Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 11 de novembro de 2011 Páx. 33094

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra

EDICTO (1360/2009).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Pontevedra, 18 de decembro de 2009.

Vistos por min, María del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, os autos de xuízo ordinario seguidos co número 1360/09, en virtude de demanda interposta pola procuradora sra. Giménez, en nome e representación da entidade Santander Consumer Ibert Rent, S.L., asistida pola letrada sra. Armada, contra a entidade Bromos Investments and Management, S.L. e contra Jaime Vidal Perales Arroyo, ambos en situación de rebeldía procesual, sobre acción de resolución de contrato e de reclamación de cantidade.

Resolvo que, estimando integramente a demanda de xuízo ordinario interposta pola procuradora dos tribunais en nome e representación da entidade Santander Consumer Ibert Rent, S.L., debo declarar a resolución do contrato de arrendamento que vincula as partes e, en consecuencia, condénase conxunta e solidariamente a parte demandada a que procedan á entrega posesoria e devolución á demandante do vehículo cedido en autorreting, marca Audi, matrícula 5148 CYF, que lle aboen á demandante a suma de 28.063,64 euros, e ao aboamento á demandante dunha cantidade igual ao dobre de cada renda por cada mes ou fracción de mes en que demore o arrendatario a devolución do vehículo conforme a cláusula quince do contrato, computada desde a data de resolución do contrato (novembro de 2008) ata a efectiva entrega, así como ao pagamento dos xuros pactados correspondentes desde a interposición da demanda ata o completo pagamento e con expresa imposición de custas.

Así, por esta sentenza, que non é firme e contra a que se poderá interpor recurso de apelación, que se deberá preparar ante este mesmo xulgado no prazo de cinco días, logo de constituír o depósito de diñeiro na forma e contía determinada pola Lei 1/2009, do 3 de novembro, así o manda e asina María del Carmen Novoa Santás, maxistrada xuíza de primeira instancia deste xulgado, do que eu, o secretario, dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jaime Vidal Perales Arroyo e representante de Bromos Investments and Management, S.L., expídese esta cédula para que lle sirva de notificación.

Pontevedra, 6 de xuño de 2011.

O secretario
Rubricado