Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 13 de xullo de 2011 Páx. 19426

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5108/2010-GA).

Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 5108/2010-GA desta sección, seguido por instancia de Explotaciones Hoteleras Entrerrías, S.L., contra a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra e contra Adriana Paula Rodrigues, Patricia Tibes Xabier, Bibiana Lorena López Murillo, Faith Evboboru, Edna Bernardo Borges, Walkire Ramos Roque, Simone Santos Viera, Juliana dos Santos Batista, Luisa Fernanda Osorio Villa, Simone de Oliveira Castro Silva, Luciana Cristin Nunes, Luanna Beatriz Monteiro de Oliveira, sobre outros dereitos laborais, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Explotaciones Hoteleras Entrerrías, S.L. e outros ou contra a sentenza do 4 de outubro de 2010 do Xulgado do Social número cinco de Vigo, ditada en xuízo seguido de oficio por instancia da Inspección de Traballo e da Seguridade Social, actuando como partes a recorrente, Explotaciones Hoteleras Entrerrías, S.L. e outros, a sala confirma integramente a sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se os recorrentes non estiveren exentos de depósito e consignación para recorrer, deberán ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Adriana Paula Rodrigues, Patricia Tibes Xabier, Bibiana Lorena López Murillo, Faith Evboboru, Edna Bernardo Borges, Walkire Ramos Roque, Simone Santos Viera, Juliana dos Santos Batista, Luisa Fernanda Osorio Villa, Simone de Oliveira Castro Silva, Luanna Beatriz Monteiro de Oliveira, Luciana Cristin Nunes, actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia recollida no artigo 89 LPL, de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino esta na Coruña o 15 de xuño de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricadol