Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37265

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballedo

ANUNCIO de información pública sobre explotación extensiva.

Avícola Sanpa, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para explotación extensiva de galiñas poñedoras campeiras que se vai situar no predio Rebouza e Costa, polígono 52, no lugar do Veredo, parroquia de Carballedo. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Carballedo, 14 de novembro de 2011.

Julio M. Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde