Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37217

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (96/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento Seguridade Social 96/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Cedeira Pazos contra a empresa Trans-Aldico, S.L. e outros sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Luis Cedeira Pazos contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Intercomarcal, Tesouraría Xeral da Seguridade Social –TGSS– e absolvo os demandados dos pedimentos contidos nela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anuncialo perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, o cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial