Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37212

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (683/2011).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 683/2011 por instancia de José Francisco Blanco López contra Montajes de Muebles Curtis, S.L. e Fogasa sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza o 15.11.2011 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Que estimando integramente a demanda formulada por José Francisco Blanco López, contra a empresa Montajes de Muebles Curtis, S.L., declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que no prazo de cinco días, desde a data de notificación da sentenza opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade ou o aboamento dunha indemnización por despedimento de 21.353,09 euros e ademais, en ambos os casos, os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta sentenza, ascendendo a día de hoxe a 7.216,55 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, e que se deberá anunciar previamente perante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións deste xulgado de Banesto (0030.6349) desta cidade, denominada conta do Xulgado do Social número catro, o importe da condena ou aval bancario solidario e 150,25 euros en concepto de depósito (díxito 65), e que sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentenza.

Así por esta miña sentenza da cal se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Montajes de Muebles Curtis, S.L. expido e asino este edicto na Coruña, 22 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial