Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 6 de outubro de 2011 Páx. 29565

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (1626/2008).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

«En Pontevedra, o vinte de xuño de dous mil once.

Indalecio Conde González, maxistrado xuíz de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra e o seu partido, vistos estes autos de procedemento ordinario 1626/2008 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Celso Javier Córdoba Muíños con procurador Pedro Antonio López López e letrado Javier Munaiz Puig, e doutra como demandadas Inmobiliaria Nino Mirón, S.L., Eurocelgal, S.L., con procuradora María José Giménez Campos e letrado Ernesto Predrosa Silva, sobre outras materias, e

Que, estimando a demanda formulada polo procurador dos tribunais Pedro Antonio López López, en nome e representación de Celso Córdoba Muíños, contra Eurocelgal, S.L., e Inmobiliaria Nino Mirón, S.L., debo acordar e acordo:

1. Declarar que o demandante Celso Córdoba Muíños e a súa esposa Rosario Díaz Oubiña son propietarios do piso quinto, letra B, do edificio n.º 11 da avenida de Uruguai e da praza de garaxe número once e o rocho número doce dos sotos do mesmo edificio, que adquiriu Celso Córdoba Muíños para a sociedade de gananciais mediante contrato de permuta do 20 de setembro de 1996 instrumentado en documento privado que subscribiu coa Inmobiliaria Nino Mirón, S.L.

2. Declarar a nulidade absoluta do contrato de compravenda subscrito pola Inmobiliaria Nino Mirón, S.L., como vendedora, e Eurocelgal, S.L., como compradora, instrumentado en escritura pública do 21 de setembro de 1998 sobre o piso quinto, destinado a vivenda, situado na quinta planta alta do edificio en Pontevedra, avenida de Uruguai (11-15) esquina a rúa Galera, distribuído en vestíbulo, estar-comedor, dous cuartos, dous baños, cociña e tendal a patio de luces, ten unha superficie útil de setenta e tres metros con dous decímetros cadrados. Linda: fronte, descanso da escaleira, piso letra C da mesma planta, e oco do ascensor; dereita, entrando nel, piso letra C da mesma planta e rúa Galera; esquerda, oco do ascensor, caixa de escaleira e patio de luces e fondo de Olimpio Collazo. Tres setenta avas partes indivisas, das cales lle dan dereito a utilizar, dúas setenta avas partes indivisas, a praza de garaxe sinalada co número once, cunha superficie de quince metros trinta decímetros cadrados, e que linda: fronte, zona de manobra; fondo, rocho sinalado co número doce; dereita, praza de garaxe sinalada co número dez e esquerda, espazo libre e despois parede e unha setenta ava parte indivisa, o rocho sinalado co número doce, do seguinte predio: número un, sotos destinados a garaxes e testeiros do edificio en Pontevedra, avenida de Uruguai (11-15) esquina a rúa Galera, constituído por dous sotos superpostos, comunicados interiormente por medio de rampla, comunícanse co portal por medio de escaleira e tamén por medio dun dos dous ascensores, ten o seu acceso por medio de rampla á rúa Galera. Ambos teñen unha superficie construída de catrocentos cincuenta e oito metros con noventa decímetros cadrados. Linda o conxunto: fronte, rúa Galera, a nivel superior, á cal se accede por medio de rampla; dereita, entrando, de Olimpio Casal Collazo; esquerda, a avenida de Uruguai, a nivel superior e fondo, de Manuel Esteiro.

3. Cancelar o asento que a anterior escritura causou no Rexistro da Propiedade de Pontevedra.

E finalmente debo condenar e condeno as demandadas a estar e pasar polo declarado con imposición de custas respecto de Eurocelgal, S.L., e respecto da inmobiliaria Nino Mirón, S.L., non se fai expresa imposición de custas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Eurocelgal, S.L., expídese esta para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 29 de xullo de 2011.

A secretaria
Rubricado