Luis Diego Espino Hernández, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 10 de Vigo, polo presente, anuncio que no presente procedemento, de xuízo ordinario n.º 924/2010, seguido a instancia de María Margarita García Bedos e María Margarita Ríos García fronte a Enrique Fernández Figueroa e Carmen Penas Triñanes que se ditou sentenza, con data do 31 de maio de 2011, e para a súa notificación aos condenados rebeldes, acordouse librar o seguinte edicto:
«Sentenza:
Xuíza que a dita: María Isabel Benito Sánchez.
Lugar: Vigo.
Data: 31 de maio de 2011.
Demandantes: María Margarita García Bedos, María Margarita Ríos García.
Avogada: María Margarita Ríos García.
Procurador: Manuel Castells López.
Demandados: Enrique Fernández Figueroa, Carmen Penas Triñanes.
Decido que, estimando integramente as pretensións da parte demandante fronte a Enrique Fernández Figueroa e Carmen Penas Triñanes, debo declarar e declaro:
a) Que as propietarias do piso 4.º C do edificio n.º 137 da avenida García Barbón, María Margarita de Jesús Ríos García e María Margarita de Jesús García Bedos son tamén propietarias da praza de estacionamento sinalada co número cincuenta descuberta do patio de mazá interior entre a rúa Isaac Pereira e a rúa Felipe Sánchez, sinalado no feito segundo da demanda.
b) Que, como consecuencia do anterior, as demandantes teñen dereito á inscrición da súa praza de estacionamento no rexistro da propiedade como propiedade indivisa, correspondéndolles do seguinte xeito:
Unha metade indivisa a favor de María Margarita de Jesús Ríos García.
Unha cuarta parte indivisa a favor de María Margarita de Jesús García Bedos.
E respecto á restante cuarta parte indivisa a nuda propiedade a favor de Margarita de Jesús Ríos García e o usufruto vitalicio a favor de Margarita de Jesús García Bedos.
c) Que, como consecuencia do anterior, procede que a rexistradora da propiedade do Rexistro número 1 dos de Vigo, inscriba o predio cincuenta e un, praza de estacionamento de automóbiles sinalada co número cincuenta, sobre a praza de cuberta de almacén sito no interior do patio de mazá das rúas Felipe Sánchez e Isaac Peral de Vigo, superficie de nove metros aproximadamente e linda: norte, edificio da Comunidade de propietarios 152, da avenida Felipe Sánchez; sur zona de circulación; leste, con edificio Comunidade de propietarios n.º 2 da rúa Isaac Peral e oeste coa praza n.º 51, inscrita a favor de Enrique Fernández Figueroa e Carmen Penas Triñanes, a favor das demandantes, na proporción indicada, no anterior punto, debendo librarse o correspondente mandamento unha vez firme a sentenza.
Todo iso con expresa condena en custas da parte demandada.
Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial.
Conforme a D.A. décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso, deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade en Banesto, na conta deste expediente 3641 0000 04 0924 10, indicando no campo «Concepto», a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».
Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».
No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo «Observacións», a data da resolución recorrida co formato DD/MM/AAAA.
Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. (Seguen sinatura e publicación)».
E encontrándose os devanditos condenados, Enrique Fernández Figueroa e Carmen Penas Triñanes, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estes.
Vigo, 31 de maio de 2011.
O secretario xudicial
Rubricado

