviais e de residuais).

As augas residuais do polígono levaranse á rede de saneamento municipal.

As condicións mínimas exixibles para o proxecto da rede de sumidoiros serán:

– Velocidade de circulación da auga: de 1 a 5 m/s.

– Cámaras de descarga: disporanse en cada cabeceira de colectores de residuais, con capacidade mínima de 600 litros.

– As seccións serán de sección circular, de PVC.

– O diámetro interior mínimo será de 300 mm.

– A distancia máxima entre pozos de rexistro será de 50 m.

– A profundidade mínima da rede será de 1,50 m.

– As conducións irán baixo as zonas de beirarrúas, aparcadoiros ou en espazos libres.

6.4. Rede de auga.

Será de uso común para consumo en usos industriais, sanitarios, regas e incendios.

As condiciones mínimas exixibles para o proxecto da rede de auga serán:

– Tubaxes de plástico ou fundición, con diámetro mínimo de 100 mm.

– Presión mínima de traballo das tubaxes: 4 kg/cm2.

– Velocidade máxima admisible: 5 m/s.

– As tubaxes irán baixo as beirarrúas, aparcadoiros ou espazos libres.

– Disporanse puntos de toma en todas as parcelas.

– A dotación de auga será como mínimo 0,5 l/s • ha neta, con punta de 1,25 l/s • ha neta. A rede contra incendios calcularase con 2,0 l/s • ha neta.

– Proxectarase a instalación cun depósito regulador con capacidade mínima para o consumo total da actuación nun día. Se non houber presión suficiente, adoptaranse as medidas oportunas para garantila.

– Na rede de distribución disporanse bocas de rega e hidrantes contra incendios.

6.5. Redes de enerxía eléctrica.

As condiciones mínimas exixibles para o proxecto da rede de enerxía eléctrica serán as seguintes:

– O consumo orientativo que se considerará para o cálculo da instalación será de 30 W/m2 de superficie neta de parcela.

Sobre este consumo aplicaranse os coeficientes regulamentados ou, na súa falta, os usuais da compañía distribuidora.

– A rede de media tensión (M.T.) será enterrada e executada con cable de aluminio de 240 mm2 de sección e conectarase ao polígono no punto que indique a compañía subministradora.

– A rede de baixa tensión (B.T.) será enterrada.

– Os centros de transformación construiranse preferentemente prefabricados para entradas e saídas subterráneas aínda que se admiten outros tipos normalizados pola compañía distribuidora.

– A tensión en M.T. será a normalizada pola compañía na zona, e en B.T. a de 380/220 V.

– Os centros de transformación alimentarán a rede de forza e iluminación.

6.6. Iluminación pública.

Os proxectos de iluminación pública suxeitaranse ás condiciones seguintes:

– A rede de iluminación pública será enterrada, con cable de cobre, con illamento de 1.000 V.

– Os postes serán metálicos, de altura de 10 m.

– A interdistancia máxima será de 30 m por un lado da calzada.

– As luminarias serán cerradas con cerre antivandálico de vidro borosilicatado ou policarbonato.

– Colocaranse aperturas independentes para os equipamentos e as fontes de luz.

– As lámpadas serán de vapor de sodio de alta presión.

– Realizarase a instalación con iluminación intensiva ou reducida mediante o uso de equipamentos de aforro de enerxía e células fotoeléctricas de apertura e cerre de circuítos.

– A instalación de iluminación cumprirá o Regulamento electrotécnico de baixa tensión e, concretamente, a norma MI-BI-009.

– Os puntos de luz disporanse nas beirarrúas e sempre a unha distancia do boro superior ou igual a 1,00 m.

Para as vías de acceso e interiores da actuación, de acordo coa recomendación do Documento n.º 12 (1.075) 21 Edición da Comisión Internacional de L’Eclairage, é conveniente que a iluminación pública da actuación cumpra as condicións seguintes:

Nivel de iluminación ----> 30 luxes. En servizo: 25 luxes.

– L.min / L.máx. = 0,4.

Uniformidades

– L.min / L.med. = 0,5.

Cegamento.

– Molesto ≥ 4.

– Perturbador ≥ 20.

7. Condicións ambientais e hixiénicas.

7.1. Emisións gasosas.

As emisións gasosas das industrias que se instalen axustaranse ao establecido na Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e a protección da atmósfera (BOE do 16.11.2007).

Cumprirán, ademais, canta normativa sobre o particular estea vixente no momento da solicitude de licenza e posta en marcha da actividade.

