Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: modificado 2 ao proxecto de reforma de alimentación MEL-703.
Situación: concello de Melide.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión aérea de reforma de alimentación MEL-703, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,766 km, con orixe no apoio n.º 1 proxectado, condutor tipo LA-110, e final no apoio n.º 7 proxectado.
Liña eléctrica de media tensión subterránea de reforma de alimentación MEL-703, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,901 km, con orixe en apoio proxectado, condutor tipo R.H.Z.1-12/20 kV-3×240 Al, e final no novo C.T. Madanela.
Centro de transformación subterráneo, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.
Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,259 km, con orixe no novo C.T. Madanela, condutor tipo X.Z.1. Concello de Melide.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 4 de novembro de 2011.
P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG núm. 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial

