María Mercedes Pena Moreira, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento demanda 524 /2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Núñez Carreira contra a empresa Alicatados y Solados Carreira, S.L., sobre cantidade, se ditou a seguinte cuxa parte dispositiva se xunta:
«Que estimando a demanda de reclamación de cantidade interposta polo demandante José Luis Núñez Carreira contra a empresa demandada Alicatados y Solados Carreira, S. L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), debo condenar e condeno a empresa demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de cinco mil oitocentos doce euros con dezanove céntimos (5.812,19 euros), polos conceptos salariais reclamados, incrementada co 10% de xuros de demora. Sen prexuízo da responsabilidade legal que poida recaer sobre o Fogasa, no suposto de declaración de insolvencia da empresa demandada.
Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado, no prazo de cinco días, contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada e condenada, e se non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao tempo de anunciar o recurso xustificar ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta que este xulgado ten aberta en Banesto para tal fin, n.º identificador 1589 (clave de ingreso 60), ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, así como deberá achegar xustificante creditativo de ter depositado na conta de depósitos e consignacións aberta para tal fin, co código identificador 65, a cantidade de 150 euros, facendo constar no dito ingreso o número de procedemento.
Así, por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.»
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Alicatados y Solados Carreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2011.
A secretaria xudicial
Rubricado

