Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se anuncia a licitación da contratación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de xestión da seguridade corporativa dos sistemas de información da Xunta de Galicia (expediente 03/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Número de expediente: 03/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de xestión da seguridade corporativa dos sistemas de información da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

Trátase de levar a cabo as tarefas de xestión da seguridade na plataforma tecnolóxica relativa a infraestruturas e aplicacións corporativas da Xunta de Galicia dependentes da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: véxase o número 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 345.762,71 euros, máis 62.237,29 euros que corresponden ao IVE, o que supón un total de 408.000 euros, que se distribúen segundo as anualidades:

2012: 152.135,59 euros + IVE (27.384,41 euros) = 179.520 euros.

2013: 145.220,34 euros + IVE (26.139,66 euros) = 171.360 euros.

2014: 48.406,78 euros + IVE (8.713,22 euros) = 57.120 euros.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17033

g) Data límite de obtención de documentos e de información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ata as 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase o número 15 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 horas do día 23.1.2012.

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1.º Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no edificio administrativo San Caetano (de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas, e os sábados das 9.00 ás 14.00 horas).

2.º Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3.º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberase cumprir o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no número 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 13.12.2011.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2011.

Mar Pereira Álvarez
Secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica