Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 8 de agosto de 2011 Páx. 22720

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1248/2010).

José Luis Pérez García, secretario xudicial, do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente,

Anuncio:

Neste procedemento de divorcio, seguido por instancia de María Isabel Nieves Nieves fronte a Jesús González López, ditouse unha sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Xuízo de divorcio contencioso número 1248/2010.

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela.

Sentenza número 175.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2011.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio n.º 1248/2010 promovido polo procurador sr. Pérez Goris en nome e representación de María Isabel Nieves Nieves, referida en autos, asistida da letrada sra. Traba López fronte a Jesús González López, maior de idade, indicado en autos, declarado en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no dito matrimonio.

Decido:

Que acollendo integramente a demanda de divorcio interposta polo procurador sr. Pérez Goris, en nome e representación de María Isabel Nieves Nieves, indicada en autos, asistida da letrada sra. Traba López fronte a Jesús González López, maior de idade, indicado en autos, declarado en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal, ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes o día 3.7.1976 en Santiago de Compostela, inscrito no tomo 72, páxina 208 do Rexistro Civil desa cidade, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio e o mantemento do convenio regulador homologado por sentenza de separación con data do 7.4.2000, con excepción das medidas referidas á pensión de alimentos e réxime de visitas, dada a maioría de idade e independencia económica dos fillos comúns.

Cando sexa firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer o recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 457 e seguintes e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignar o depósito de 50 euros previsto na D.A. 15.ª da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino, eu, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial».

Publicación: a anterior resolución foi lida e publicada no día da data polo señor xuíz que a ditou, en audiencia pública; dou fe.

E, ao se encontrar o dito demandado, Jesús González López, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este e para ser publicado no Diario Oficial de Galicia, encargándose do seu dilixenciamento o procurador da parte demandante Óscar Pérez Goris, tendo esta recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado