Visto o expediente da vivenda sita na Coruña, rúa Violetas n.º 17, 1.º esquerda, do Barrio das Flores, na Coruña, identificado como expediente C-136-CD/63, conta n.º 1043.
Resultando que na data do 1.4.1969 lle foi adxudicada a citada vivenda en réxime de acceso diferido a Juana García Mariñas, xubilada, viúva e con catro fillos.
Resultando que, segundo o testamento outorgado o 26.12.2005 ante o notario da Coruña Víctor Peón Rama por Juana Arochena García, filla de Juana García Mariñas, esta faleceu.
Resultando que, a consecuencia dunha reclamación da comunidade de veciños, a Inspección do IGVS, con data do 30.3.2011, se presentou no domicilio e informou (acta 1/11) que nel residen M.ª Carmen Larrosa Sanluis, Carlos Espiñeira Vilar e outros, que lle comunicaron que unha filla de Juana Arochena García (tamén falecida) lles prestou a casa.
Considerando que, conforme o artigo 132 do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, que aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial, polo contrato de acceso diferido se transfire ao cesionario a posesión da vivenda, polo tanto -mentres non satisfaga o importe total da vivenda- a normativa aplicable é a Lei de arrendamentos urbanos (neste caso sería ata o 1.3.19 con fin de facturación).
Considerando que a disposición transitoria segunda da citada LAU 29/1994, do 24 de novembro, exixe determinado grao de parentesco co titular e convivencia no domicilio de que se trate para poder subrogarse no contrato da vivenda, o cal non se dá neste caso.
Considerando que o IGVS é, segundo a lei da súa creación 3/1988, do 27 de abril, un organismo autónomo con carácter comercial e financeiro, adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e que para a resolución deste contrato é competente o xefe territorial desta, na Coruña, conforme o disposto na Resolución do 23.6.2010, do presidente do IGVS, en relación co Decreto 317/2009, do 4 de xuño.
Vistos os feitos e preceptos citados e demais de xeral aplicación,
ACORDO:
Declarar extinguido o contrato de acceso diferido da vivenda identificada como expediente C-136-CD/63, conta 1043, por falecemento da súa titular arrendataria e inexistencia de persoa capaz de subrogarse nel.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado competente conforme o establecido, respectivamente, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Notifíqueselles esta resolución aos interesados coa mención dos requisitos exixidos polo artigo 58 da antedita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así expido, asino e selo esta cédula.
A Coruña, 22 de setembro de 2011.
Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