7.2. Augas residuais.

Ningunha persoa física ou xurídica descargará ou depositará ou permitirá que se descargue ou deposite no sistema de saneamento calquera auga residual que conteña:

1) Aceites e graxas: concentracións ou cantidades de sebos, ceras, graxas e aceites totais que superen os índices de calidade dos efluentes industriais, xa sexan emulsionados ou non, ou que conteñan substancias que poidan solidificarse ou tornarse viscosas a temperaturas entre 0 º e 40 ºC no punto de descarga.

2) Mesturas explosivas: líquidos, sólidos ou gases que pola súa natureza e cantidade sexan ou poidan ser suficientes, por si sós ou por interacción con outras substancias, para provocar lumes ou explosións ou ser prexudicias en calquera outra forma ás instalacións de sumidoiros ou ao funcionamento nos sistemas de depuración.

En ningún momento das medidas sucesivas, efectuadas cun explosímetro no punto de descarga á rede de sumidoiros, deberán ser superiores ao 5% do límite inferior de explosividade.

Os materiais prohibidos inclúen, en relación non exhaustiva: gasolina, queroseno, nafta, benceno, tolueno, xileno, éteres, alcohois, acetonas, aldehidos, peróxidos, cloratos, percloratos, bromatos, carburos, hidruros e sulfuros.

3) Materiais nocivos: sólidos, líquidos ou gases cheirentos ou nocivos, que, xa sexa por si sós ou por interacción con outros refugallos, sexan capaces de crear unha molestia pública ou perigo para a vida, ou que sexan ou poidan ser suficientes para impedir a entrada nun sumidoiro para o seu mantemento ou reparación.

4) Refugallos sólidos ou viscosos: refugallos sólidos ou viscosos que provoquen ou poidan provocar obstrucións no fluxo da rede de sumidoiros e interferir en calquera outra forma co adecuado funcionamento do sistema de depuración. Os materiais prohibidos inclúen en relación non exhaustiva: lixo non triturado, tripas ou tecidos animais, esterco ou sucidades intestinais, ósos, pelos, peles ou carnazas, entrañas, plumas, cinzas, escouras, areas, cal gastado, pos de pedra ou mármore, metais, vidro, palla, labras, restos da corta de céspede, trapos, grans gastados, lúpulo gastado, refugallos de papel, madeiras, plásticos, alcatrán, pinturas, residuos do procesamento de combustibles ou aceites lubricantes e substancias similares.

5) Substancias tóxicas inespecíficas: calquera sustancia tóxica en cantidades non permitidas por outras normativas ou leis aplicables, compostos químicos ou substancias capaces de producir cheiros indesexables, ou toda substancia que non sexa susceptible de tratamento ou que poida interferir nos procesos biolóxicos ou na eficiencia do sistema de tratamento ou que pase a través do sistema.

6) Materiais coloreados: materiais con coloracións obxeccionais, non eliminables co proceso de tratamento empregado.

7) Materiais quentes: a temperatura global no punto de vertedura da parcela non superará os 40 ºC.

8) Refugallos corrosivos: calquera refugallo que provoque corrosión ou deterioración da rede de sumidoiros ou no sistema de depuración. Todos os refugallos que se descarguen á rede de sumidoiros deben ter un valor do índice de pH comprendido no intervalo de 5,5 a 10 unidades.

Os materiais prohibidos inclúen, en relación non exhaustiva: ácidos, bases, sulfuros, sulfatos, cloruros e fluoruros concentrados e substancias que reaccionen coa auga para formar produtos ácidos.

9) Gases ou vapores: o contido en gases ou vapores nocivos ou tóxicos (tales como os citados no anexo n.º 2 do Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, do 30 de novembro de 1961), debe limitarse na atmosfera de todos os puntos da rede onde traballe ou poida traballar o persoal de saneamento aos valores máximos sinalados no citado anexo n.º 2.

Para os gases máis frecuentes, as concentracións máximas permisibles na atmosfera de traballo serán:

i. Dióxidos de xofre: 5 partes por millón.

ii. Monóxido de carbono: 100 partes por millón.

iii. Cloro: 1 parte por millón.

iv. Sulfuro de hidróxeno: 20 partes por millón.

v. Cianuro de hidróxeno: 10 partes por millón.

A tal fin, limitarase nas verteduras o contido en substancias potencialmente produtoras de gases ou vapores a valores tales que impidan que, nos puntos próximos ao de descarga da vertedura, onde poida traballar o persoal, sobrepasanse as concentracións máximas admisibles.

10) Índices de calidade: as verteduras de augas residuais á rede de sumidoiros non deberán sobrepasar as seguintes concentracións máximas que se relacionan:

– Sólidos rapidamente sedimentables: 15 mg/l.

– T (ºC: <40 ºC.

– pH: 5,5-10.

– Graxas: 100 mg/l.

– Cianuros libres: 2 mg/l.

– Cianuros (en CN-): 10 mg/l.

– Dióxido de xofre (SO2): 20 mg/l.

– Fenois totais (C6H5OH): 5 mg/l.

– Formaldehido (HCHO): 15 mg/l.

– Amoníaco: 1,5 mg/l.

– Sulfuros (en S2-): 10 mg/l.

– Sulfuros libres: 0,5 mg/l.

– Aluminio (Al): 30 mg/l.

– Arsénico (As): 2 mg/l.

– Bario (Ba): 20 mg/l.

– Boro (B): 4 mg/l.

– Cadmio (Cd): 1 mg/l.

– Cobre (Cu): 5 mg/l.

– Cromo hexavalente: 1 mg/l.

– Cromo total: 5 mg/l.

– Cinc (Zn): 5 mg/l.

– Estaño (Sn): 4 mg/l.

– Ferro (Fe): 2 mg/l.

– Manganeso (Mn): 4 mg/l.

– Mercurio (Hg): 0,2 mg/l.

– Níquel (Ni): 10 mg/l.

– Chumbo (Pb): 2 mg/l.

– Selenio (Se): 2 mg/l.

A dilución de calquera vertedura de augas residuais practicada coa finalidade de satisfacer estas limitacións será considerada unha infracción a esta ordenanza, salvo en casos declarados de emerxencia ou perigo.

11) Refugallos radioactivos: refugallos radioactivos ou isótopos de tal vida media ou concentración que non cumpran cos regulamentos ou ordes emitidos pola autoridade pertinente de que dependa o control sobre o seu uso e que provoquen ou poidan provocar danos ou perigos para as instalacións ou as persoas encargadas do seu funcionamento.

12) A D.B.O.5 (demanda bioquímica de oxíxeno) en mg/l, será inferior a 40 mg de oxíxeno disolto absorbido en 5 días a 18 ºC.

Os materiais en suspensión contidos nas augas residuais non excederán en peso 30 mg/l.

13) Calquera instalación industrial quedará sometida ás especificacións, controis e normas que se conteñen nas normas urbanísticas municipais.

Á marxe do disposto anteriormente, toda instalación industrial deberá cumprir tamén cos requisitos referidos no Plan Xeral en materia de verteduras, así como na normativa xeral correspondente.

7.3. Ruídos.

Os ruídos axustaranse ao establecido na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, e o regulamento que a desenvolve, recollido no Decreto 150/1999, do 7 de maio.

Os valores de recepción de ruído, de acordo coa citada normativa, serán os seguintes:

Zona de sensibilidade acústica

Valores de recepción en dB(A).

Día (8-22 H)

Noite (22-8 H)

A

60

50

B

65

55

C

70

60

D

75

65

A: zona de alta sensibilidade acústica.

B: zona de moderada sensibilidade acústica.

C: zona de baixa sensibilidade acústica.

D: zona de servidume.

Así mesmo, observarase o establecido na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

Non se permiten os ruídos que sobrepasen os 55 dB(A) medidos no eixe das rúas frente á parcela que se considere.

7.4. Normativa oficial.

Ademáis do preceptuado nas presentes ordenanzas reguladoras, os usuarios das industrias deberán aterse ás restantes normas e prescricións establecidas na lexislación seguinte:

– Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais.

– Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, do 30 de novembro de 1961 (Decreto 2414/1961).

Se no caso concreto concorreren circunstancias especiais que fagan aparecer dúbidas de interpretación sobre un ou varios dos artigos incluídos nas presentes ordenanzas, observarase o que ditaminen os servizos técnicos do Concello.

8. Condicións estéticas.

8.1. Xeneralidades.

– Queda prohibido o falseamento dos materiais empregados, os cales se presentarán no seu verdadeiro valor.

– Permítense as recebas sempre que estén ben rematadas. As empresas quedarán obrigadas ao seu bo mantemento e conservación.

– Tanto as paredes medianís como os paramentos que sexan susceptibles de posterior ampliación deberán tratarse como fachadas, ofrecendo calidade de obra rematada.

– Os rótulos empregados axustaranse ás normas dun correcto deseño canto á composición e cores utilizadas e realizaranse a partir de materiais inalterables aos axentes atmosféricos. A empresa é a responsable -en todo momento- do seu bo estado de mantemento e conservación.

– As edificacións en parcelas con fronte a máis dunha rúa quedarán obrigadas a que todos os seus paramentos de fachada teñan a mesma calidade de deseño e acabamento. Enténdese por paramentos de fachada os que dan fronte a calquera vía ou espazo público.

– As construcións auxiliares e instalacións complementarias das industrias deberán ofrecer un nivel de acabamento digno, e que non desmereza a estética do conxunto; para o cal os ditos elementos deberán tratarse con idéntico nivel de calidade que a edificación principal.

– A tipoloxía das construcións deberá de ser congruente coas características do contorno e os materiais empregados para a renovación e acabamento de fachadas e cubertas das edificacións e os cerres de parcelas deberán de harmonizar coa paisaxe en que vaian situarse.

– Queda prohibida a publicidade estática que polas súas dimensións, localización ou colorido non cumpra co artigo 104 da Lei 9/2002, do solo, nas súas alíneas a), b) e c).

– As construcións deberán presentar todos os seus parámetros exteriores e cubertas totalmente rematados, con emprego neles das formas e materiais que menor impacto produzan, así como das cores tradicionais na zona ou, en todo caso, as que favorezan en mellor medida a integración no seu contorno inmediato e na paisaxe.

9. Normas de aplicación directa da Lei 9/2002.

Xustificación do artigo 10, alínea d) do Decreto 80/2000, no que se indica que o proxecto sectorial deberá incluír unha xustificación do cumprimento das normas de aplicación directa contidas nos artigos 59 e 61 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, que foi derogada pola Lei 9/2002, pasando a ser os artigos 104 e 106.

Artigo 104. Adaptación ao ambiente.

– As construcións non están localizadas en lugares inmediatos ou que formen parte dun grupo de edificios de carácter artístico, histórico, típico ou tradicional, nin existe ningún edificio de grande importancia ou calidade.

– As construcións non están localizadas en lugares de paisaxe aberto ou natural, ou nas perspectivas que ofrezan os conxuntos urbanos de características histórico-artísticas, típicos ou tradicionais e nas inmediacións das estradas ou camiños de traxecto pintoresco que limiten o campo visual para contemplar as belezas naturais, rompan a harmonía da paisaxe, desfiguren a perspectiva propia del ou limiten ou impidan a contemplación do conxunto

– Segundo se recolle no punto 8 de condicións estéticas, a tipoloxía das construcións deberá ser congruente coas características do contorno e os materiais empregados para a renovación e acabamento de fachadas e cubertas das edificacións e os cerres de parcelas deberán harmonizar coa paisaxe en que vaian situarse.

– Segundo se recolle no punto 8 de condicións estéticas, queda prohibida a publicidade estática que polas súas dimensións, localización ou colorido non cumpra co artigo 104 da Lei 9/2002, do solo, nas súas alíneas a), b) e c).

– Segundo se recolle no punto 8 de condicións estéticas, as construcións deberán presentar todos os seus parámetros exteriores e cubertas totalmente rematados, co emprego neles das formas e materiais que menor impacto produzan, así como das cores tradicionais na zona ou, en todo caso, as que favorezan en mellor medida a integración no contorno inmediato e na paisaxe.

– A zona de implantación do parque empresarial non está ameazado por graves riscos naturais ou tecnolóxicos como inundación, afundimento, incendio, contaminación, explosión ou outros análogos, que impida a construción, instalación ou calquera outro uso do solo.

Artigo 106. Protección das vías de circulación.

– As construcións e cerres que se constrúan con obra de fábrica, vexetación ornamental ou outros elementos permanentes no polígono será en zonas consolidadas; ademáis, a distancia entre o límite da parcela e o eixe da vía pública a que dean fronte será de 8 m (maior dos 4 m que se piden) e o PXOM de Touro non indica unha distancia superior e cúmprese co disposto pola lexislación sectorial de aplicación.

– A construción das vías de circulación de vehículos automóbiles indicadas neste proxecto de sectorización za estaban previstas no PXOM de Touro.

Contra o devandito acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2011.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo