Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37293

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de decembro de 2011 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora.

Por Orde do 15 de marzo de 2011 convócanse axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico do persoal en función docente ou inspectora.

As solicitudes admitidas foron estudadas pola comisión de valoración nomeada na propia orde da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido na disposición sexta de citada orde e atendendo á proposta da comisión de valoración esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a adxudicación da citada axuda ás seguintes persoas e nas contías que se relacionan:

Eva M.ª Facal Centeno: 300,00 €.

Óscar González Vázquez: 2.242,00 €.

M.ª del Carmen Lagostena Álvarez: 369,07 €.

M.ª Isabel González Vaíllo: 200,00 €.

Ángel Rodríguez Sánchez: 1.704,86 €.

M.ª Dolores Ramberde Sexto: 809,61 €.

Sagrario Otero Rodríguez: 300,00 €.

César Pérez Ares: 151,26 €.

Segundo. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa caberá interpor potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria