Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2011 Páx. 35357

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (87/2011).

Neste órgano xudicial tramítase recurso de apelación (LAC) 87/2011, seguido por instancia da entidade, La Estrella del Mar, contra as entidades, Fontecornello, Bejony, Sistemas Urbanísticos del Morrazo e Torre de Siurmo, sobre nulidade de negocio xurídico, en que se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución literalmente din:

«Sentenza 308/2011.

Presidente: Antonio J. Gutiérrez R.-Moldes.

Maxistrados:

Jaime Esaín Manresa.

Francisco Javier Romero Costas.

Na cidade de Pontevedra, 21 de xullo de 2011.

Vistos ante esta Audiencia Provincial en grao de apelación os autos de procedemento ordinario 592/2005, seguidos no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cangas, recurso de apelación (LAC) 87/2011, seguidos entre partes, dunha como recorrente, La Estrella del Mar, S.A., representada pola procuradora María del Carmen Torres Álvarez, dirixida pola letrada M.ª Mercedes San Martín Álvarez, e doutra, como recorridos, Fontecornello, S.L., representada pola procuradora María José Giménez Campos e dirixida polo letrado Gonzalo Castro Rodas, Bejony, S.L., Sistemas Urbanísticos del Morrazo, S.L. e Torre de Siurmo, S.L. Actúa como relator, Jaime Esaín Manresa.

Seguen os antecedentes de feito e os fundamentos de dereito.

Resolución: desestimamos o recurso de apelación interposto pola representación de la Estrella del Mar, S.A. contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Cangas, nos autos de xuízo de procedemento ordinario n.º 592/2005, que confirmamos integramente, con imposición das custas da alzada á parte recorrente.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o/s recurso/s que caben contra ela e, unha vez firme, expídase o seu testemuño, que será remitido cos autos orixinais ao xulgado de procedencia para os efectos oportunos.

Notifíquese, así mesmo, esta resolución ao/s apelado/s rebelde/s, segundo dispón o artigo 497 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación aos apelados rebeldes, as entidades Bejony, Sistemas Urbanísticos del Morrazo e Torre de Siurmo, que están en situación de rebeldía procesual, expido e asino este edicto en Pontevedra a 26 de setembro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado