Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 27 de xullo de 2011 Páx. 21181

I. Disposicións xerais

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o perfil do programa de cualificación profesional inicial de pedra natural en Galicia.

O Real decreto 873/2007, do 2 de xullo, estableceu, entre outras, a cualificación profesional de nivel 1 de operacións auxiliares en plantas de elaboración de pedra natural, e de tratamento e beneficio de minerais e rochas, así como os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, recolle na súa disposición adicional terceira que os módulos específicos asociados a unidades de competencia de cualificacións profesionais de nivel 1 incluídos nos programas de cualificación profesional inicial desenvolven a competencia do perfil profesional e formarán parte da formación profesional do sistema educativo, e determina que a consellería con competencias en materia de educación establecerá o currículo dos módulos específicos dos respectivos perfís profesionais conforme o tecido produtivo de Galicia.

A Orde do 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia establece no seu artigo 8 que os currículos dos módulos específicos dos perfís profesionais que se establezan se desenvolverán por medio de resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e que deberán tomar como referencia os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que inclúa o perfil.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro. Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto o establecemento do perfil profesional do programa de cualificación profesional inicial de pedra natural en Galicia.

Segundo. Identificación.

O programa de cualificación profesional inicial de pedra natural queda identificado polos seguintes elementos:

– Denominación: pedra natural.

– Nivel: programa de cualificación profesional inicial.

– Duración: 580 horas.

– Familia profesional: industrias extractivas.

Terceiro. Competencia xeral.

Realizar as operacións auxiliares en plantas de elaboración da pedra natural, e de tratamento e beneficio de minerais e rochas, fundamentalmente na manipulación e o acondicionamento de instalacións, equipamentos, áreas de traballo e produtos, baixo a supervisión directa do seu inmediato superior, e cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e ambientais.

Cuarto. Competencias profesionais, persoais e sociais.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan:

a) Asistir na recepción, a distribución e o almacenamento de bloques, bolos e rachóns, de acordo coas instrucións de traballo e en condicións de seguridade.

b) Acumular e achegar utensilios, ferramentas e consumibles para colocar de xeito correcto e seguro os bloques, bolos e rachóns nas máquinas de corte ou serraxe, de acordo coas instrucións de traballo e en condicións de seguridade.

c) Preparar e aplicar pastas e morteiros, seguindo as instrucións establecidas e cumprindo a normativa ambiental e de seguridade.

d) Transportar e acumular os consumibles e os produtos, para asegurar o abastecemento das máquinas no proceso e/ou o seu almacenamento.

e) Limpar os elementos de pedra natural para a súa adecuada transformación, o seu almacenamento ou a súa expedición.

f) Limpar e acondicionar a maquinaria, os equipamentos, as instalacións, as ferramentas e a zona de traballo, nas condicións establecidas e cumprindo a normativa ambiental e de seguridade.

g) Realizar tarefas complementarias para axudar no almacenamento e na expedición das mercadorías, seguindo instrucións.

h) Interpretar correctamente ordes de movemento de materiais e produtos para a súa carga ou descarga, para a súa recepción, o seu almacenamento, a súa transformación, a súa expedición ou calquera outro movemento no fluxo loxístico.

i) Manexar correctamente a ponte-guindastre ou polipasto, carretas, produtos, materiais e unidades de carga para a súa recepción, o seu almacenamento, a súa transformación ou expedición, e a súa posterior manipulación, seguindo os procedementos establecidos, consonte a normativa ambiental e de prevención de riscos laborais. .

j) Realizar o mantemento de primeiro nivel da ponte-guindastre e o polipasto, así como das carretas automotoras de manutención e de tracción manual, para asegurar o seu funcionamento óptimo, cumprindo as disposicións de prevención de riscos laborais e ambientais, e as disposicións mínimas de seguridade e saúde establecidas para o seu uso.

k) Transportar materias primas e materiais ás liñas de produción, para abastecelas deles, así como retirar os residuos xerados nos procesos produtivos ás zonas previstas para tal fin.

l) Adoptar as medidas de seguridade establecidas para a prevención de riscos laborais, prevención de danos a materiais e equipamentos, e coidado da saúde nos traballadores.

m) Colaborar no control de existencias transmitindo a información do movemento de cargas que se realiza.

n) Realizar as operacións de carga e descarga dos materiais e os produtos para a súa manipulación segura, utilizando os utensilios e os accesorios adecuados ás súas características, de acordo cos procedementos establecidos.

ñ) Adaptarse á organización específica da empresa, integrándose no sistema de relacións técnico-laborais.

o) Comunicarse eficazmente coas persoas adecuadas en cada momento, respectando as canles establecidas na organización.

p) Executar as intervencións de acordo coas instrucións recibidas, aplicando os procedementos específicos da empresa.

q) Manter hábitos de orde, puntualidade, responsabilidade e pulcritude ao longo da actividade.

r) Demostrar as actitudes de cortesía, respecto e discreción requiridas na atención á clientela.

s) Actuar con confianza na propia capacidade profesional e prestar atención ás innovacións que se produzan dentro do sector e que poidan fomentar o propio desenvolvemento profesional.

Quinto. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais incluídas no perfil profesional.

Cualificacións profesionais completas incluídas no perfil:

Operacións auxiliares en plantas de elaboración de pedra natural e de tratamento e beneficio de minerais e rochas, IEX268_1 (Real decreto 873/2007, do 2 de xullo), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC0859_1: Manipular bloques, bolos e rachóns de pedra natural.

– UC0860_1: Manipular e acondicionar produtos, consumibles e maquinaria en instalacións de elaboración da pedra natural, e tratamento e beneficio de minerais e rochas.

– UC0432_1: Manipular cargas con carretas elevadoras.

– UC0637_1: Manipular cargas con pontes-guindastre e polipastos.

Sexto. Contorno profesional.

1. Desenvolve a súa actividade profesional como traballador por conta allea en grandes, medianas e pequenas empresas, basicamente privadas, dedicadas á elaboración da pedra natural, e ao tratamento e beneficio de minerais e rochas. Traballa seguindo instrucións do operario de quen dependa, segundo procedementos establecidos.

2. Localízase fundamentalmente no sector de industrias extractivas e, principalmente, nas seguintes actividades produtivas:

– Extracción de minerais enerxéticos.

– Extracción de minerais de uranio e torio.

– Extracción de minerais metálicos.

– Extracción de minerais non metálicos nin enerxéticos.

– Industria da pedra.

Tamén pode localizarse nos sectores da construción e ambiental, en empresas dedicadas ao tratamento de materiais procedentes de demolicións ou xestión de residuos.

3. Ocupacións e postos de traballo máis salientables:

– Peón de fabricación de produtos minerais non metálicos.

– Condutor/ora operador/ora de ponte-guindastre.

– Condutor/ora operador/ora de carreta elevadora, en xeral.

– Operario/a ou auxiliar en plantas de tratamento e beneficio de minerais.

– Operario/a ou auxiliar en plantas de áridos.

– Operario/a ou auxiliar en plantas de elaboración da pedra natural.

Sétimo. Módulos específicos.

1. Os módulos específicos deste perfil profesional, que toman como referentes os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón, quedan desenvolvidos no anexo I da presente resolución.

2. Son os que se relacionan a continuación:

– ME0127. Manipulación de bloques, bolos e rachóns.

– ME0128. Manipulación e acondicionamento de produtos, consumibles e maquinaria.

– ME0129. Manipulación de cargas con carretas elevadoras. .

– ME0130. Manipulación de cargas con pontes-guindastre e polipastos.

– ME0131. Formación en centros de traballo.

Oitavo. Espazos e equipamentos.

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste perfil profesional son os establecidos no anexo II desta resolución.

2. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado.

3. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

Noveno. Profesorado e persoas formadoras.

1. A atribución docente dos módulos específicos que constitúen as ensinanzas deste perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial impartidos en centros de ensino públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establécese no anexo III A) desta resolución.

2. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa establécense no anexo III B) desta resolución.

3. O perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos en ámbitos produtivos establécese no anexo IV desta resolución.

Décimo. Relación de módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais que inclúe o programa.

A relación dos módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais que inclúe o programa é a que figura na táboa que se inclúe como anexo V desta resolución.

Décimo primeiro. Distribución horaria dos módulos específicos.

A distribución horaria dos módulos específicos cursados en ámbitos non produtivos especifícase no anexo VI desta resolución.

Disposición derradeira. Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela,13 de xullo de 2011.

José Luis Mira Lema
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

1. Anexo I: módulos específicos.

1.1. Módulo específico: manipulación de bloques, bolos e rachóns.

  • Código: ME0127.
  • Duración: 117 horas.

1.1.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

  • RA1. Describe de xeito xeral a organización e o funcionamento dun taller de bloques, relacionando os procesos e as actividades de traballo principais cos oficios e as instalacións, así como coa maquinaria e os equipamentos utilizados, para colaborar na recepción, a distribución e o almacenamento dos bloques de pedra natural.

– CA1.1. Identificáronse os criterios comunmente utilizados na organización dun parque de bloques, para aproveitar convenientemente o espazo dispoñible e reducir os percorridos e os movementos de material.

– CA1.2. Identificáronse as características principais e os requisitos de calidade básicos dos bloques de pedra natural, en función de cada tipo de pedra.

– CA1.3. Relacionáronse os riscos e as medidas de seguridade principais que cumpra adoptar nun parque de bloques, identificáronse os equipamentos de protección individual e recoñecéronse os medios de seguridade colectivos (sinalizacións, proteccións, etc.).

– CA1.4. Describíronse os procesos de traballo nun parque de bloques e identificáronse as principais actividades que cumpra realizar (recepción, identificación e clasificación; preparación e corte ou serraxe; clasificación), consonte criterios de calidade dos produtos resultantes e a súa expedición para procesos posteriores ou a súa venta.

– CA1.5. Distinguíronse os principais tipos de maquinaria utilizados no corte do bloque (teares, cortadoras de disco, máquinas de fío, cisalla, etc.) e describíronse de xeito xeral as súas características, as súas capacidades e o seu funcionamento, en relación cos tipos de pedra e cos produtos que cumpra obter.

– CA1.6. Identificáronse os principais postos de traballo que interveñen nos procesos e nas actividades que se realizan no parque de bloques, e sinaláronse as súas principais funcións, actividades e responsabilidades.

– CA1.7. Identificáronse as instalacións e os equipamentos auxiliares que interveñen no proceso (auga, aire comprimido, electricidade, depuración de auga, pontes-guindastre, cintas, etc.), en relación cos sistemas de corte de bloques, bolos ou rachóns.

– CA1.8. Clasificáronse polas súas funcións e a súa tipoloxía os consumibles necesarios para cada proceso de corte ou serraxe, manipulación e almacenamento de bloques.

• RA2. Describe o proceso industrial utilizado para a manipulación de bloques, bolos e rachóns, indicando as actuacións que garantan a estabilidade da carga e a seguridade fronte aos medios, as máquinas e as persoas que interveñen nos procesos.

– CA2.1. Citouse a secuencia de todas as operacións necesarias para a manipulación da carga, de xeito seguro, desde o camión ata a súa colocación no parque ou no proceso de corte. .

– CA2.2. Relacionáronse todos os elementos e os medios auxiliares que se utilizan para manipular bloques, bolos ou rachóns de pedra, en función das características da carga (peso, forma e volume).

– CA2.3. Seleccionáronse, dentro dun conxunto de medios e utensilios, os necesarios para a suspensión, o transporte e a estabilización dun bloque, bolo ou rachón, e recoñecéronse posibles deterioracións que poidan impedir o seu uso.

– CA2.4. Enumerouse a secuencia de operacións necesarias para colocar e retirar medios de suxeición a un bloque, bolo ou rachón de xeito seguro e co menor número de operacións posibles. .

– CA2.5. Enumeráronse os riscos e os perigos máis habituais na estiba da pedra no proceso previo ao corte do bloque, bolo ou rachón, en relación coas medidas de seguridade que cumpra adoptar en cada caso.

– CA2.6. Citáronse os criterios que cumpra ter en conta para a correcta estabilización dunha carga en función das características do bloque (peso, forma, volume, etc.) e da zona en que se vaia dispor.

– CA2.7. Describiuse o proceso de volteamento de bloques, sinalando os principais riscos e as medidas de seguridade que se deban adoptar.

– CA2.8. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, realizouse a manipulación dun bloque, bolo ou rachón nunha planta de elaboración de pedra natural, e comprobouse o cumprimento dos requisitos de seguridade.

– CA2.9. Enumeráronse as cuestións que se deben ter en conta para realizar indicacións aos operarios das máquinas de elevación, transporte e volteamento, para que estas sexan claras, inequívocas, seguras e eficaces.

• RA3. Selecciona as ferramentas e os utensilios necesarios para colocar a pedra nas máquinas de corte, asegurando a súa estabilidade e a súa seguridade, consonte os procedementos establecidos.

– CA3.1. Explicáronse as razóns polas que se debe situar, nivelar, achumbar e estabilizar o bloque, en relación coas medidas de seguridade que cumpra adoptar e cos problemas derivados dunha incorrecta actuación.

– CA3.2. Describiuse paso a paso o proceso ata a total estabilización do bloque, bolo ou rachón.

– CA3.3. Describíronse as características e as funcións de cada utensilio e ferramenta, en función do traballo para o que se destine.

– CA3.4. Identificáronse as zonas en que se colocan as cuñas e os calzos, de xeito que permitan o paso dos estrobos ou as cadeas.

– CA3.5. Describiuse e realizouse o proceso de retirada de ferramentas, utensilios e consumibles sobrantes, de xeito seguro e aplicando os criterios xerais para o seu almacenamento ou a súa retirada ao vertedoiro, en función da súa natureza e o seu desgaste.

– CA3.6. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, realizouse a acumulación de utensilios, ferramentas e consumibles axeitados para colocar o bloque nas máquinas, e comprobouse o cumprimento das medidas de seguridade.

  • RA4. Elabora pastas e morteiros coas dosificacións establecidas e seguindo as especificacións do fabricante para os aplicar directamente sobre o bloque e garantir a súa perfecta estabilidade, con redución das vibracións.

– CA4.1. Identificáronse os compoñentes de mesturas, e recoñeceuse o seu estado de conservación, para a súa posible utilización.

– CA4.2. Seleccionáronse as ferramentas e os utensilios de traballo axeitados para a elaboración de mesturas, en función do traballo que cumpra realizar.

– CA4.3. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, indicáronse as cantidades necesarias de cada compoñente para obter un tipo de morteiro concreto.

– CA4.4. Enumeráronse os riscos e os perigos que leva consigo a utilización dun conglomerante despois do seu fraguado.

– CA4.5. Citáronse as medidas de seguridade que cómpre respectar cando se realizan os traballos con morteiros e pastas. .

– CA4.6. Citáronse os criterios que se utilizan para comprobar a perfecta estabilización dun bloque.

– CA4.7. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado:

– Elaborouse un morteiro cunha dosificación determinada.

– Comprobouse que a mestura preparada cumpra as condicións requiridas.

– Aplicouse o morteiro.

– Limpáronse todos os utensilios utilizados.

– Gardouse correctamente o material non utilizado no almacén, preservándoo do aire e da humidade.

– Retirouse o sobrante ao vertedoiro.

1.1.2. Contidos básicos.

Parque de bloques: instalacións e maquinaria.

  • Tipos de pedra natural: principais características.
  • Parque de bloques: características e organización.
  • Recepción e clasificación de bloques: sistemas de codificación e rexistro.
  • Almacenamento de bloques.
  • Principais equipamentos e maquinaria: tipos e características xerais de cada un.
  • Instalacións auxiliares: electricidade, auga, aire comprimido e depuración de auga.
  • Principais ferramentas e utensilios: mantemento.
  • Consumibles: clasificación segundo maquinaria, almacenamento, mantemento, reposición, retirada e reciclaxe.
  • Medios de seguridade colectivos.
  • Equipamentos de protección individual

Manipulación de bloques de pedra natural.

  • Sistemas de suspensión e transporte.
  • Volteamento de bloques.
  • Tipoloxía de estrobos, cadeas e sistemas para enganchar o bloque.
  • Ferramentas e medios auxiliares para a estiba de cargas. Suxeición de bloques.
  • Medidas de seguridade na manipulación de bloques: cargas máximas, excentricidade das cargas, dispositivos de seguridade das máquinas, equipamentos de protección individual, itinerarios e sinalizacións establecidas, e amoreamento de bloques, bolos e rachóns.

Técnicas para colocar os bloques nas máquinas.

• Estabilización e inmobilización dos bloques. Criterios de seguridade.

• Operacións auxiliares no achumbamento, a nivelación e a estabilización de bloques nos elementos portantes.

• Ferramentas, utensilios e consumibles utilizados.

• Morteiros e pastas: períodos de amasadura e tempos de utilización.

1.1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de manipulación de bloques, bolos e rachóns de pedra natural.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Asistencia na recepción, a distribución e o almacenamento de bloques, bolos e rachóns, de acordo coas instrucións de traballo e en condicións de seguridade.

– Acumulación e achega de utensilios, ferramentas e consumibles para colocar de xeito correcto e seguro os bloques, bolos e rachóns nas máquinas de corte ou serraxe, de acordo coas instrucións de traballo e en condicións de seguridade.

– Preparación e aplicación de pastas e morteiros, seguindo as instrucións establecidas e cumprindo a normativa ambiental e de seguridade.

1.2. Módulo específico: manipulación e acondicionamento de produtos, consumibles e maquinaria.

• Código: ME0128.

• Duración: 187 horas.

1.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Describe de xeito xeral a organización e o funcionamento das plantas de tratamento e beneficio de minerais e rochas, relacionando os principais procesos e actividades de traballo cos oficios e as instalacións, así como coa maquinaria e os equipamentos utilizados.

– CA1.1. Identificáronse os criterios comunmente utilizados na organización das plantas de tratamento e beneficio, para mellorar as operacións e os movementos de material.

– CA1.2. Relacionáronse os principais riscos e medidas de seguridade que cumpra adoptar nas plantas de tratamento e beneficio, identificáronse os equipamentos de protección individual e recoñecéronse os medios colectivos de seguridade (sinalizacións, proteccións, etc.).

– CA1.3. Describíronse os procesos de traballo nas plantas de tratamento e beneficio, e identificáronse as principais actividades que se realizan (trituración, moedura, clasificación, concentración e almacenamento).

– CA1.4. Distinguíronse os principais tipos de maquinaria utilizados na trituración, a moedura, a clasificación, a concentración e o almacenamento, e describíronse de xeito xeral as súas características, as súas capacidades e o seu funcionamento en relación cos tipos de produtos que se obteñan.

– CA1.5. Distinguíronse os principais sistemas utilizados para o transporte interior (cintas transportadoras, transportadoras de bandas, monocarrís, alimentadores, etc.), e describíronse de xeito xeral as súas características, as súas capacidades e o seu funcionamento.

– CA1.6. Identificáronse os principais postos de traballo que interveñen nos procesos e nas actividades que se realizan nas plantas de tratamento e beneficio, e sinaláronse as principais funcións, actividades e responsabilidades de cada un.

– CA1.7. Enumeráronse as instalacións e os equipamentos auxiliares que interveñen no proceso (aire, auga, lamas, eliminación de po, etc.), en relación con cada operación. .

– CA1.8. Identificáronse os principais tipos de produtos intermedios e finais das plantas de tratamento e beneficio de minerais e rocha, e recoñecéronse as principais características e os requisitos básicos de calidade.

• RA2. Describe de xeito xeral a organización e o funcionamento das plantas de elaboración de pedra natural, relacionando os procesos e as actividades de traballo principais cos oficios e as instalacións, así como coa maquinaria e os equipamentos utilizados, para colaborar na recepción, a distribución e o almacenamento dos produtos de pedra natural.

– CA2.1. Identificáronse os criterios comunmente utilizados na organización do taller de elaboración, para aproveitar convenientemente o espazo dispoñible e reducir operacións e movementos de material.

– CA2.2. Relacionáronse os principais riscos coas medidas de seguridade que cumpra adoptar no taller de elaboración, identificáronse os equipamentos de protección individual e recoñecéronse os medios de seguridade colectivos (sinalizacións, proteccións, etc.). .

– CA2.3. Describíronse os procesos de traballo nun taller de elaboración, e identificáronse as principais actividades que se realizan (corte á medida e labores especiais, e tratamentos superficiais físicos e químicos).

– CA2.4. Distinguíronse os principais tipos de maquinaria utilizados no corte á medida, tratamentos superficiais e labores especiais, e describíronse de xeito xeral as súas características, as súas capacidades e o seu funcionamento en relación cos tipos de pedra e os produtos que se obteñan.

– CA2.5. Identificáronse os principais postos de traballo que interveñen nos procesos e nas actividades que se realizan no taller de bloques, e sinaláronse as principais funcións, actividades e responsabilidades de cada un.

– CA2.6. Enumeráronse as instalacións e os equipamentos auxiliares que interveñen no proceso de elaboración da pedra natural, en relación cos sistemas de corte. .

– CA2.7. Identificáronse os principais tipos de produtos intermedios e finais das plantas de elaboración da pedra natural, e recoñecéronse as principais características e os requisitos básicos de calidade.

• RA3. Describe os procesos de transporte e acumulación de consumibles e produtos intermedios e finais, para axudar na súa recepción, a súa distribución e o seu almacenamento, por medios mecánicos e manuais, en función das máquinas existentes nunha planta de tratamento e beneficio de minerais e rochas, e de elaboración de pedra natural.

– CA3.1. Relacionáronse os tipos de produtos cos sistemas de transporte comunmente utilizados para cada un.

– CA3.2. Citáronse os criterios xerais comunmente utilizados no almacenamento dos produtos en curso e terminados. .

– CA3.3. Relacionáronse os medios auxiliares, mecánicos e manuais, específicos para o transporte de cada tipo e volume de material, e sinaláronse as capacidades e as limitacións de cada medio.

– CA3.4. Identificáronse os consumibles axeitados para cada proceso de tratamento de minerais e rochas ou de elaboración de produtos de pedra natural polas súas funcións e a súa tipoloxía, recoñecéndoos dentro e fóra das súas embalaxes.

– CA3.5. Enumeráronse os riscos e as medidas de seguridade que cómpre adoptar no transporte e o almacenamento de produtos e consumibles, no que respecta tanto ás persoas como aos medios de produción.

– CA3.6. Aplicáronse os criterios e os procedementos establecidos para levar os produtos sobrantes ou residuos aos contedores e aos lugares establecidos.

– CA3.7. Sobre un caso práctico proposto, realizouse a manipulación dos consumibles e os produtos, acumulándoos, transportándoos e almacenándoos cos medios axeitados, con seguridade e eficacia.

• RA4. Aplica os procesos de lavado necesarios para cada tipo de material en función do seu estado real e do proceso ao que se vaia someter.

– CA4.1. Enumeráronse as comprobacións que cumpra realizar con anterioridade ao lavado dun bloque para garantir a seguridade das operacións.

– CA4.2. Expresáronse os aspectos que se deben ter en conta para considerar que unha pedra estea adecuadamente lavada, en función do proceso ao que se vaia someter.

– CA4.3. Enumeráronse as máquinas, as disolucións e os medios auxiliares necesarios para cada tipo de proceso de lavado.

– CA4.4. Describíronse as operacións para lavar, retirar e estabilizar as pranchas de pedra natural, sinaláronse os riscos máis frecuentes e relacionáronse as medidas de seguridade que cumpra ter en conta en cada caso.

– CA4.5. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, realizouse con eficacia e seguridade o proceso de lavado máis axeitado para o tipo de produto ou proceso posterior, incluíndo a estabilización dos produtos.

• RA5. Aplica o método máis axeitado para efectuar a limpeza da maquinaria, os equipamentos, as instalacións e a zona de traballo, tendo en conta as medidas de seguridade e os criterios ambientais establecidos.

– CA5.1. Recoñecéronse os dispositivos de seguridade da maquinaria que intervén nunha planta de tratamento de minerais e rochas, e de elaboración da pedra natural.

– CA5.2. Identificáronse os criterios que cumpra seguir para establecer ou non a limpeza de cada máquina, equipamento ou instalación, e de cada zona de traballo, así como a frecuencia coa que se debe realizar.

– CA5.3. Describiuse o procedemento de limpeza de cada máquina ou zona de traballo, establecendo unha secuencia lóxica de actuación, e sinaláronse os medios que se deben utilizar en cada caso. .

– CA5.4. Recoñecéronse, nun suposto dado, os tipos de residuos que se deben recoller, así como o destino ou o contedor asignado para cada un.

– CA5.5. Recoñecéronse os elementos de seguridade e sinalización que se deben dispor para cada máquina e área de traballo, así como o punto en que se deben situar.

– CA5.6. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, realizouse o proceso de limpeza máis indicado para o tipo de máquina ou área de traballo, con eficacia e seguridade.

• RA6. Aplica os sistemas de almacenamento en función dos materiais e os produtos recibidos, intermedios e finais.

– CA6.1. Identificáronse os equipamentos e os medios auxiliares utilizados no proceso de almacenamento, sinalando as súas capacidades e as súas limitacións, en función da natureza e das características (peso, dimensións, etc.) dos produtos.

– CA6.2. Recoñecéronse os sistemas de identificación de materiais e produtos, e en función diso aplicouse o procedemento establecido para o seu almacenamento.

– CA6.3. Identificáronse os tipos de envases, embalaxes e contedores, así como os materiais de recheo e protección comunmente utilizados para o almacenamento e a expedición dos produtos.

– CA6.4. Relacionáronse as comprobacións necesarias que cumpra realizar sobre a embalaxe, o envase ou o contedor dunha peza, antes de ser introducida esta.

– CA6.5. Identificáronse os sobrantes e os residuos que se xeran no proceso de embalaxe, en función dos materiais utilizados e en relación cos contedores e os lugares de almacenamento que lles corresponden.

– CA6.6. Enumeráronse os riscos do proceso de embalaxe e almacenamento en relación coas medidas de seguridade que cumpra ter en conta en cada caso.

– CA6.7. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, con pezas dunha forma, unhas dimensións e un peso determinados, estableceuse e aplicouse unha secuencia con todos os pasos necesarios para as embalar e as almacenar de xeito seguro, tendo en conta os elementos de identificación necesarios.

1.2.2. Contidos básicos.

Técnicas de tratamento e beneficio de minerais e rochas.

• Principais minerais e rochas que se procesan en plantas de tratamento e beneficio.

• Proceso produtivo en plantas de tratamento e beneficio.

• Principais fases e procesos: trituración primaria e secundaria, moedura, clasificación e concentración.

• Principais equipamentos e maquinaria: tipos e características xerais.

• Sistemas de transporte continuo: cintas transportadoras, transportadoras de bandas, monocarrís e alimentadores.

• Instalacións auxiliares: electricidade, auga e aire comprimido; lamas; eliminación do po.

• Ferramentas e utensilios comunmente utilizados: mantemento.

• Utensilios de trituración e moedura: clasificación e concentración; desgaste e mantemento; reposición.

• Consumibles: tipos; clasificación.

• Mantemento: reposición e retirada.

• Principais produtos das plantas de tratamento e beneficio de minerais e rochas: áridos de distinta granulometría, produtos micronizados e minerais concentrados.

Técnicas de elaboración da pedra natural.

• Tipos de pedra natural: principais características.

• Proceso produtivo da pedra: fases e procesos (corte, e tratamentos superficiais e mecanizados).

• Principais equipamentos e maquinaria: tipos e características xerais.

• Instalacións auxiliares: electricidade, auga e aire comprimido.

• Ferramentas e utensilios comunmente utilizados na elaboración da pedra: mantemento.

• Utensilios de corte: desgaste e mantemento; reposición.

• Consumibles: tipos e clasificación; mantemento e reposición; retirada.

• Principais produtos da elaboración da pedra natural.

• Pranchas e taboleiros estándar e á medida.

• Placas e pezas de lousa.

• Elementos construtivos e ornamentais (balaústres, pasamáns, escaleiras, cornixas, columnas, mesados, chemineas e outros elementos singulares).

Medidas de seguridade e de protección ambiental en instalacións de elaboración da pedra natural, e tratamento e beneficio de minerais e rochas.

• Nocións básicas sobre seguridade específica para cada tipo de proceso e de maquinaria.

• Medidas de seguridade na manipulación de produtos e consumibles.

• Equipamentos de protección individual: clasificación, uso e mantemento.

• Medios de seguridade colectiva. Dispositivos de seguridade das máquinas. Instalacións: proteccións, varandas e sinalizacións. Criterios de seguridade sobre o tránsito na planta: itinerarios e sinalizacións establecidas.

• Ferramentas e medios auxiliares para a manipulación de cargas. Normas de seguridade específicas.

• Estabilización dos elementos de pedra.

• Produtos químicos empregados no tratamento de minerais, rochas e pedra natural: clasificación, riscos de manipulación e medidas preventivas.

• Sobrantes e residuos: tipos e identificación. Etiquetas: sinalización. Almacenamento e retirada segundo o seu tipo e o seu estado.

Operacións de limpeza de bloques e produtos de pedra natural.

• Ferramentas e medios auxiliares para a limpeza de bloques e produtos de pedra natural. Proceso operativo. Estabilización dos produtos.

• Proceso operativo, ferramentas e medios auxiliares para a limpeza de máquinas, equipamentos, instalacións, ferramentas e zonas de traballo.

Almacenamento e expedición de produtos de pedra.

• Criterios xerais de almacenamento.

• Normas xerais de descarga e amoreamento de produtos.

• Sistemas de codificación de materiais e produtos.

• Envases, embalaxes e contedores: tipos, características e aplicacións.

• Materiais de recheo e protección: tipos, características e aplicacións.

• Colocación segura dos produtos nos correspondentes envases ou nas embalaxes.

• Normas xerais para o transporte de produtos.

1.2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de manipulación e acondicionamento de produtos, consumibles e maquinaria en instalacións de elaboración da pedra natural, e tratamento e beneficio de minerais e rochas.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Transporte e acumulación dos consumibles e os produtos, para asegurar o abastecemento das máquinas no proceso e/ou o seu almacenamento.

– Limpeza dos elementos de pedra natural para a súa transformación, o seu almacenamento ou a súa expedición.

– Limpeza e acondicionamento de maquinaria, equipamentos e instalacións, ferramentas e zona de traballo, nas condicións establecidas e cumprindo a normativa de seguridade e protección ambiental.

– Realización de tarefas complementarias para axudar no almacenamento e a expedición das mercadorías.

1.3. Módulo específico: manipulación de cargas con carretas elevadoras.

• Código: ME0129.

• Duración: 70 horas.

1.3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica as condicións básicas de manipulación de materiais e produtos para a súa carga ou descarga en relación coa súa natureza, o seu estado, as súas cantidades, a súa protección e os medios de transporte utilizados.

– CA1.1. Recoñeceuse a documentación ou as instrucións que se deben achegar ás mercadorías obxecto de carga, descarga ou traslado no seu fluxo loxístico.

– CA1.2. Enumeráronse os xeitos de embalaxe e de envasamento de protección utilizadas que conteñan as materias e os produtos, en relación coa súa natureza e o seu estado de conservación.

– CA1.3. Recoñecéronse os métodos de medición e cálculo de cargas para a súa correcta manipulación.

– CA1.4. Enumeráronse os medios de transporte internos e externos, as súas condicións básicas de utilización, así como a súa relación coas cargas que manipulan.

– CA1.5. Nun suposto práctico de manipulación de cargas:

– Recoñeceuse e interpretouse a documentación presentada en diferentes soportes.

– Identificouse se o tipo de embalaxe ou envase é o correcto.

– Observouse se a carga cumpre as dimensións e o peso previstos de acordo co contorno integral de traballo.

– Recoñeceuse se o equipamento de manipulación seleccionado é o axeitado para a carga.

• RA2. Clasifica e describe os tipos de paletización en relación coa forma de constitución da carga que se transporte.

– CA2.1. Identificáronse as formas básicas de constituír as unidades de carga.

– CA2.2. Explicáronse as condicións que deben cumprir as embalaxes e os envases para constituír a unidade de carga.

– CA2.3. Identificáronse e clasificáronse os tipos de paletas e explicáronse as súas aplicacións fundamentais. .

– CA2.4. Explicáronse as variacións no rendemento de peso de carga mobilizada, en función do aproveitamento do volume dispoñible, segundo as formas dos produtos ou a súa embalaxe. .

– CA2.5. Nun caso práctico de manipulación de materiais e produtos, debidamente caracterizado:

– Interpretouse a información facilitada.

– Localizouse a situación física da carga.

– Comprobouse que as embalaxes, os envases e os materiais ou os produtos cumpran as condicións de seguridade.

– Comprobouse que o tipo de paleta ou pequeno contedor metálico seleccionado sexa o máis axeitado para a manipulación e o transporte da unidade de carga, en condicións de seguridade.

• RA3. Interpreta e aplica a normativa referente á prevención de riscos laborais e da saúde dos traballadores.

– CA3.1. Recoñecéronse os riscos derivados do manexo manual de cargas: caídas de obxectos, contusións, posturas de levantamento, sobreesforzos repetitivos, fracturas, lesións músculo-esqueléticas, etc.

– CA3.2. Recoñecéronse os riscos derivados do manexo de máquinas automotoras e de tracción ou pulo manual, tales como atrapamentos, cortes, sobreesforzos, fatiga posicional repetitiva, torsións, vibracións, ruído, gases, etc.

– CA3.3. Distinguíronse os tipos de equipamentos de protección individual adecuados a cada risco.

– CA3.4. Identificáronse as medidas de actuación en situacións de emerxencia.

– CA3.5. Ante un suposto simulado de carga, transporte e descarga, perfectamente definido:

– Identificouse o equipamento de protección individual máis axeitado.

– Recoñecéronse os riscos derivados do manexo da carga.

– Identificáronse os riscos derivados da condución do transporte, da estiba e desestiba, e do amoreamento e o desamoreamento da carga.

– Detalláronse as situacións de emerxencia que se poidan presentar.

• RA4. Interpreta a simboloxía utilizada nas sinalizacións do contorno e nos medios de transporte.

– CA4.1. Enumeráronse os deberes, os dereitos e as regras de conduta das persoas que manipulan e transportan cargas.

– CA4.2. Identificáronse os sinais e as placas informativas obrigatorias que fan referencia á carga, así como outros símbolos de información que debe levar a carreta.

– CA4.3. Identificáronse e interpretáronse os sinais normalizados que deben delimitar as zonas específicas de traballo, os reservadas a peóns e outros situados nas vías de circulación, actuando de acordo coas limitacións do almacén, en caso de manipulación en interiores.

– CA4.4. Identificáronse os sinais luminosos e acústicos que deben levar as carretas, en relación coa súa tipoloxía e a súa localización normalizada.

• RA5. Identifica os elementos das máquinas previstos para a condución segura, así como as operacións de mantemento de primeiro nivel.

– CA5.1. Interpretáronse sobre carretas (ou maquetas) os mandos, os sistemas e os elementos de condución e manipulación, así como os indicadores de combustible, nivel de carga de batería e outros incluídos no taboleiro de control da carreta.

– CA5.2. Interpretáronse nas instrucións do manual de mantemento as operacións que corresponden a un nivel primario deste.

– CA5.3. Interpretáronse as anomalías que afecten a condución ou a manipulación segura que se deban comunicar para a súa inmediata reparación e que poidan ocasionar a detención da carreta.

– CA5.4. Nun suposto práctico en que a carreta acuse anomalías:

– Detectáronse as anomalías.

– Identificáronse as que teñan a súa posible orixe en defectos de fabricación ou mantemento.

– Determinouse se existen avarías cuxa reparación supere a súa responsabilidade e deban ser obxecto de comunicación a quen corresponda.

– Realizáronse as operacións de mantemento propias do seu nivel de responsabilidade.

• RA6. Manipula cargas e conduce carretas efectuando operacións convencionais de carga, transporte e descarga de materiais ou produtos, tendo en conta as medidas de seguridade, prevención de riscos e sinalización do contorno de traballo.

– CA6.1. Localizouse a situación dos mandos de condución e operación das carretas, a función de cada un e os indicadores de control.

– CA6.2. Clasificáronse e identificáronse os tipos básicos de carretas en relación coas súas aplicacións (transporte horizontal, tractora, de pulo, elevadora de mastro vertical, inclinable, etc.) e coa súa capacidade de carga, tendo en conta a altura de elevación, a distancia do centro de gravidade da carga ao talón do esteo ou a utilización de accesorios.

– CA6.3. Explicáronse as condicións básicas de estabilidade das cargas e posibilidades de envorcadura en manobra en relación cos sistemas e os dispositivos de suxeición e elevación da carga, os centros de gravidade da carreta e da carga manipulada, e o estado do piso de traballo.

– CA6.4. Conducíronse en baleiro carretas automotoras e manuais, realizando manobras de freada, aparcamento, marcha atrás e descenso en pendente, e efectuáronse as mesmas operacións coa carga máxima admisible.

– CA6.5. Recolléronse unidades de carga introducindo o esteo a fondo baixo a paleta e realizouse a manobra de elevación e inclinación do mastro cara a atrás, respectando o tamaño e a altura da carga para facilitar a visibilidade.

– CA6.6. Conducíronse carretas automotoras e manuais con carga, controlando a súa estabilidade, respectando os sinais de circulación, utilizando sinais acústicos ou lumínicos nos casos necesarios e realizando manobras de freada, aparcamento, marcha atrás e descenso en pendente, cando o requira a circulación e o depósito destas, con seguridade e evitando riscos laborais.

– CA6.7. Nun suposto practico de manipulación de cargas, nun corredor delimitado por andeis, de anchura igual á lonxitude da carreta contrapesada, incrementada na lonxitude da carga e 0,4 m de marxe de seguridade:

– Realizáronse operacións de aproximación á colocación en que se deba efectuar a estiba ou a desestiba dunha unidade de carga paletizada en terceira altura.

– Realizouse manobra de xiro de 90° para a estiba e desestiba.

– Quedouse fronte ao alvéolo destinado á carga (ou á súa desestiba) nunha soa manobra.

– Utilizouse, en caso necesario, o desprazamento lateral para a operación.

• RA7. Enumera as condicións básicas para transportar materias primas e materiais ás liñas de produción, e abastecelas deles.

– CA7.1. Identificáronse os xeitos básicos de preparación e transporte de materias primas e produtos para constituír as unidades de carga.

– CA7.2. Enumeráronse as precaucións adicionais básicas que hai que ter en conta no suposto de transporte e elevación de cargas perigosas (produtos químicos corrosivos ou inflamables, nocivos para a saúde, explosivos, contaminante, etc.).

– CA7.3. Recoñecéronse as normas establecidas ante incendios, deflagracións e procedementos de evacuación.

– CA7.4. Relacionáronse os tipos de carretas e as súas características, con posibilidades de uso en ambientes industriais especiais (industrias de explosivos, industria química, etc.).

• RA8. Cubre no soporte establecido pola empresa a documentación xerada polo movemento de carga. .

– CA8.1. Describiuse a información máis usual contida nos albarás, e os formatos máis comunmente utilizados como soportes. .

– CA8.2. Identificáronse as principais características dos soportes ou equipamentos que habitualmente se utilizan para recoller a información dos movementos de carga.

– CA8.3. Describíronse as posibilidades de transmisión de información, por medios dixitais.

– CA8.4. Nun suposto práctico de transmisión de datos por medios dixitais, debidamente caracterizado:

– Manexouse un equipamento portátil de transmisión de datos.

– Transmitiuse a información dos movementos de carga e descarga efectuados.

1.3.2. Contidos básicos.

Normativa comunitaria, autonómica e estatal.

• Aspectos fundamentais sobre:

– Normativa que desenvolve a lei de prevención de riscos laborais, establecendo as disposicións mínimas de seguridade e saúde.

– Directivas comunitarias e normativa española pola que se aproban os regulamentos de manipulación manual de carga, así como as de carretas automotoras de manutención.

– Normas UNE e NTP do Instituto Nacional Seguridade e Hixiene no Traballo.

Manutención.

• Conceptos básicos.

• Importancia socioeconómica.

• Fluxo loxístico de cargas e servizos.

• Equipamentos para manutención.

• Unidade de carga.

Paletización da carga.

• Sistemas de paletización.

• Tipos de paletas.

• Contedores, bidóns, etc. Manutencións especiais. Mercadorías perigosas.

Estabilidade da carga.

• Nocións de equilibrio: tipos. Aplicación da lei da panca.

• Centro de gravidade da carga: concepto elemental e métodos sinxelos para a súa determinación. Interacción entre o centro de gravidade da carga e o da carreta.

• Triángulo de sustentación da carreta contrapesada convencional.

• Perda de estabilidade da carreta descargada e cargada.

• Envorcadura transversal e lonxitudinal: como evitala.

• Comportamento dinámico e estático da carreta cargada e descargada: exceso de velocidade, sobrecarga e carga mal colocada; aceleracións e manobras incorrectas.

Carretas de manutención automotoras e manuais.

• Clasificación e tipos.

• Principais elementos das carretas manuais.

• Principais elementos das carretas elevadoras de esteo. Sistema de elevación.

• Tipos de mastros, esteos, cilindros hidráulicos, taboleiros portaesteos, etc.

Manexo e condución de carretas.

• Localización dos elementos da carreta.

• Motor térmico.

• Motor eléctrico.

• Manexo da máquina: eixe director. Posta en marcha e detención da carreta. Manobras: freada, arranque e detención do equipamento. Mantemento de primeiro nivel.

Seguridade e prevención de riscos.

• Equipamento de protección individual.

• Símbolos e sinais.

• Acceso á carreta e descenso dela: sistema de retención, cabina e cinto de seguridade.

• Circulación: velocidade de desprazamento, traxectoria, natureza e estado do piso, etc.

• Seguridade no manexo: transporte e elevación da carga.

• Precaucións no transporte en contornos especiais (industria química, explosivos, etc).

1.3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de manipulación de cargas con carretas elevadoras.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Interpretación correcta de ordes de movemento de materiais e produtos para a súa carga ou descarga.

– Manexo correcto dos produtos e as unidades de carga para a súa posterior manipulación, seguindo as instrucións de procedemento ou ordes recibidas.

– Manexo de carretas automotoras ou manuais, seguindo os procedementos establecidos.

– Realización do mantemento de primeiro nivel das carretas automotoras de manutención ou as de tracción manual.

– Carga ou descarga de materiais e produtos conforme as instrucións recibidas e baixo a supervisión dun responsable, en caso necesario.

– Transporte e abastecemento de materias primas e materiais ás liñas de produción, e retirada dos residuos xerados nos procesos produtivos ás zonas previstas para tal fin.

– Adopción das medidas de seguridade establecidas para a saúde dos traballadores, a seguridade e a prevención de riscos laborais e ambientais.

– Colaboración no control de existencias, transmitindo a información do movemento de cargas que realiza.

1.4. Módulo específico: manipulación de cargas con pontes-guindastre e polipastos .

• Código: ME0130.

• Duración: 46 horas.

1.4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Clasifica e describe os tipos de ponte-guindastre e polipasto, así como os utensilios e os accesorios de carga, e define os seus compoñentes, as súas características e o seu funcionamento.

– CA1.1. Identificáronse os tipos de pontes-guindastre e polipastos, e explicáronse as súas aplicacións e as súas limitacións fundamentais.

– CA1.2. Describíronse os principais compoñentes dunha ponte-guindastre e un polipasto, e se ha definindo a súa función e as súas características. .

– CA1.3. Identificáronse e clasificáronse os utensilios (estrobos, grillóns, ganchos, etc.) utilizados en pontes-guindastre e polipastos, e explicáronse as súas principais aplicacións e limitacións.

– CA1.4. Recoñecéronse os accesorios (ventosas, pinzas, etc.) utilizados en pontes-guindastre e polipastos, e describiuse o seu funcionamento, as súas principais aplicacións e as súas limitacións.

–CA1.5. Interpretáronse as marcaxes normalizadas utilizadas en pontes-guindastre e polipastos, así como nos seus utensilios e accesorios.

– CA1.6. Describíronse os sistemas de control e mando das pontes-guindastre, e identificáronse os premedores, a súa función e os indicadores de control.

• RA2. Establece as condicións básicas de manipulación de cada tipo de materiais e produtos para a súa carga ou descarga, en función das súas características, o seu estado e as súas cantidades, para seleccionar os medios e os utensilios axeitados, e as medidas de seguridade que cumpra adoptar.

– CA2.1. Aplicáronse os métodos de medición e cálculo de cargas para a súa correcta manipulación.

– CA2.2. Explicáronse as condicións básicas de estabilidade das cargas, en relación cos sistemas e os dispositivos de suxeición e elevación, e co seu centro de gravidade.

– CA2.3. Enumeráronse os xeitos de embalaxe e envasamento de uso común, así como os seus sistemas de suxeición, en relación cos utensilios e os accesorios de carga.

– CA2.4. Recoñecéronse as principais marcaxes normalizadas para os materiais e produtos tóxicos e perigosos.

– CA2.5. Identificáronse as medidas de protección de cargas adecuadas aos tipos, as formas e as características dos produtos e das operacións que cumpra realizar.

– CA2.6. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, de manipulación de cargas de diferentes características, formas e pesos:

– Calculouse o peso.

– Calculouse o centro de gravidade.

– Seleccionáronse os medios, os utensilios e os accesorios de carga máis apropiados.

– Aplicáronse os estrobos de acordo coa natureza e a forma da carga, e coa resistencia do estrobo.

– Definiuse a aplicación do utensilio elixido.

– Seleccionáronse os protectores adecuados á carga.

• RA3. Identifica a normativa de prevención de riscos laborais relativa ao movemento de cargas con pontes-guindastre e polipastos, tendo en conta a relación entre os principais riscos e as medidas preventivas e de seguridade que se deban adoptar.

– CA3.1. Precisáronse os riscos derivados do manexo manual de cargas (caídas de obxectos, contusións, posturas de levantamento, sobreesforzos dorsolumbares repetitivos, fracturas, lesións músculo-esqueléticas, etc.).

– CA3.2. Precisáronse os riscos derivados do manexo de pontes-guindastre e polipastos (atrapamentos, contactos eléctricos, caídas, cortes, fatiga posicional repetitiva, torsións, vibracións, etc.).

– CA3.3. Relacionáronse os tipos de equipamentos de protección individual adecuados a cada risco.

– CA3.4. Describíronse as medidas de actuación en situacións de emerxencia.

– CA3.5. Recoñecéronse os sinais normalizados que deben delimitar as zonas específicas de traballo, os reservados a peóns e a paso de vehículos, e outros sinais situados nas zonas de manipulación.

– CA3.6. Recoñecéronse os sinais luminosos e acústicos que deben levar as pontes-guindastre e os polipastos.

– CA3.7. Nun suposto simulado de carga, desprazamento e descarga, debidamente caracterizado:

– Identificouse o equipamento de protección individual máis axeitado.

– Nomeáronse os riscos derivados do manexo da carga.

– Nomeáronse os riscos derivados dunha descarga en posición inestable.

– Enumeráronse as posibles situacións de emerxencia que se poidan presentar.

– Citáronse os sinais de colocación obrigatoria nas zonas específicas de traballo.

• RA4. Manipula cargas e opera con pontes-guindastre e polipastos, realizando operacións convencionais de carga, desprazamento e descarga de materiais ou produtos, tendo en conta as medidas de prevención de riscos laborais e de sinalización do contorno de traballo.

– CA4.1. Identificouse e interpretouse a documentación e as instrucións que se deban achegar ás mercadorías obxecto de carga, descarga ou traslado no seu fluxo loxístico.

– CA4.2. Realizáronse operacións, debidamente caracterizadas, de desprazamento de materiais e produtos con pontes-guindastre e polipastos, en baleiro e en diferentes condicións de carga: pequenos e grandes pesos e volumes, lugares amplos e reducidos, e curtas e medianas distancias.

– CA4.3. En supostos prácticos, debidamente caracterizados:

– Realizáronse operacións de carga e descarga con distintos tipos de mercadorías e produtos, e para distintas finalidades (alimentación de máquinas, almacenamento, distribución, amoreamento, estiba, etc.), accedendo ás cargas situadas sobre o pavimento, en andel ou en vehículo.

– Identificáronse as situacións de risco por abaneamento da carga, por xiro ou combinadas, así como as medidas que cumpra adoptar nestes casos.

– Realizáronse operacións de comezo e fin de traballos con pontes-guindastre e polipastos.

– Verificouse o funcionamento dos sistemas de seguridade propios das pontes-guindastre e polipastos, en especial a parada de emerxencia, o dispositivo de home morto, os freos e os finais de carreira.

– Cubríronse partes de traballo en que se recolla o movemento de mercadorías e produtos.

• RA5. Aplica as operacións de mantemento de primeiro nivel de pontes-guindastre e polipastos, cumprindo as disposicións de prevención de riscos laborais e ambientais.

– CA5.1. Interpretáronse nas instrucións do manual de mantemento as operacións que corresponden a un nivel primario deste.

– CA5.2. En supostos prácticos, debidamente caracterizados, verificouse visualmente o estado dos compoñentes da ponte-guindastre ou o polipasto, e comprobouse se cumpren os requisitos mínimos establecidos para a súa utilización.

– CA5.3. Identificáronse as anomalías que afectan a carga, descarga ou manipulación segura dos materiais e os produtos, e que se lle deban comunicar ao responsable do servizo para a súa inmediata reparación, ou que poidan ocasionar a detención do guindastre.

– CA5.4. En supostos prácticos, debidamente caracterizados:

– Comprobouse o estado de utensilios e accesorios de carga, e recoñeceuse se cumpren as características mínimas requiridas para o seu uso en cada caso.

– Aplicáronse os procedementos establecidos para a limpeza, o engraxamento e a verificación de niveis, con seguridade de que o guindastre estea desconectado e de que ninguén teña acceso aos dispositivos de conexión.

– Aplicáronse os procedementos establecidos para o almacenamento dos utensilios e os accesorios de elevación, seguindo o manual de uso e mantemento do fabricante.

– Formalizáronse partes de mantemento correspondentes ás operacións básicas realizadas con pontes-guindastre e polipastos, seguindo os modelos definidos.

1.4.2. Contidos básicos.

Operación de pontes-guindastre e polipastos.

• Fluxo loxístico de cargas e servizos.

• Documentación técnica.

• Unidade de carga.

• Pontes-guindastre e polipastos: clasificación e tipos; principais características técnicas; aplicacións, capacidades e limitacións.

• Tipos de sistemas de control e mando: de botoeira, con mando a distancia e con computador auxiliar.

• Colocación do operador: en cabina sobre a ponte-guindastre ou ao pé do equipamento.

• Principais compoñentes das pontes-guindastre e os polipastos: motor eléctrico, sistemas de elevación e de desprazamento, mandos e controis.

• Utensilios (estrobos, grillóns, ganchos, etc.): aplicacións e limitacións.

• Accesorios (ventosas, pinzas, etc.): aplicacións e limitacións.

• Envases e embalaxes (contedores, bidóns, etc.): sistemas de suxeición e protectores da carga.

• Tipos de carga. Pesos e volumes. Cálculo do peso estimado da carga en embalaxe.

• Estabilidade da carga. Centro de gravidade da carga: concepto elemental e métodos sinxelos para a súa determinación.

• Comportamento dinámico e estático da ponte-guindastre cargada e descargada: sobrecarga, carga mal colocada, exceso de velocidade, aceleracións, freada e manobras incorrectas. Consecuencias de risco: abaneamento.

• Operación da máquina. Posta en marcha e parada. Fin de xornada. Manexo da botoeira e control de movementos.

• Procedementos de carga, elevación, desprazamento e descarga con materiais e produtos de distintas características.

• Mantemento de primeiro nivel de pontes-guindastre e polipastos, así como dos seus utensilios e os seus accesorios.

Seguridade e prevención de riscos laborais en operación de pontes-guindastre e polipastos.

• Normativa sobre prevención de riscos laborais relativa a movemento de cargas.

• Normas UNE relativas a guindastres e aparellos de elevación.

• Documentación emitida polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.

• Principais riscos no movemento de cargas.

• Principais medidas de prevención. Equipamentos de protección individual.

• Dispositivos de seguridade das máquinas.

• Símbolos e sinais normalizados nos guindastres e os polipastos, e na zona de traballo.

• Seguridade no manexo: procedementos de carga, descarga e desprazamentos da carga.

• Visibilidade dos movementos. Condicións meteorolóxicas adecuadas.

• Orde e limpeza no lugar de traballo.

• Actuacións en situacións de emerxencia.

• Normativa sobre manipulación de mercadorías tóxicas e perigosas.

• Precaucións en contornos con riscos especiais: industria química, industrias enerxéticas, fábricas de explosivos, etc.

1.4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación asociada á función de manipulación de cargas con pontes-guindastre e polipastos.

A definición desta función e as liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Interpretación de ordes de movemento de materiais e produtos para a súa recepción, o seu almacenamento, a súa transformación, a súa expedición ou calquera outro movemento no fluxo loxístico.

– Realización das operacións de carga e descarga dos materiais e dos produtos para a súa manipulación segura.

– Operacións coa ponte-guindastre ou polipasto consonte as instrucións recibidas e os procedementos establecidos e, de ser o caso, baixo a supervisión dun responsable.

– Realización do mantemento de primeiro nivel da ponte-guindastre e o polipasto para asegurar o seu funcionamento óptimo, cumprindo as disposicións aplicables de prevención de riscos laborais e ambientais.

– Adopción das medidas de seguridade establecidas para a prevención de riscos laborais e danos a materiais e a equipamentos.

1.5. Módulo específico: formación en centros de traballo.

• Código: ME0131.

• Duración: 160 horas.

1.5.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece a estrutura xerárquica da empresa e identifica as funcións asignadas a cada nivel en relación co desenvolvemento da actividade.

– CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

– CA1.2. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento do proceso produtivo. .

– CA1.3. Relacionáronse as competencias dos recursos humanos co desenvolvemento da actividade produtiva. .

– CA1.4. Identificouse a importancia de cada elemento da rede no desenvolvemento da actividade da empresa. .

– CA1.5. Relacionáronse as vantaxes e os inconvenientes da estrutura da empresa fronte a outros tipos de organizacións empresariais. .

– CA1.6. Analizouse o tecido empresarial do sector en función da prestación que ofrece.

– CA1.7. Recoñecéronse as empresas tipo, e indicouse a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

• RA2. Amosa hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional, de acordo coas características da tarefa asignada e segundo os procedementos establecidos da empresa.

– CA2.1. Recoñeceuse e xustificouse:

– Disposición persoal e temporal que necesita o posto de traballo. .

– Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza e seguridade necesarias para o posto de traballo, responsabilidade, etc.). .

– Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional e as medidas de protección persoal. .

– Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

– Actitudes relacionadas co propio equipo de traballo e coa estrutura xerárquica establecida na empresa.

– CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais que cumpra aplicar na actividade profesional e os aspectos fundamentais da lei de prevención de riscos laborais. .

– CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa. .

– CA2.4. Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

– CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade. .

– CA2.6. Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas, e responsabilizouse do traballo asignado.

– CA2.7. Estableceuse unha comunicación e unha relación eficaces coa persoa responsable en cada situación e cos membros do seu equipo, e mantívose un trato fluído e correcto.

– CA2.8. Valorouse a importancia da actividade propia e a adaptación aos cambios de tarefas asignadas no desenvolvemento dos procesos produtivos da empresa, integrándose nas novas funcións. .

– CA2.9. Comprometeuse responsablemente na aplicación das normas e dos procedementos no desenvolvemento de calquera actividade ou tarefa.

• RA3. Manipula bloques, bolos e rachóns de pedra natural de acordo coas instrucións de traballo e coas normas establecidas de seguridade e saúde laboral, e de protección ambiental.

– CA3.1. Asistiuse na recepción, a distribución e o almacenamento de bloques, bolos e rachóns.

– CA3.2. Fíxose acumulación de utensilios, ferramentas e consumibles, e achegáronse para colocar de xeito correcto e seguro os bloques, os bolos e os rachóns nas máquinas de corte ou serraxe.

– CA3.3. Retiráronse as ferramentas, os utensilios e os consumibles sobrantes ao almacén ou ao contedor apropiado de residuos, logo de finalizados os traballos.

– CA3.4. Preparáronse e aplicáronse pastas e morteiros, seguindo as instrucións establecidas e cumprindo a normativa ambiental e de seguridade, para asentar e inmobilizar o material sobre as máquinas de corte e serraxe.

• RA4. Manipula e acondiciona produtos, consumibles e maquinaria en instalacións de elaboración da pedra natural, e de tratamento e beneficio de minerais e rochas, cumprindo a normativa ambiental, de seguridade e de prevención de riscos laborais.

– CA4.1. Transportáronse e acumuláronse os consumibles e os produtos para asegurar o abastecemento das máquinas no proceso e o seu almacenamento.

– CA4.2. Retiráronse das zonas de traballo os residuos, os consumibles sobrantes e as súas embalaxes, e depositáronse nos lugares previstos para iso na empresa.

– CA4.3. Limpáronse os elementos de pedra natural, retirando os posibles elementos adheridos, para a súa adecuada transformación, o seu almacenamento ou a súa expedición.

– CA4.4. Limpouse e acondicionouse a maquinaria, os equipamentos, as instalacións, as ferramentas e a zona de traballo, para a correcta e segura realización dos traballos.

– CA4.5. Montáronse, mantivéronse e desmontáronse os elementos de seguridade (sinalizacións, proteccións, varandas, etc.), seguindo as instrucións recibidas e as disposicións internas de seguridade.

– CA4.6. Realizáronse de tarefas complementarias para axudar no almacenamento e a expedición das mercadorías, seguindo instrucións.

• RA5. Manipula cargas con carretas elevadoras seguindo os procedementos establecidos, e cumprindo as disposicións mínimas de seguridade, de saúde e de prevención de riscos laborais e ambientais.

– CA5.1. Interpretáronse correctamente ordes de movemento de materiais e produtos para a súa carga ou descarga, co obxecto de proceder ao seu almacenamento, a súa subministración, a súa expedición ou calquera outro movemento no fluxo loxístico.

– CA5.2. Manexáronse correctamente carretas automotoras ou manuais, os produtos e as unidades de carga, para a súa posterior manipulación, seguindo as instrucións de procedemento ou ordes recibidas.

– CA5.3. Realizouse o mantemento de primeiro nivel das carretas automotoras de manutención ou as de tracción manual, asegurando o cumprimento das disposicións mínimas de seguridade e saúde establecidas para o seu uso.

– CA5.4. Realizouse a carga ou a descarga de materiais e produtos conforme as instrucións recibidas e, de ser o caso, baixo a supervisión dun responsable.

– CA5.5. Realizouse a colocación das cargas nos medios de transporte externos asegurando a súa integridade, e efectuouse a súa colocación interior segundo instrucións recibidas.

– CA5.6. Transportáronse materias primas e materiais, abastecéronse as liñas de produción, e retiráronse os residuos xerados nos procesos produtivos ás zonas previstas para tal fin.

– CA5.7. Transportáronse os residuos xerados, logo dunha autorización en que conste que estes recibiran, de ser o caso, os tratamentos axeitados para evitar a contaminación ambiental e riscos para a saúde.

– CA5.8. Adoptáronse as medidas de seguridade establecidas para a prevención de riscos laborais e da saúde nos traballadores.

– CA5.9. Colaborouse no control de existencias transmitindo a información do movemento de cargas que realiza.

• RA6. Manipula cargas con pontes-guindastre e polipastos seguindo os procedementos establecidos, e cumprindo as disposicións mínimas de seguridade, de saúde e de prevención de riscos laborais e ambientais.

– CA6.1. Interpretáronse as ordes de movemento de materiais e produtos para a súa recepción, o seu almacenamento, a súa transformación, a súa expedición ou calquera outro movemento no fluxo loxístico.

– CA6.2. Realizáronse as operacións de carga e descarga dos materiais e dos produtos para a súa manipulación segura, utilizando os utensilios e os accesorios axeitados ás súas características, de acordo cos procedementos establecidos.

– CA6.3. Realizáronse as operacións de colgadura e descolgadura á man da carga na ponte-guindastre ou no polipasto sen perder o control directo ou indirecto deste.

– CA6.4. Operouse coa ponte-guindastre ou o polipasto realizando o movemento de materiais e produtos para a súa recepción, o seu almacenamento, a súa transformación ou a súa expedición, conforme as instrucións recibidas e os procedementos establecidos e, de ser o caso, baixo a supervisión dun responsable.

– CA6.5. Realizouse o mantemento de primeiro nivel da ponte-guindastre e do polipasto para asegurar o seu funcionamento óptimo, cumprindo as disposicións de prevención de riscos laborais e ambientais aplicables.

– CA6.6. Adoptáronse as medidas de seguridade establecidas para a prevención de riscos laborais e danos a materiais e a equipamentos.

2. Anexo II.

A) Espazos mínimos.

Espazo formativo

Superficie m2

(12 alumnos/as)

Aula polivante

30

Taller de colocación de pedra natural

150

Planta de tratamento de minerais e rochas, ou de elaboración da pedra natural (*)

200

Zona de prácticas de estacionamente de medios móbiles para carga

600

Zona de prácticas dotada de ponte-guindastre e polipasto

80

(*) Espazo singular non necesariamente situado no centro de formación.

B) Equipamentos mínimos.

Espazo formativo

Equipamento

• Aula polivalente.

– Computadores instalados en rede, canón de proxección e acceso a internet.

Medios audiovisuais.

Software de simulación de instalacións.

• Taller de colocación de pedra natural.

– Estrobos.

– Barras metálicas.

– Cuñas.

– Escuadra.

– Chumbo.

– Niveis.

– Carretas manuais.

– Martelos e mazas.

– Gatos hidráulicos, pinzas e ventosas.

– Formigoneira, paleta e pala.

– Silo, carreta e cubetas.

– Picarañas.

– Áridos, auga e conglomerantes.

– Labras de madeira.

• Planta de tratamento de minerais e rochas, ou de elaboración da pedra natural.

– Recolledores de mostras.

– Limpadoras por auga a presión.

Mangas, cepillos e bombas de caudal.

– Palas, vasoiras e cepillos.

– Carretas manuais.

– Contedores de residuos: embalaxes, envases e contedores.

– Pistolas pneumáticas, martelos, púas e patas de cabra.

– Flexómetro, cintas para fixar, gardavivos e protectores de esquinas, labras, espumas expandidas e plásticos (burbullas, termorretráctiles e bolsas de aire).

– Grampadoras, cravadoras e sopretes.

– Cartonaxe, cordas e cintas autoadhesivas.

– Madeiras e cuñamentos.

– Básculas.

• Zona de prácticas de estacionamento de medios móbiles para carga.

– Carretas automotoras de manutención, eléctricas ou térmicas, coa capacidade nominal de carga necesaria.

– Carretas manuais.

– Equipamentos portátiles de transmisión de datos.

– Lectores de códigos de barras e outros.

– Contedores e paletas.

– Andeis adecuados á tipoloxía das cargas.

– Mercadorías de diversa procedencia e natureza.

• Zona de prácticas dotada de ponte-guindastre e polipasto.

– Ponte-guindastre, ponte-guindastre pórtico, polipasto, pluma e monorraíl.

– Equipamentos portátiles de transmisión de datos. Lectores de códigos de barras e outros.

– Estrobos, ganchos, grillóns, ventosas, pinzas, redes, lonas, cables, cadeas, cordas, portacontedores ou spreaders, e paloniers ou trabes soporte.

– Contedores e paletas.

– Protectores. Poleas.

3. Anexo III.

A) Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos específicos do perfil profesional.

Módulo específicos

Especialidade do profesorado

Corpo

• ME0127. Manipulación de bloques, bolos e rachóns.

Construcións civís e edificación.

Catedrático/a de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Oficina de proxectos de construción.

Profesorado técnico de formación profesional.

• ME0128. Manipulación e acondicionamento de produtos, consumibles e maquinaria.

Construcións civís e edificación.

Catedrático/a de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Oficina de proxectos de construción.

Profesorado técnico de formación profesional.

• ME0129. Manipulación de cargas con carretas elevadoras.

Construcións civís e edificación.

Catedrático/a de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Oficina de proxectos de construción.

Profesorado técnico de formación profesional.

• ME0130. Manipulación de cargas con pontes-guindastre e polipastos.

Construcións civís e edificación.

Catedrático/a de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Oficina de proxectos de construción.

Profesorado técnico de formación profesional.

B) Titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa.

Módulos específicos

Titulacións

• ME0127. Manipulación de bloques, bolos e rachóns.

• ME0128. Manipulación e acondicionamento de produtos, consumibles e maquinaria.

• ME0129. Manipulación de cargas con carretas elevadoras.

• ME0130. Manipulación de cargas con pontes-guindastre e polipastos.

– Licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, mestre/a, arquitecto/a técnico/a, enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a, título de grao, técnico/a superior, ou outros títulos equivalentes cuxos perfís académicos se correspondan coa formación asociada aos módulos específicos no programa de cualificación profesional inicial.

4. Anexo IV.

Perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos do perfil profesional en contornos produtivos.

Módulo específico

Perfil profesional da persoa formadora

• ME0127. Manipulación de bloques, bolos e rachóns.

• Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan coa manipulación de bloques, bolos e rachóns de pedra natural, que se acreditará mediante un dos xeitos seguintes:

– Formación académica de técnico superior ou outra de superior nivel relacionada con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo específico.

• ME0128. Manipulación e acondicionamento de produtos, consumibles e maquinaria.

• Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan coa manipulación e acondicionamento de produtos, consumibles e maquinaria en instalacións de elaboración da pedra natural, e de tratamento e beneficio de minerais e rochas, que se acreditará mediante un dos xeitos seguintes:

– Formación académica de técnico superior ou outra de superior nivel relacionada con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo específico.

• ME0129. Manipulación de cargas con carretas elevadoras.

• Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan coa manipulación de cargas con carretas elevadoras, que se acreditará mediante un dos xeitos seguintes:

– Formación académica de técnico superior ou outra de superior nivel relacionada con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo específico.

• ME0130. Manipulación de cargas con pontes-guindastre e polipastos.

• Dominio dos coñecementos e as técnicas que se relacionan coa manipulación de cargas con ponte-guindastre e polipasto, que se acreditará mediante un dos xeitos seguintes:

– Formación académica de técnico superior ou outra de superior nivel relacionada con este campo profesional.

– Experiencia profesional dun mínimo de tres anos no campo das competencias relacionadas con este módulo específico.

5. Anexo V.

Relación dos módulos especificos coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais que inclúe o programa.

Módulo específico

Unidades de competencia

• ME0127. Manipulación de bloques, bolos e rachóns.

• UC0859_1: Manipular bloques, bolos e rachóns de pedra natural.

• ME0128. Manipulación e acondicionamento de produtos, consumibles e maquinaria.

• UC0860_1: Manipular e acondicionar produtos, consumibles e maquinaria en instalacións de elaboración da pedra natural, e tratamento e beneficio de minerais e rochas.

• ME0129. Manipulación de cargas con carretas elevadoras.

• UC0432_1: Manipular cargas con carretas elevadoras.

• ME0130. Manipulación de cargas con pontes-guindastre e polipastos.

• UC0637_1: Manipular cargas con pontes-guindastre e polipastos.

6. Anexo VI.

Distribución horaria dos módulos específicos.

Módulo específico

Horas totais

Sesións semanais

(*)

• ME0127. Manipulación de bloques, bolos e rachóns.

117

5

• ME0128. Manipulación e acondicionamento de produtos, consumibles e maquinaria.

187

8

• ME0129. Manipulación de cargas con carretas elevadoras.

70

3

• ME0130. Manipulación de cargas con pontes-guindastre e polipastos.

46

2

• ME0131. Formación no centro de traballo.

160

-

* Distribución semanal para os centros que impartan as ensinanzas do programa de cualificación profesional inicial en sesións de 50 minutos.