Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 20 de outubro de 2011 Páx. 30781

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 29 de setembro de 2011 pola que se modifican distintas ordes de convocatoria para a concesión de axudas e subvencións para o fomento do emprego da Consellería de Traballo e Benestar en materias competencia da Dirección Xeral de Promoción do Emprego para o ano 2011.

Con base no Acordo do Consello de Ministros do 30 de outubro de 2009, para que os obxectivos de estabilidade orzamentaria de cada comunidade autónoma no período 2010-2012 puidesen acadar os importes máximos de -2,50; -1,70 e -1,30 por cento do PIB rexional, respectivamente, elaborouse un Plan de Estabilidade da Comunidade Autónoma de Galicia que recolle os axustes necesarios no orzamento aprobado para 2011, e así dar cumprimento ao obxectivo de estabilidade fixado ata converxer nun déficit de -1,3% do PIB rexional en 2012.

A política orzamentaria, que implica o necesario equilibrio entre ingresos e gastos, exixe nestes momentos efectuar un axuste nos créditos inicialmente asignados aos diferentes centros de gasto que conforman os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia e coa finalidade de poder cumprir con obxectivos de estabilidade orzamentaria da Facenda da Comunidade Autónoma, esta consellería vese obrigada a adoptar medidas de recorte dos créditos financiados con fondos propios autorizados para o financiamento de subvencións no exercicio de 2011 e a modificar as correspondentes ordes de convocatoria.

Así pois, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Programas de cooperación institucionais.

Para o exercicio orzamentario 2011 minórase o importe da contía inicial prevista na Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 no código de proxecto 2011 00 598 e nas aplicacións e contías seguintes:

12.04.322A.444.0: 91.141,88 €.

12.04.322A.481.1: 1.058.057,32 €.

Artigo 2. Programa de incentivos á contratación por conta allea.

Para o exercicio orzamentario 2011 minórase o importe do orzamento inicial previsto na Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, nas aplicacións e nas contías seguintes:

12.04.322C.470.2. Código de proxecto 201100600: 7.139.661,25 €.

12.04.322C.481.1. Código de proxecto 201100625: 91.400,00 €.

Artigo 3. Programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

Para o exercicio orzamentario 2011 minórase o importe do orzamento inicial previsto na Orde do 18 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, nas aplicacións e nas contías seguintes:

12.04.322C.470.2. Código de proxecto 201100600: 38.778,00 €.

Artigo 4. Programa de apoio ás iniciativas emprendedoras e de emprego.

Para o exercicio orzamentario 2011 minórase o importe do orzamento inicial previsto na Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, nas aplicacións e nas contías seguintes:

12.04.322C.470.2. Código de proxecto 201100600: 292.599,34, €.

Artigo 5. Programa de promoción da integracion laboral de persoas con discapacidade na empresa ordinaria.

Para o exercicio orzamentario 2011 minórase o importe do orzamento inicial previsto na Orde do 18 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e do programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, nas aplicacións e nas contías seguintes:

12.04.322C.470.2. Código de proxecto 201100600: 227.919,11 €.

12.04.322C.481.1. Código de proxecto 201100625: 175.000,00 €.

Artigo 6. Programa de promoción da integración laboral de persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego.

Para o exercicio orzamentario 2011 minórase o importe do orzamento inicial previsto na Orde do 21 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, nas aplicacións e nas contías seguintes:

12.04.322C.481.1. Código de proxecto 201100625: 13.660,55 €.

Artigo 7. Prazos de solicitude.

Estas modificacións non afectan os prazos establecidos nas respectivas ordes para a presentación de solicitudes nin tampouco afecta o resto do articulado das ditas ordes.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2011.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar