Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37290

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 16 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 11 de agosto de 2011, modificada pola Orde do 26 de setembro de 2011 (DOG número 187, do 29 de setembro), pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013. (Códigos de procedemento IN214B e IN214A, DOG número 164, do 29 de agosto de 2011).

Por Orde do 11 de agosto de 2011 (DOG núm. 164, do 29 de agosto) regúlase o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, apróbanse as bases reguladoras das ditas subvencións e procédese á súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013. En data 29 de setembro de 2011, publicouse no DOG núm. 187, a Orde do 26 de setembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 11 de agosto de 2011, que amplía os prazos de solicitude de adhesión como entidades colaboradoras e, consecuentemente, modifica os prazos de presentación de solicitudes de axudas e de xustificación.

Debido ao longo proceso de selección de entidades colaboradoras (procedemento IN214B) e ao retraso padecido na resolución desta fase procedimental da que depende o inicio do prazo de presentación de solicitudes de subvención (procedemento IN214A), co obxeto de evitar prexuízos a quen participa neste proceso, é preciso modificar os prazos de presentación de solicitudes de axudas e de xustificación que se recollen nos artigos 13.4 do anexo I da orde de convocatoria; 5.1 e 6.6 do anexo II da citada orde e no anexo V folla 3.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo un.

Modifícase o artigo 13.4 do anexo I da Orde do 11 de agosto de 2011 (DOG núm. 164, do 29 de agosto), modificada pola Orde do 26 de setembro de 2011 (DOG núm. 187, do 29 de setembro) pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

O parágrafo primeiro do artigo 13.4 do anexo I da referida orde queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 13.4. No prazo dun mes desde a notificación da avaliación previa positiva á entidade colaboradora, deberá realizarse a actuación subvencionable e presentar á entidade colaboradora a documentación xustificativa correspondente. En todo caso, a data límite de xustificación é o 30 de decembro de 2011».

Artigo dous.

Modifícanse os artigos 5.1 e 6.6 do anexo II da Orde do 11 de agosto de 2011 (DOG núm. 164, do 29 de agosto), modificada pola Orde do 26 de setembro de 2011 (DOG núm. 187, do 29 de setembro), pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

O artigo 5.1 do anexo II da citada orde queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 5. Forma e prazo de presentación das solicitudes de subvencións.

O prazo de presentación das solicitudes de axudas quedará aberto a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación íntegra de entidades colaboradoras, nos termos que se recollen no anexo I desta orde, e permanecerá aberto ata o 30 de decembro de 2011, ou ata que se esgote o crédito orzamentario se se produce este esgotamento en data anterior».

– O parágrafo primeiro do artigo 6.6 do anexo II da referida orde queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 6.6. No prazo dun mes desde a notificación da avaliación previa positiva á entidade colaboradora, deberá realizarse a actuación subvencionable e presentar a entidade colaboradora a documentación xustificativa correspondente. En todo caso, a data límite de xustificación é o 30 de decembro de 2011».

– O penúltimo parágrafo do anexo V, folla 3, onde di: «en todo caso, a data límite de xustificación é o 20 de decembro de 2011», queda redactado do seguinte xeito: «en todo caso, a data límite de xustificación é o 30 de decembro de 2011».

Disposición derradeira.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria