Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 20893

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 6 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2011, e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 136, do 15 de xullo de 2011, cómpre efectuar as oportunas correccións:

No número 5 do artigo 2, onde di: «Posuír unha media simple de expediente académico igual ou superior a 7,5. Para os solicitantes de enxeñaría e arquitectura deberá ser igual ou superior a 6,5.», debe dicir: «Posuír unha media simple de expediente académico igual ou superior a 2. Para os solicitantes de enxeñería e arquitectura deberá ser igual ou superior a 1,5.».

Nas alíneas a) e b) do artigo 6, onde di: «A nota máxima será de 10 puntos», debe dicir: «A nota máxima será de 4 puntos».

Na alínea c) do artigo 6, onde di: «Polo compromiso do/a interesado/a de emprego do galego na realización das actividades para as que se solicita a axuda, recibirá un punto.», debe dicir: «Polo compromiso do/a interesado/a de emprego do galego na realización das actividades para as que se solicita a axuda, recibirá 0,25 puntos».

Na alínea d) do artigo 6, onde di: «A puntuación total de cada solicitante obterase a partir da suma das dúas puntuacións anteriores», debe dicir «A puntuación total de cada solicitante obterase a partir da suma das tres puntuacións anteriores».