Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 24 de outubro de 2011 Páx. 31246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de outubro do 2011, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se acorda someter a información pública o borrador do proxecto de Decreto polo que se establecen as normas que regulan o rexistro e identificación dos animais equinos, a xestión e administración dos animais mostrencos, as medidas básicas para a ordenación zootécnica e sanitaria das explotacións equinas, as paradas de sementais equinos con servizo a terceiras persoas e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Equinas.

A través deste decreto preténdese regular nun único texto as normas sobre identificación e ordenación zoosanitaria e benestar animal das explotacións equinas, así como establecer disposicións relativas ao destino dos équidos mostrencos atopados nos montes ou en predios agrarios da comunidade autónoma.

Na súa virtude, de conformidade co parágrafo segundo do artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que establece que cando o contido e a repercusión da disposición o aconsellen será sometida a información pública,

ACORDO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo, o borrador do proxecto de Decreto polo que se establecen as normas que regulan o rexistro e identificación dos animais equinos, a xestión e administración dos animais mostrencos, as medidas básicas para a ordenación zootécnica e sanitaria das explotacións equinas, as paradas de sementais equinos con servizo a terceiras persoas e se crea o Rexistro Galego de Explotacións Equinas.

O borrador do proxecto do devandito decreto poderase consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural:

http://mediorural.xunta.es/nc/transparencia/elaboracion_de_disposicions_proxectos_e_actos_administrativos/

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2011.

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria