María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 966/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Sada Color, S.L. sobre ordinario –reclamación de cantidade– se ditou sentenza cuxa decisión di:
Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta pola Fundación Laboral de la Construcción e, en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade Sada Color, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 48,61 euros pedida. Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso.
Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que lle sirva de notificación á empresa Sada Color, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente na Coruña o once de outubro de dous mil once.
A secretaria xudicial
Rubricado

