Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37205

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia

EDICTO (395/2010).

No procedemento ordinario número 395/2010 deste xulgado ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Noia o 21 de xullo de 2011.

Vistos por Ana Belén González Abraldes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia núm. dous dos desta cidade e o seu partido, os autos de xuízo ordinario 395/2010 seguidos por instancia do procurador Sr. Salmonte Rosendo quen actúa en nome e representación de José Manuel Villar Sanluis, Carmen Rendo Caneda, María Isabel Sobrino Faya e Heinrich Rohrer, Manuel Noya Otero, Juan Millán Suárez, José Manuel Abalde Campaña, Ana María Abalde Campaña, Víctor López Herranz e María José Pérez Abad, Manuel Barbeito Rodríguez e María Jesús García Otero, Enrique López Lea, Estrella Souto Iglesias, Isabel Barbeito Rodríguez e Constantino Martínez Vázquez, asistidos do letrado Sr. Pérez Ramos contra José Manuel Blanco Castro, Socorro Isla Espantoso, María Dolores Gayoso Somoza, María del Carmen Filgueira Pérez, Edelmiro Gayoso Montenegro, José Ramón Isla Mato, Natividad Juarros Pérez, Blanca Balirach Plata, Comunidade de Propietarios do Edificio Urbanización Las Gaviotas.

Decido que estimo a demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Salmonte Rosendo, en nome e representación de José Manuel Villar Sanluis, Carmen Rendo Caneda, María Isabel Sobrino Faya e Heinrich Rohrer, Manuel Noya Otero, Juan Millán Suárez, José Manuel Abalde Campaña, Ana María Abalde Campaña, Víctor López Herranz e María José Pérez Abad, Manuel Barbeito Rodríguez e María Jesús García Otero, Enrique López Lea, Estrella Souto Iglesias, Isabel Barbeito Rodríguez e Constantino Martínez Vázquez contra José Manuel Blanco Castro, Socorro Isla Espantoso, María Dolores Gayoso Somoza, María do Carmen Filgueira Pérez, Edelmiro Gayoso Montenegro, José Ramón Isla Mato, Natividad Juarros Pérez, Blanca Balirach Plata, Comunidade de Propietarios do Edificio Urbanización Las Gaviotas e:

Declaro que os demandantes, xuntamente cos codemandados Blanca Balirach Plata, Natividad Juarros Pérez e a comunidade de herdeiros de Sergio Cadavid, cos únicos e exclusivos donos, e na forma e partición descrita no feito primeiro desta demanda, do predio denominado resto de predio matriz, Ribeiro ou Agro do Ribeiro, que no dito feito se describe (parcela rexistral n.º 6.925 do Rexistro da Propiedade de Noia);

Declaro que o dito predio descrito no feito primeiro da demanda, se é o caso, coa única e exclusiva excepción da servidume de paso a constituír que se indica a continuación, encóntrase libre de calquera clase de cargas, gravames ou similares;

Acórdese constituír sobre o predio rexistral n.º 6.925 e a favor das vivendas/apartamentos que integran o edificio sito no predio rexistral n.º 6.926 unha servidume de paso a pé e con vehículos, aínda que esta última para os únicos efectos de carga e descarga, na forma que para o efecto se determina no informe pericial achegado coa presente demanda emitido o 1 de xuño de 2010 pola enxeñeira técnica agrícola María Felicitas Fernández Liñares e que se reflicte no fundamento xurídico cuarto.

Condénanse todos os demandados a estar e pasar por tales declaracións e así mesmo os codemandados María do Carmen Filgueira Pérez, José Manuel Blanco Castro, Edelmiro Gayoso Montenegro, Socorro Isla Espantoso, José Ramón Isla Mato e María Dolores Gayoso Somoza a absterse de realizar calquera tipo de actos que, coa única e exclusiva excepción dos derivados da servidume de paso impidan, dificulten, menoscaben ou calquera forma alteren ou limiten o normal exercicio do dereito de propiedade dos demandantes e dos demais titulares desta teñen sobre o predio rexistral n.º 6.925.

Condénase á parte demandada ao pagamento das custas procesuais, a excepción da parte demandada que se conformou coas pretensións da parte demandante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes con indicación de que contra ela e de acordo co artigo 455 da Lei de axuizamento civil, cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña que se preparará perante este xulgado no prazo de cinco días.

Así por esta miña sentenza, da cal se deixará testemuño nos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada persoas descoñecidas e incertas, expídese este edicto para que sirva de notificación.

Noia, 29 de xullo de 2011.

O secretario xudicial