Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2011 Páx. 35210

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (659/2011).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 659/2011 por instancia de Rubén Mata Segade contra Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L. sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 9 de novembro de 2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando integramente a demanda promovida por Rubén Mata Segade, contra Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L., declaro improcedente o despedimento, e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade ou o aboamento dunha indemnización por despedimento de 1.298,86 euros e, ademais, en ambos os casos, os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentenza, e que hoxe ascenden a 7.951,09 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que se deberá anunciar previamente ante este xulgado do social no termo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar que ingresou na conta de consignacións código 1533 0000 60 0280 09 de Banesto (0030 6349) desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número 4, o importe da condena ou aval bancario solidario e 150,25 euros en concepto de depósito (díxito 65), sen estes requisitos non se admitirá a trámite o recurso e quedará firme a sentenza.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Instalaciones Eléctricas Iglesias y Berrocal, S.L., expido e asino o presente na Coruña o nove de novembro de dous mil once.

A secretaria xudicial
Rubricado