Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 12 de agosto de 2011 Páx. 23163

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 2925/2008-CON).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2925/2008-CON a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 238/2007 do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, promovidos por Mutua Cyclops contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ecoydex, S.L., sobre alta médica, con data do 22 de xullo de 2011 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Cyclops contra a sentenza do 24 de marzo de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela en autos seguidos por instancia de Alfonso Manuel Sendón Mayo, contra o INSS, TXSS, Mutua Cyclops e a empresa Ecoydex, a sala confírmaa na súa totalidade e condena a recorrente a lle aboar ao letrado impugnante do recurso a cantidade de 300 euros en concepto de honorarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza, e de acordo co disposto no artigo 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Ecoydex, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto na Coruña o 22 de xullo de 2011.

M.ª Socorro Bazarra Varela
Secretaria xudicial