Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37207

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1060/2010).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 1060/2010 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ver_PDF contra a empresa Vidrio Arte Coruña, S.L., Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Mutua Intercomarcal, Instituto Nacional da Seguridade Social, Luis Manuel García Rodellino, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido:

Que estimando a demanda interposta por Ver_PDF, con DNI 32752234, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Intercomarcal, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo, e as empresas Luis Manuel García Rodellino e Vidro Arte Coruña, S.L. , debo declarar e declaro que o proceso de incapacidade temporal iniciado por Ver_PDF, con data do 10.3.2006 e finalizado o 21 de agosto de 2007, deriva de accidente de traballo, condenando os demandados a estar e pasar por esta declaración e ás consecuencias inherentes a esta.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndoos saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e ss. da L.P.L., pasados os cales a sentenza quedará firme en dereito e se procederá ao seu arquivo.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vidrio Arte Coruña, S.L., Luis Manuel García Rodellino, en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 21 de novembro de 2011.

O secretario xudicial