Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2011 Páx. 37415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de novembro de 2011 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 745/2011, no expediente de reposición da legalidade IU1/138/2009, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, en relación co procedemento ordinario número 745/2011, interposto por Juan Francisco Traba Martínez, contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade, polo que se declaran ilegalizables as obras executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, no lugar da Insua, fronte á praia de Mar de Fóra, parroquia de Fisterra, no termo municipal de Fisterra, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázanse a hros. de José Insúa Lires e Manuel López Rivas para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística