María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número cinco da Coruña, fai saber que perante este xulgado se tramitan autos co número DSP 860/2011 por instancia de Gabriela Bozzola Sosa contra a entidade Casona Coruña, S.L. e Fogasa sobre despedimento, nos cales no día de hoxe se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:
«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Gabriela Bozzola Sosa, contra a empresa Casona Coruña, S.L., e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto o 17 de xullo de 2011, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía ás partes, desde a data desta resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando á entidade Casona Coruña, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 6.169,60 euros, máis ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento, e esta resolución, cuantificados a razón de 42,18 euros diarios, e por tanto 5.441,91 euros.
Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.
Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.
Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número cinco da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da LPL. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.
Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.
Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».
Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Casona Coruña, S.L. co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, e expido e asino este edicto na Coruña o 22 novembro de 2011.
María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial

