A Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (en adiante Lominga) constitúe a lexislación propia da comunidade autónoma en materia de minas e desenvolve o réxime xurídico das actividades mineiras en Galicia en condicións de sustentabilidade e seguridade, promovendo un aproveitamento racional dos recursos compatible coa protección do ambiente. No seu título IV regula o procedemento de outorgamento e contido dos dereitos mineiros, establecendo no artigo 35 que os terreos francos resultantes do levantamento dunha zona de reserva ou a declaración de caducidade dun permiso de exploración, un permiso de investigación ou unha concesión mineira poderán ser declarados rexistrables unha vez realizado o necesario concurso público previsto na lexislación específica mineira.
A devandita lexislación específica mineira está constituída pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas e as súas modificacións posteriores, desenvolvida polo Regulamento xeral para o réxime da minaría aprobado polo Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto. O artigo 39 da Lei de minas sinala que o levantamento da reserva ou a caducidade do permiso de exploración, do permiso de investigación ou da concesión de explotación non outorgará ao terreo o carácter rexistrable ata que teña lugar un concurso público polo que se resolverá, conforme os artigos 53 e 64, o outorgamento de permisos de investigación e concesións directas de explotación sobre os devanditos terreos.
Desde o último concurso realizado na provincia da Coruña transcorreron máis de sete anos, o que produciu que a día de hoxe exista gran extensión de terreo franco non rexistrable nesta provincia. É por iso que se fai necesario convocar un concurso público dos dereitos mineiros caducados desta provincia en prol de fomentar e dinamizar a minaría no noso territorio.
Polo exposto, en uso das facultades que me confire o artigo 16 da Lominga e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia
DISPOÑO:
Primeiro. Obxecto.
En aplicación dos artigos 35 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, 39.2, 53 e 64 da Lei 22/1973, do 21 do xullo, de minas, e 72 e 85 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978, mediante a presente orde decláranse como francos e acórdase convocar concurso público dos terreos resultantes da caducidade dos dereitos mineiros que a continuación se detallan, cuxas cuadrículas mineiras están comprendidas na provincia da Coruña, incluídas aquelas superficies que pertencendo a máis dunha provincia, teñan maior superficie na da Coruña, con expresión do tipo de dereito, número, nome, recurso, superficie e termos municipais afectados.
|
Tipo dereito |
Núm. |
Nome |
Recurso/s |
Superficie |
Termos municipais |
|
CE |
1633 |
Mina Sanjurjo |
Arxila |
4 p |
Narón |
|
CE |
1634 |
Sanjurjo n.º 2 |
Caolín |
10 p |
Cabanas |
|
CE |
1707 |
Oportuna |
Caolín |
20 p |
Carballo |
|
CE |
2896 |
La Blanca |
Caolín |
12 p |
Narón |
|
CE |
2945 |
Ultreya |
Cobre |
550 p |
Santiago de Compostela |
|
CE |
3443 |
Xuana |
Caolín |
100 p |
Porto do Son |
|
CE |
4894 |
Florentina |
Caolín e outros |
119 p |
Porto do Son |
|
CE |
4960 |
Santa Rita 1.ª |
Caolín |
400 p |
Cabanas, Pontedeume |
|
CE |
4961 |
Santa Rita 2.ª |
Caolín |
54 p |
Cabanas |
|
CE |
5001 |
Jaguar |
Cobre |
100 p |
Santiago de Compostela |
|
CE |
5038 |
La Esperanza |
Feldespato, caolín |
20 p |
Ribeira |
|
CE |
5051 |
Pontevedra |
Andalucita |
146 p |
Porto do Son, Ribeira |
|
CE |
5180 |
San José |
Serpentina |
23 p |
San Sadurniño, Moeche |
|
CE |
5260 |
Ángel y Alejandra |
Seixo e outros |
210 p |
Muxía |
|
CE |
5383 |
Blanquita |
Seixo |
22 p |
Santiago de Compostela |
|
CE |
5416 |
Santa Bárbara |
Serpentina |
299 p |
Moeche, San Sadurniño, As Somozas |
|
CE |
5433 |
Blanquita |
Seixo |
95 p |
Santiago de Compostela |
|
CE |
5476 |
Ampliación a Manuel |
Serpentina |
11 p |
Moeche, San Sadurniño |
|
CE |
5543 |
Esperanza |
Serpentina |
872 p |
Moeche, San Sadurniño |
|
CE |
5557 |
Arca |
Cianita |
23 p |
O Pino |
|
CE |
5558 |
Quion |
Cianita |
30 p |
O Pino, Touro |
|
CE |
5559 |
Coqui |
Cianita |
45 p |
O Pino |
|
CE |
5569 |
Ampliación a Touriñan |
Seixo |
16 p |
Muxía |
|
CE |
5582 |
Ampliación a Esperanza |
Caolín |
59 p |
Porto do Son, Ribeira |
|
CE |
5624 |
San Rafael |
Lignito, caolín |
1168 p |
Narón, San Sadurniño, Neda |
|
CE |
5711 |
Unión |
Serpentina, talco |
69 p |
Sobrado |
|
CE |
5909 |
Ampliación a la Unión |
Serpentina, talco |
71 p |
Sobrado |
|
CE |
5962 |
Susana |
Wolframio |
110 p |
Santa Comba |
|
CE |
6002 |
Undécima |
Seixo |
692 p |
Monfero, Vilarmaior |
|
CE |
6014.2 |
David fracción 2.ª |
Serpentina, seixo |
18 p |
Ortigueira, Cariño |
|
CE |
6035 |
Sanjenjo |
Caolín |
75 p |
Ortigueira |
|
CE |
6145 |
Mary Charo |
Seixo |
54 p |
Bergondo, Cambre |
|
CE |
6147 |
Bárbara |
Seixo |
100 p |
As Pontes de García Rodríguez |
|
CE |
6149 |
Margarita |
Seixo |
98 p |
As Pontes de García Rodríguez |
|
CE |
6150 |
Magdalena |
Seixo |
42 p |
Bergondo |
|
CE |
6232 |
Outeiro Roxo |
Granito |
6 cm |
Ribeira |
|
CE |
6373 |
Mina Casalonga |
Granito |
6 cm |
Teo |
|
PI |
6402 |
Rosa Pindo |
Granito |
10 cm |
Carnota, Mazaricos |
|
CE |
6402.1 |
Rosa Pindo |
Granito |
10 cm |
Carnota, Dumbría |
|
CE |
6464-bis |
Ixorna |
Granito |
1 cm |
Rianxo |
|
PI |
6482.11 |
Pasek 3 |
Dunita |
6 cm |
Narón, San Sadurniño, Valdoviño |
|
CE |
6482.121 |
M.ª Elena Este fracc. 1.ª |
Talco |
8 cm |
Valdoviño |
|
PI |
6495 |
Erimsa |
Caolín, seixo e outros |
11 cm |
Ordes |
|
CE |
6495.1 |
Erimsa fracción 1.ª |
Caolín, seixo e outros |
35 cm |
Ordes, Oroso |
|
PI |
6570 |
Isabel |
Molibdeno, prata, arsénico, seixo |
24 cm |
Santa Comba, Zas |
|
CE |
6570.1 |
Isabel |
Sección c) |
44 cm |
Santa Comba, Zas |
|
PI |
6571 |
Patricia Stella |
Lousa |
135 cm |
Ortigueira, Mañón |
|
PI |
6572 |
Araceli |
Lousa, caolín e outros |
169 cm |
As Pontes de García Rodríguez, As Somozas |
|
CE |
6615.1 |
Nuestra Sra. de la Pastoriza |
Granito ornamental |
6 cm |
A Coruña, Arteixo |
|
PI |
6623 |
Vizoso |
Serpentina, dunita |
2 cm |
Moeche, As Somozas |
|
PI |
6633 |
Cruxeiras |
Seixo e sección c) |
44 cm |
Ordes, Oroso |
|
PI |
6634 |
Monte Rande II |
Lousa e outros |
2 cm |
Ortigueira |
|
CE |
6645.1 |
Catadoira |
Granito e sección c) |
6 cm |
Porto do Son |
|
CE |
6667 |
Bea |
Seixo e outros |
9 cm |
Santiago de Compostela |
|
PI |
6669 |
Rua |
Sección c) |
211 cm |
Abegondo, Cesuras, Ordes, Mesía |
|
PI |
6671 |
Zancas Pedregosas |
Sección c) |
32 cm |
Oroso, Santiago de Compostela, Trazo |
|
PI |
6705.41 |
Frades fracción 4.ª, segreg. 1.ª |
Arxila |
28 cm |
Mesía, Frades |
|
PI |
6709 |
Petón |
Sección c) |
12 cm |
Ordes, Oroso |
|
PI |
6709.1 |
Petón |
Sección c) |
11 cm |
Ordes, Oroso |
|
CE |
6709.11 |
Petón |
Sección c) |
1 cm |
Ordes, Oroso |
|
PI |
6730.1 |
Maribel fracción 1.ª |
Seixo, granito |
52 cm |
A Capela, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas |
|
PI |
6730.2 |
Maribel fracción 2.ª |
Seixo, granito |
1 cm |
As Pontes de García Rodríguez |
|
PI |
6756 |
Camino |
Seixo e outros |
52 cm |
Oroso, Santiago de Compostela, Trazo |
|
CE |
6756.1 |
Camino |
Seixo |
16 cm |
Santiago de Compostela, Trazo |
|
PI |
6763 |
Caridad |
Sección c) |
72 cm |
Ponteceso |
|
PI |
6765 |
Don Vasco |
Sección c) |
6 cm |
Laxe |
|
PI |
6768 |
Norsil uno |
Seixo e areas |
12 cm |
Santiago de Compostela, Oroso |
|
PI |
6769 |
Amistad |
Seixo e outros |
74 cm |
Oroso, O Pino, Santiago de Compostela |
|
PI |
6770 |
Miramontes |
Seixo e sección c) |
10 cm |
Santiago de Compostela |
|
PI |
6771 |
Marta |
Seixo e sección c) |
53 cm |
Ames, Santiago de Compostela, Trazo, Val do Dubra |
|
PI |
6771.1 |
Marta fracción 1.ª |
Seixo e sección c) |
14 cm |
Santiago de Compostela, Ames |
|
PI |
6776 |
Josefina |
Sección c) |
49 cm |
Ames, Brión |
|
PI |
6778.11 |
Celia |
Seixo |
2 cm |
Trazo |
|
PI |
6783 |
Sisalde |
Sección c) |
3 cm |
Brión |
|
PI |
6784 |
Nueva Dominguera |
Sección c) |
47 cm |
Abegondo, Ordes, Carral |
|
PI |
6785 |
Sendelle |
Sección c) |
20 cm |
Boimorto |
|
PI |
6785.1 |
Sendelle seg. 1.ª |
Sección c) |
16 cm |
Boimorto, Mesía |
|
PI |
6808 |
San Martín |
Sección c) |
44 cm |
Vimianzo, Dumbría, Camariñas, Muxía |
|
PI |
6811 |
Bergando |
Granito |
4 cm |
A Baña |
|
PI |
6812 |
Miranela |
Granito |
4 cm |
Padrón |
|
PI |
6830 |
Vanesa |
Granito e sección c) |
83 cm |
Ames, Santiago de Compostela, Trazo, Val do Dubra |
|
PI |
6834 |
Las Viñas |
Sección c) |
16 cm |
As Somozas |
|
PI |
6842 |
Lourdes |
Sección c) |
72 cm |
Curtis, Cesuras, Mesía, Oza dos Ríos, Vilasantar |
|
PI |
6842.1 |
Lourdes seg. 1.ª |
Seixo |
51 cm |
Cesuras, Mesía |
|
PI |
6843 |
Maite |
Sección c) |
39 cm |
Boimorto |
|
PI |
6843.1 |
Maite seg. 1.ª |
Seixo |
8 cm |
Boimorto |
|
PI |
6850 |
Apolo |
Sección c) |
27 cm |
Muxía |
|
PI |
6859 |
La Reoca |
Sección c) |
9 cm |
Cee, Muxía |
|
PI |
6860 |
Ampliación A Polo |
Sección c) |
23 cm |
Muxía |
|
PI |
6866 |
Arcai |
Sección c) |
20 cm |
Cerceda, Tordoia |
|
PI |
6868 |
Silvalonga |
Sección c) |
6 cm |
Narón, San Sadurniño |
|
PI |
6871 |
El Bloque II |
Granito ornamental e sección c) |
9 cm |
Culleredo |
|
PI |
6873 |
Arcai-II |
Sección c) |
15 cm |
Cerceda, Tordoia |
|
PI |
6875 |
Ampliación a Raposeira |
Arxila |
24 cm |
Oleiros, Cambre, Sada |
|
PI |
6904 |
Oca |
Seixo e outros |
3 cm |
Coristanco, Carballo |
|
PI |
6906 |
A Zapateira |
Granito ornamental |
36 cm |
A Coruña, Arteixo, Culleredo |
|
PI |
6916 |
María del Pilar |
Sección c) |
18 cm |
Ordes |
|
PI |
6920 |
San Roque |
Sección c) |
234 cm |
Ortigueira, Cedeira, Moeche, Cerdido, Cariño |
|
PE |
6926 |
Patricia PE |
Sección c) |
300 cm |
Capela, Fene, Neda, San Sadurniño, Cabanas, Monfero, Pontedeume |
|
PI |
6927 |
Afegar |
Sección c) |
1 cm |
Carballo |
|
PI |
6930 |
Celta |
Sección c) |
104 cm |
Cerdido, Moeche, As Somozas, San Sadurniño |
|
PI |
6931 |
San Luis |
Caolín, arxila |
24 cm |
Boimorto, Mesía |
|
PI |
6932 |
Sumobe |
Granito ornamental e outros |
5 cm |
Porto do Son, Ribeira |
|
PI |
6934 |
Itziar |
Seixo e outros |
42 cm |
Santiago de Compostela, O Pino |
|
PI |
6935 |
Lola |
Seixo e outros |
18 cm |
O Pino |
|
PI |
6943 |
Bembibre |
Sección c) |
91 cm |
Val do Dubra |
|
PI |
6945 |
Noemi |
Seixo e sección c) |
135 cm |
Cerceda, Ordes, Tordoia |
|
PI |
6946 |
Reina Carlota |
Seixo e sección c) |
7 cm |
Cabana, Ponteceso |
|
PI |
6947 |
Alba |
Seixo e sección c) |
27 cm |
Frades, Oroso |
|
PI |
6948 |
Arribeltz |
Sección c) |
17 cm |
Melide, Santiso |
|
PI |
6948.1 |
Arribeltz fracción 1.ª |
Sección c) |
4 cm |
Melide |
|
PI |
6948.2 |
Arribeltz fracción 2.ª |
Sección c) |
7 cm |
Melide, Santiso |
|
PI |
6950 |
Baio |
Granito ornamental |
13 cm |
Vimianzo, Zas |
|
PI |
6952 |
Chus 4 |
Ouro, afíns e outros |
15 cm |
Ferrol |
|
PI |
6953 |
Chus 3 |
Ouro, afíns e outros |
133 cm |
Ferrol, Narón, Valdoviño |
|
PI |
6954 |
Chus 2 |
Ouro, afíns e outros |
129 cm |
Ferrol, Narón, Valdoviño |
|
PI |
6955 |
Chus 1 |
Ouro, afíns e outros |
7 cm |
Ferrol, Narón |
|
PI |
6956 |
Julia 7 |
Ouro, afíns e outros |
4 cm |
Ponteceso |
|
PI |
6957 |
Julia 6 |
Ouro, afíns e outros |
33 cm |
Cabana |
|
PI |
6958 |
Julia 5 |
Ouro, afíns e outros |
11 cm |
Ponteceso, Cabana |
|
PI |
6959 |
Julia 4 |
Ouro, afíns e outros |
75 cm |
Ponteceso, Cabana |
|
PI |
6960 |
Julia 3 |
Ouro, afíns e outros |
31 cm |
Cabana, Coristanco |
|
PI |
6961 |
Julia 2 |
Ouro, afíns e outros |
45 cm |
Cabana, Coristanco, Ponteceso |
|
PI |
6962 |
Julia 1 |
Ouro, afíns e outros |
94 cm |
Cabana, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso |
|
PI |
6963 |
Ampliación a Don Vasco |
Caolín e outros |
6 cm |
Cabana, Laxe, Zas |
|
PI |
6964 |
Erbecedo |
Sección c) |
69 cm |
Carballo, Coristanco, Tordoia |
|
PI |
6965 |
Rus |
Sección c) |
24 cm |
Carballo, Coristanco |
|
PI |
6966 |
Javier |
Seixo e outros |
35 cm |
Cambre, Carral |
|
PI |
6967 |
Cuarzos I |
Seixo e outros |
5 cm |
Abegondo, Oza dos Ríos |
|
PI |
6968 |
Modesto |
Seixo e outros |
15 cm |
Cambre, Carral |
|
PI |
6970 |
Raquel 2 |
Ouro, afíns e outros |
16 cm |
Melide |
|
PI |
6971 |
Raquel 1 |
Ouro, afíns e outros |
22 cm |
Arzúa, Boimorto, Melide |
|
PI |
6972 |
Raquel 3 |
Ouro, afíns e outros |
220 cm |
Arzúa, Melide |
|
PI |
6974 |
Xurxo |
Seixo e outros |
260 cm |
Abegondo, Carral, Cesuras, Oza dos Ríos |
|
PI |
6975 |
Verónica |
Granito ornamental, sección c) |
20 cm |
Negreira, Outes |
|
PI |
6976 |
Tallara |
Rocha ornamental e outros |
54 cm |
Lousame, Noia |
|
PI |
6977 |
Corzos |
Rocha ornamental e outros |
48 cm |
Santa Comba, Val do Dubra |
|
PI |
6978 |
Rial |
Sección c) |
32 cm |
Val do Dubra, Santa Comba |
|
PI |
6979 |
Nerea |
Seixo e outros |
16 cm |
Val do Dubra |
|
PI |
6980 |
Santiago |
Seixo e outros |
13 cm |
Carballo, Coristanco |
|
PI |
6981 |
Ardaña |
Sección c) |
5 cm |
Carballo, Coristanco |
|
PI |
6982 |
Esmeralda |
Seixo e outros |
7 cm |
Val do Dubra, Santiago de Compostela |
|
PI |
6983 |
Yeyo |
Seixo e sección c) |
87 cm |
Oroso, Ordes, Frades, Mesía |
|
PI |
6984 |
Fernando |
Seixo e outros |
102 cm |
Mesía, Frades |
|
PI |
6985 |
Daniel |
Seixo e outros |
36 cm |
Mesía, Vilasantar, Boimorto |
|
PI |
6986 |
Río Tambre |
Seixo e outros |
36 cm |
Mesía, Vilasantar, Curtis |
|
PI |
6988 |
Malena |
Granito ornamental |
1 cm |
Vimianzo |
|
PI |
6989 |
Ampliación a Daniel |
Seixo e outros |
24 cm |
Mesía |
|
PI |
6991 |
Ana |
Seixo |
52 cm |
Narón, Neda, San Sadurniño |
|
PI |
6992 |
Monte do Gato |
Sección c) |
40 cm |
Aranga, Coirós, Oza dos Ríos |
|
PI |
6995 |
Ampliación a Granitos del Noroeste |
Granito |
2 cm |
A Coruña, Arteixo |
|
PI |
7005 |
Cabo Ortegal Central |
Granate e afíns |
299 cm |
Cariño |
|
PI |
7006 |
Ortigueira |
Granate e afíns |
154 cm |
Ortigueira, Cariño |
|
PI |
7007 |
Cabo Ortegal Oeste |
Granate e afíns |
300 cm |
Cedeira |
|
PI |
7008 |
Cedeira |
Granate e afíns |
128 cm |
Cedeira |
|
PI |
7009 |
Cabo Ortegal Oriental |
Granate e afíns |
300 cm |
Ortigueira, Cariño |
|
PI |
7015 |
Alcayán |
Sección c) |
129 cm |
Carballo, Santa Comba, Coristanco |
|
PI |
7016 |
Teixeiro |
Serpentina |
12 cm |
Curtis |
|
PI |
7024 |
José Luis |
Sección c) |
96 cm |
Arteixo, Culleredo, A Coruña |
|
PI |
7025 |
Rego d´ouro |
Lousa |
60 cm |
Mañón, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez |
|
PI |
7028 |
Irene |
Granito ornamental |
4 cm |
Boiro |
|
PI |
7032 |
Verónica-1 |
Granito ornamental, sección c) |
15 cm |
Muros |
|
PI |
7039 |
Catasol |
Sección c) |
3 cm |
Melide, Santiso |
|
PI |
7061 |
San Cristobal |
Granito, sección c) |
4 cm |
Trazo |
|
PI |
7069 |
Irene II |
Granito ornamental |
2 cm |
Boiro, Lousame |
|
PI |
7070 |
Sonense |
Granito ornamental |
24 cm |
Boiro, Lousame |
|
PI |
7071 |
Narce-III |
Caolín, areas de sílice |
97 cm |
Aranga, Monfero, Irixoa, Pontedeume, Vilarmaior |
|
PI |
7076 |
Costa Grande 2ª |
Granito ornamental |
7 cm |
Carnota, Muros |
|
PI |
7077 |
Morono |
Granito ornamental |
9 cm |
Padrón, Pontecesures |
|
PI |
7083 |
Leira |
Sección c) |
2 cm |
Ordes |
|
PI |
7087 |
San Marcos |
Sección c) |
12 cm |
Santiago de Compostela, Boqueixón |
|
PI |
7088 |
Ampliación a Celia |
Seixo metalúrxico |
4 cm |
Trazo |
|
PI |
7089 |
Celia |
Seixo metalúrxico |
69 cm |
Ordes, Oroso, Trazo, Tordoia |
|
PI |
7096 |
Trabazón |
Calcaria |
8 cm |
Ortigueira, Cerdido, As Somozas |
|
PI |
7100 |
Barrosa |
Arxila |
20 cm |
Cabana, Coristanco |
Segundo. Designación do terreo, lugar e superficie do depósito ou recurso mineiro obxecto do concurso.
A superficie solicitada no concurso poderá ser a totalidade da designada no dereito caducado ou unha parte del. A designación do terreo será por cuadrículas mineiras referidas ao meridiano de Greenwich e cada cuadrícula estará incluída total ou parcialmente na superficie do mesmo dereito obxecto do concurso, a excepción dos dereitos definidos en pertenzas mineiras, para os que se poderán formular solicitudes sobre varios dereitos obxecto do concurso e sobre terreos francos e rexistrables que os rodeen, se é necesario para formar cuadrículas mineiras.
O depósito ou recurso mineiro que se pretenda será da mesma sección que a que correspondía ao dereito caducado. No caso de recursos da sección D, a solicitude será para o mesmo recurso do dereito caducado.
Terceiro. Viabilidade e solvencia técnica.
Os requisitos de viabilidade e solvencia técnica serán os sinalados no artigo 17 da Lominga e acreditaranse polos medios alí previstos.
Cuarto. Metodoloxía e técnica mineira.
O proceso metodolóxico que se seguirá na investigación do depósito ou recurso mineiro estará fundamentado nunha estratexia de programación de actuacións con obxectivos progresivos en tres fases.
A primeira fase comprenderá os traballos de investigación e os estudos de campo necesarios para obter datos suficientes e adecuados para interpretar a estrutura xeolóxica da superficie solicitada e para caracterizar o recurso en cuestión desde o punto de vista físico-químico, xeoestrutural e xeomecánico.
A segunda fase incluirá métodos de investigación e ensaios de caracterización propios á utilidade de cada material, orientados a delimitar as zonas concretas de maior interese e probable explotación futura. A investigación comprenderá unha campaña de sondaxes con recuperación de testemuña, cunha profundidade adecuada para dar constancia da existencia dos materiais buscados e da súa potencia. A campaña deberá de ter, como mínimo, unha sondaxe por cada zona concreta de interese.
A terceira fase comprenderá métodos de investigación apropiados para delimitar e cuantificar o depósito, cun mínimo dunha malla de sondaxes.
Nas concesións directas, no proxecto de explotación deberanse indicar os datos e probas que permitan definir a explotación dos recursos como consecuencia de melloras tecnolóxicas ou de novas perspectivas de mercado, así como todos os parámetros necesarios (intensidade do traballo previsto, volume de materia que se vai extraer, custos de extracción, volume aproveitable, valor do material no mercado, rendibilidade, etc) que xustifiquen a viabilidade do aproveitamento nas cuadrículas solicitadas.
Quinto. Investimento mínimo necesario.
O investimento mínimo necesario por cuadrícula exixible para o outorgamento dun dereito mineiro no concurso será de doce mil euros (12.000 euros) de unha a dez cuadrículas e de seis mil (6.000 euros) das dez cuadrículas en diante.
Sexto. Prazo de execución dos traballos.
O prazo de execución dos traballos será, como máximo, dun ano para cada fase de investigación. Para as explotacións será o que se acredite no proxecto en función das reservas demostradas e do ritmo de produción previsto que faga viable o aproveitamento.
Sétimo. Solicitudes e documentación que hai que presentar.
O escrito de solicitude dirixirase ao conselleiro de Economía e Industria e será conforme o modelo normalizado que se achega no anexo I desta orde. As solicitudes deberanse axustar aos requisitos establecidos no artigo 35 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, nos artigos 53 e 64 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e nos artigos 72 e 85.1 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando as proposicións non se presenten directamente no Rexistro Xeral da Xunta deberase comunicar a solicitude mediante fax, número 981 54 55 15, á Consellería de Economía e Industria, dentro do prazo fixado no anuncio publicado da convocatoria. O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da última publicación desta orde, sexa Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado.
No primeiro sobre incluirase a documentación acreditativa da capacidade xurídica e de obrar do solicitante e da representación, e o xustificante da fianza provisional, que consistirá no 10% da taxa correspondente ás solicitudes de dereitos mineiros establecida na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo modificacións introducidas pola Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2011, que se indica no anexo II desta orde.
Para acreditar a capacidade xurídica e de obrar achegarase a seguinte documentación:
– No caso de persoas xurídicas, copia compulsada da escritura ou documento de constitución, de modificación, dos estatutos ou do acto fundacional, en que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, se é o caso, no rexistro público correspondente segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
– No caso de persoas físicas, e só no caso de non autorizar a súa consulta, copia compulsada do documento nacional de identidade (DNI) ou documento que regulamentariamente o substitúa, e xuntarase copia compulsada do número de identificación fiscal (NIF) no caso de que non figure no DNI.
Para acreditar a representación achegaranse os seguintes documentos:
– Os que comparezan e asinen a solicitude no nome doutro deberán presentar copia compulsada no DNI, do apoderado, ou documento que regulamentariamente o substitúa, só no caso de non autorizar a súa consulta.
– Se o solicitante é unha persoa física, achegarase copia autenticada ou compulsada da escritura do poder notarial.
– Se o solicitante é unha persoa xurídica, achegarase copia compulsada da escritura de constitución da persoa xurídica e modificación, se é o caso, inscrita no rexistro público correspondente con aqueles particulares dos estatutos ou acordos sociais dos que se deduza a dita representación. Se esta non resultase unicamente deles presentarase, ademais, escritura de poder notarial para xustificala, inscrita no rexistro público correspondente.
A achega do documento de identidade será exixible salvo que o solicitante preste o consentimento para que o órgano xestor acceda ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Administracións Públicas, de conformidade co Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.
O segundo sobre conterá a designación do terreo que se pretende e os documentos requiridos para as solicitudes de dereitos mineiros segundo artigo 17 da Lominga, en que se acreditarán os requisitos da convocatoria sinalados nos artigos segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto.
Os datos relativos á situación xeográfica da superficie sometida a concurso estarán á disposición dos interesados na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Coruña, praza Luís Seoane, s/n, edificio administrativo Monelos, en horas de oficina.
Oitavo. Apertura pública e admisión de solicitudes.
A apertura e admisión de solicitudes realizaraa unha mesa que se constituirá en acto público aos dez días hábiles seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes. A constitución da mesa terá lugar ás 10.00 horas dese día na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Poderán asistir á apertura as persoas que presenten solicitudes.
A mesa estará formada polos seguintes membros:
– O director xeral de Industria, Enerxía e Minas ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente.
– O xefe de Servizo de Xestión Mineira ou un enxeñeiro de Minas designado polo director xeral de Industria, Enerxía e Minas, que deberá actuar como secretario da mesa.
– Un letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Coruña.
– O interventor delegado da Consellería de Economía e Industria.
– Un representante da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña.
Constituída a mesa, darase lectura ao anuncio do concurso, procedendo ao reconto de solicitudes presentadas, dando coñecemento público do número de proposicións recibidas e do nome dos concursantes.
A continuación procederase á apertura dos sobres na orde habitual. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nesta orde de convocatoria, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, terase por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aquelas que non reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán inadmitidas, con indicación da causa de inadmisión.
Noveno. Resolución do concurso.
O órgano mineiro competente para resolver é o conselleiro de Economía e Industria conforme o artigo 16 da Lominga.
O concurso adxudicarase a favor das propostas máis vantaxosas no seu conxunto a xuízo do órgano mineiro competente, entendendo por tales as que ofrezan as mellores condicións científicas e técnicas e as maiores vantaxes económicas e sociais, en atención aos seguintes criterios:
– A calidade técnica do proxecto e as garantías que se ofrezan da súa viabilidade.
– A proposta de rehabilitación dos terreos, as garantías de protección do medio e de minimización de afectacións causadas pola labra e as medidas de compensación que se prevén aplicar para a conservación do medio.
– O recurso mineiro en relación á superficie solicitada.
– O impacto do proxecto no desenvolvemento e mellora das condicións económicas e sociais da zona de implantación.
O concurso resolverase no prazo máximo de tres meses contados desde o día seguinte á última publicación da convocatoria. Transcorrido o prazo, sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.
A resolución poñerá fin á vía administrativa, notificarase a todos os concursantes e publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.
Contra a resolución poderán interpoñerse os seguintes recursos:
– Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
– Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
Resolto o concurso e transcorridos os prazos para a interposición dos respectivos recursos sen que estes se interpuxesen, a documentación achegada coas propostas non seleccionadas quedará á disposición dos interesados.
As fianzas constituídas polos solicitantes das propostas non seleccionadas no concurso devolveranse nun prazo de 30 días naturais, contados desde a notificación da resolución denegatoria.
Décimo. Declaración de terreo franco e rexistrable.
Se despois de realizado o concurso quedasen terreos sen adxudicar, poderán ser declarados francos e rexistrables pola Administración mineira, e deberase publicar esa declaración no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira primeira.
Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa última publicación, no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde a mesma data, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda.
Os gastos de inserción desta orde nas publicacións oficiais serán pola conta dos adxudicatarios.
Disposición derradeira terceira.
Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte da última publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2011.
P.D. (Orde 30.4.2009, DOG n.º 87, do 6 de maio).
José Riesgo Boluda
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

