Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2011 Páx. 35243

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrenda

ANUNCIO de información pública da delimitación do núcleo rural de Lavandeira.

Procedencia: Concello de Padrenda (Ourense).

Solicitante: Comunidade de Montes Vecinais en Man Común de Padrenda.

Representante: José Argimiro Domínguez Estévez.

Solicitude: Delimitación do Núcleo Rural de Lavandeira.

Lexislación reguladora: disposición adicional 2.ª da Lei 9/2002, coa redacción que lle outorgan as leis 15/2004, 6/2008 e 2/2010, en relación co artigo 13 desta Lei 9/2002, todas de Galicia.

Atopándose en fase de tramitación o expediente arriba indicado, exponse para información pública por un período dun mes, para que os interesados poidan examinar e presentar as alegacións que coiden oportunas.

Este mesmo anuncio se insertará –de conformidade co previsto legalmente– nos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo, comezado a contar o prazo antes sinalado a partir da última aparición publicada deste edicto.

Rematado o trámite, someterase o expediente a coñecemento do Pleno do Concello para a súa posterior elevación á aprobación definitiva do director xeral de Urbanismo.

Padrenda, 9 de novembro de 2011.

Manuel Pérez Pereira
Alcalde