A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística , con data do 30 de setembro de 2011, ditou resolución pola que se acorda a imposición da primeira multa coercitiva derivada do expediente sancionador e de reposición da legalidade n.º P-UL-72.04/03 que lle foi incoado a Joaquín Antonio Rubiñán Soutullo, pola realización de obras abusivas executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Praia de Cesantes, termo municipal de Redondela (Pontevedra) e carecía da perceptiva autorización.
Ao non poder realizarse a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica, se encontrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1.º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción de ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.
No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.º, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación de resolución ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2011.
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

