Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 29 de setembro de 2011 Páx. 28878

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (463/2009).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento de demanda 463/2009 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Ángel Fuentefría Casal contra la empresa María Vanesa Pier Obelleiro, sobre ordinario, se ditou a seguinte:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Ángel Fuentefría Casal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade María Vanesa Pier Obelleiro a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.982,11 €, así como o xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a previa consignación do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 € do depósito especial indicado no artigo 227.1 a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa María Vanesa Pier Obelleiro, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de setembro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado