Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37216

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (500/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 500/2011 por instancia de Tania Fernández Clemente contra Proinga Zuñen, S.L., sobre salarios, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Tania Fernández Clemente, contra Proinga Zuñen, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Proinga Zuñen, S.L., a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.405 euros brutos, correspondentes a salarios de marzo e abril de 2011 e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas en 2011, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Proinga Zuñen, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este na Coruña o 17 de outubro de 2011.

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial