Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2011 Páx. 37266

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

EDICTO de información pública sobre obras de acondicionamento e apertura dun local con destino a centro veterinario (expediente 17837/11).

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente 17837/11, tramitado por instancia de Faro C.B. Centro Veterinario Darwin, en solicitude de licenzas municipais de obras de acondicionamento, instalación e apertura de local con destino a centro veterinario no baixo do inmoble sito na avenida de Lugo, n.º 16, porta L2, en Pontevedra, de modo que durante un prazo de vinte días poderán presentarse alegacións en relación coa solicitude formulada e consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 7 de novembro de 2011.

Antonio Louro Goyanes
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo