Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37203

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2349/2011-CON).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2349/2011-CON desta sección, seguido a instancia de Jorge Gómez Muguruza contra a empresa Baraka Inversiones, S.L. e outros sobre incidentes de execución, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Jorge Gómez Muguruza contra o auto de data 11.2.2011 ditado polo Xulgado do Social número 1 de Ourense no procedemento n.º 210-2011 sobre despedimento, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste T.S.X. Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 300 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co n.º 1552, indicando no campo concepto «recurso» seguido do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o pronuncioamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións no xulgado, salvo cando se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste e para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Promotora Mogabe, S.L., Vivendas de Guipúzcoa, S.A. e Inmobiliaria Eibar, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán no xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña, o 25 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial