Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2011 Páx. 35204

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 1671/2009-IP).

Nas actuacións de RSU 1671/2009-IP a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 616/2008 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos por Pedro Hernández González contra Fremap, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, empresa Gerardo Teijo Varela, sobre accidente de grao, con data do 10 de xuño de 2011 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Desestimando o recurso de suplicación interposto por Pedro Hernández González contra a sentenza do 9 de decembro de 2008, do Xulgado do Social número 4 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra Gerardo Teijo Varela, a Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social Fremap, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza, e de acordo co disposto no artigo 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

O depósito de 300 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e a publicación».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Gerardo Teijo Varela , con último domicilio coñecido en avenida de Vigo n.º 103, 1.º esquerda, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto na Coruña o 8 de novembro de 2011.

O secretario xudicial