Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37264

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

EDICTO de información pública sobre apertura dun taller de reparación de automóbiles (expediente 10/2011 AIA).

Na Sección de Licenzas da Área de Urbanismo do Concello de Arteixo estase a tramitar o expediente 10/2011 AIA de concesión de licenza de apertura.

Actividade: taller de reparación de automóbiles-rama mecánica.

Situación: avda. da Coruña, n.º 38, Meicende. Arteixo.

Solicitante: Juan Plácido Lago Casais.

E en cumprimento do determinado no artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública durante un prazo de vinte (20) días.

Arteixo, 15 de novembro de 2011.

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo