Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37208

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (638/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do social número 2 da Coruña.

Fago saber que no proceso seguido por instancia de Miguel José Barreiro González e Ignacio Milec Barriola contra Maderas Besteiro, S.L., o Fondo de Garantía Salarial, Favecor, S.C., Enrique Trigo Vieiro, Helena Oliveira, Terzocon, S.L., Tecnialcor, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 638/2008, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza

Na cidade da Coruña, o once de novembro de dous mil once.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número 2 desta cidade, viu os presentes autos de xuízo n.º 638/2008 seguidos por instancia de Miguel Barreiro González e Ignacio Milec Barriola, representados pola letrada Lucía Rama Vázquez, contra Maderas Besteiro, S.L., representada por Manuel Besteiro Fernández e asistida pola letrada Patricia Puga Martínez; Terzocon, S.L., representada por José Ramón López de Gamarra Pérez; Favecor, S.C.; Enrique Trigo Vieiro; Helena Oliveira; Tecnialcor, S.L. e o Fogasa, incomparecidos, sendo o obxecto da reclamación salarios; e

Decido que, estimando en parte a demanda interposta polo demandante Miguel Barreiro González e Ignacio Milec Barriola, debo condenar e condeno a empresa Favecor, S.C. a que aboe aos demandantes a cantidade de 2.956,06 euros a favor do Sr. Barreiro e 1.599,18 euros a favor do Sr. Milec polos conceptos reclamados na demanda, con absolución dos restantes demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza. No propio termo, se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar o comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E, igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia».

E para que sirva de notificación a Favecor, S.C., Enrique Trigo Vieiro, Helena Oliveira, Tecnialcor, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Na Coruña o 25 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial