Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37214

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (692/2011).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 692/2011 por instancia de Rubén Alberto Álvarez Celedonia contra Imprenta Argove, S.L., o administrador da empresa Santiago Cobián Fernández de La Puente, sobre resolución de contrato, nos cales recaeu sentenza o 15.11.2011 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Dedico que debo desestimar e desestimo a demanda que foi interposta por Rubén Alberto Álvarez Celedonia, contra Santiago Cobián Fernández de la Puente, ao cal debo absolver de todos os pedimentos formulados na súa contra.

Que debo estimar e estimo a demanda que foi interposta por Rubén Alberto Álvarez Celedonia, contra a entidade Imprenta Argrove, S.L., e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba ambas desde a data da presente resolución, e en consecuencia debo condenar e condeno a Argrove, S.L. ao aboamento dunha indemnización de 43.613,22 euros correspondente a corenta e cinco días de salario, por ano de servizo coa pro rata dos períodos de tempo inferiores a un ano.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada, non se admitirá sen a previa consignación do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 4 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da LPL. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e responsabilidade solidaria de avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Imprenta Argrove, S.L. expido e asino este edicto na Coruña o 22 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial