Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37210

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (687/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 687/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Inés Rodríguez Souto contra a empresa Confeccións Cial, S.L. sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«1.º Admito a demanda sobre despedimento formulada por Inés Rodríguez Souto fronte á empresa Confeccións Cial, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral á data da presente sentenza. Todo iso con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo deste fallo. E con aboamento tamén dos salarios de tramitación non percibidos ata a data da presente sentenza.

2.º A indemnización e os salarios de tramitación a aboar pola empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización: 16.147,39 euros (dezaseis mil cento corenta e sete con trinta e nove céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento ata a data de extinción da relación laboral, é dicir, ata a presente resolución, e que ascenden a 4.866,38 euros a razón de 32,23 euros/día.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do Réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.65.0687.11 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533.0000.60.0687.11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a empresa Confeccións Cial, S.L. en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para inserir no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de novembro de 2011.

O secretario xudicial