Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37218

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (684/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 684/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guillermo Franganillo Parrado contra a empresa Dygra Films, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Guillermo Franganillo Parrado, contra a empresa Dygra Films, S.L., e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 20 de maio de 2011, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data desta resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Dygra Films, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 20.312,5 euros, máis ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e esta resolución, cuantificados a razón de 83,33 euros diarios, e por tanto 11.082,89 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da LPL. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo a empresa substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de novembro de 2011.

A secretaria xudicial