Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2011 Páx. 35024

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 23 de novembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Regulamento (CE) n.º 853/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal, establece no punto 1 da epígrafe A do capítulo II da sección VII do anexo III que só se poderán recoller moluscos bivalvos vivos en zonas de produción con localización e límites fixos, clasificados pola autoridade competente, como pertencentes á clase A, B ou C consonte o Regulamento (CE) n.º 854/2004 do Parlamento e do Consello, do 29 de abril de 2004, polo que se establecen as normas específicas para a organización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano.

O Regulamento (CE) n.º 854/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, polo que se establecen normas específicas para a organización dos controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano, establece na epígrafe A do capítulo II do anexo II as condicións para a clasificación das zonas de produción e reinstalación de moluscos bivalvos vivos.

Porén, a localización e os límites das zonas de produción e de reinstalación clasificadas correspóndelle á Consellería do Mar.

A Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia foi modificada pola Orde do 19 de xullo de 2010 como consecuencia dunha profunda revisión dos resultados das análises e controis efectuados nas diferentes zonas de produción e, posteriormente, polas ordes do 14 de marzo de 2011, do 6 de xullo de 2011 e do 28 de xullo de 2011. Os anteditos controis, para garantir a idoneidade dos produtos extraídos delas, son realizados pola Consellería do Mar a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

O artigo 6 da Orde do 8 de setembro de 2006 establece que cando as análises e controis efectuados nas zonas de produción clasificadas como B ou C demostren o cumprimento de todos os parámetros exixidos durante os períodos establecidos, a Consellería do Mar procederá a revisar a clasificación da devandita zona. Igualmente, poderá establecer novas zonas ou subzonas de produción, se se comproba que as medidas de mellora establecidas provocan a redución da contaminación ou ben que novos impactos provoquen un aumento desta, e as análises realizadas en distintas áreas desa zona de produción presentan niveis de E. coli que permitan establecer novas clasificacións dentro da zona de produción.

Nos resultados dos controis realizados nas distintas zonas de produción detectouse que hai niveis de E. coli que ofrecen resultados diferentes aos que determinaron a clasificación e a delimitación das zonas establecidas no anexo I e representadas nos mapas do anexo II da Orde do 19 de xullo de 2010 que modifica a Orde do 8 de setembro de 2006.

Así mesmo, a declaración e delimitación das zonas R-GAL 03/03 parte externa da ría de Ferrol e R-GAL 28/01 cuadrículas 44 e 45 do Cangas A como zonas de reinstalación de moluscos bivalvos fai necesaria a modificación da Orde do 8 de setembro de 2006 co obxecto de adaptar os límites das zonas de produción afectadas pola declaración das anteditas zonas de reinstalación.

Finalmente, advertidos erros na localización do polígono de bateas Portonovo D e na descrición dos límites das zonas de produción de moluscos bivalvos, GAL 08/05 e GAL 08/06, procédese a facer as correspondentes correccións.

En virtude do exposto anteriormente,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia queda modificada como segue:

Un. O anexo I (moluscos bivalvos) no que se refire aos límites das zonas de produción GAL 03/03 parte externa da ría de Ferrol, GAL 08/05 esteiro do río Tállara e GAL 08/06 esteiro do río Tambre, queda redactado do seguinte xeito:

Clave

Área de produción

Límites da zona

Coordenadas

UTM (ED-50)

Clase

Comentario

GAL 03

GAL 03/03

parte externa da ría de Ferrol

Zona comprendida entre a liña imaxinaria que une pta.San Carlos e pta. Segaño e a liña imaxinaria que une pta. Camposanto e pta. Leiras

(556808, 4812504)

(555737, 4811706)

(559805, 4813725)

(560405, 4813070)

B

Estable

GAL 08/05

GAL 08/05

esteiro do río Tállara

Zona do esteiro do río Tállara delimitado pola liña imaxinaria que une pta. Testal coa pta. A Barquiña

(507495, 4737935)

(508200, 4739005)

B

Estable

GAL 08/06

GAL 08/06

esteiro do río Tambre

Zona do esteiro do río Tambre comprendido entre a liña imaxinaria e a liña que une pta. Picouso coa praia das Pedras e a liña que une pta. Testal e pta. A Barquiña

(506385, 4738530)

(506855, 4737600)

(507495, 4737935)

(508200, 4739005)

B

Estable

Dous. O anexo I (polígonos de bateas), no que se refire aos límites das zonas de produción GAL 26/01 e GAL 26/03, quedan do seguinte xeito:

Clave

Área de produción

Límites da zona

Especie

Clase

Comentario

GAL 26/01

Ría de Pontevedra

Portonovo A, D

Cultivos en viveros

B

Provisional

GAL 26/03

Ría de Pontevedra

Portonovo C

Cultivos en viveros

C

Provisional

Tres. O anexo I (polígonos de bateas), no que se refire aos límites da zona GAL 28/01, queda redactado do seguinte xeito:

Clave

Área de produción

Límites da zona

Especie

Clase

Comentario

GAL 28/01

Ría de Pontevedra

Cangas A, agás as cuadrículas 44 y 45

Cultivos en viveros

A

Provisional

Catro. O anexo II (moluscos bivalvos), no que se refire aos mapas para as zonas de produción GAL 03/03, GAL 08/05 e GAL 08/06, queda tal e como se indica nos mapas que se xuntan a esta orde.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2011.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar

ANEXO II
Mapas

missing image file
missing image file